Xuvenil Sur: 4 equipos esperan un pinchazo de Cee
Segue invicto o Cee trala 9ª xornada. Esta semana puido cun Dumbría que aguantou medio partido. Por detrás segue un grup ode 4 equipos que agardan un pinchazo do líder. Aí está o Fisterra, que mallaba nun Outes que vén moito a menos nas últimas xornadas e xa van 4 derrotas consecutivas despois dos 5 primeiros partidos vencidos.
O Soneira deu un paso superando ao Santa Comba en Castriz e se puxo por diante dos xalleiros no encontro máis intenso e igualado da xornada.
Esteirana - Corcubión (3-3)
- Esteirana: Matias, Agustín, Diego (Adrián min.46), Pedro, Abel, Alberto, Pablo (Eloy min.79), Jacobo, Bruno, Javier (Alberto min.46), David.
- Corcubión: Abe, Adrián, Iván, Antonio, Pablo, Lema, Javi, Sergio, Gabi (Pico min.45 (Piri min.55)), David, Adri.
- Goles: 0-1, min.13: Lema de cabeza; 1-1, min.47: David a pase de Bruno; 1-2, min.60: David dende 3/4 de campo de falta; 2-2, min.80: de cabeza; 2-3, min.88: Lema; 3-3, min.89:
- Lesión o corcubionés Gabi.
O partido comezaba con 15 minutos de retraso por mor da tardanza de José Vicente, un árbitro moi coñecido nestas categorías. Os primeiros minutos trascorreron con alternativas, algunha ocasión para o Corcubión e outras por parte do Esteiro, ata que Lema, marca de cabeza nun córner e pon por diante aos corcubioneses. O partido seguíu moi aberto atacando os 2 equipos ata o descanso pero sen marcar.
A segunda volta foi un ida e volta. Aos 2 minutos da reanudación, Bruno levase a toda a defensa para deixarlle o balón a David e este anota o 1-1. Pero pouco despois David puña de novo ao Corcubión por diante, pero 5 minutos despois a Esteirana volvía empatar tras un balón na que se adianta o xogador local ao porteiro e remata de cabeza. Faltaban 10 minutos pero había tempo para moito máis. Lema volveu a facer a falta de 2 minutos para finalizar un gol que lle daba ao Corcubión a vitoria momentánea pero como en outros partidos, nada mais sacar de centro realizaron unha boa xogada que acaba en gol e o final do partido remata en empate.
Muros - Mazaricos (2-7)
- Muros: Domingos, Samuel, Diego, Javi de Vístete, Damián, Moncho, Alberto, Sergio, Minos, Adri, Adrián Docabo. Tamén xogaron: Diego de Mon, Iván, Berberecho.
- Mazaricos: Rubén (Iván, min.70), Fran, Oreiro, Javier, Esteban, José Ángel (Alex, min.70), Ferreiro, Sandelo, Alberto (Mario, min.55), Cristian (José, min.75), Molinos.
- Goles: 0-1, min.15: Cristian; 0-2, min.30: Molinos; 0-3, min.42: Sandelo; 1-3, min.50: Adri; 1-4, min.60: Sandelo; 1-5, min.65: Molinos; 1-6, min.80: Molinos; 1-7, min.85: Alex; 2-7, min.88: Adri.
Partido sen historia en Miraflores no que os muradáns seguen en proceso de formación e os mazaricáns tiveron tempo para probaturas.
Dumbría A - Cee (0-3)
- Dumbría A: Chupi, Roi, Dito, Adrián Ozón, Samuel, Israel (Blanco, min 60), Jose (Antón, min 70), Martín (Lucas, min 75), Rafa (Damián, min 55), Javi, e Marco.
- Cee: Iván (Abraham), José Ramón, Aitor, Rubén, Jesús (Martin), Tebo, Sergiño, Carlos (Isma Trinidad), Uri, Chiru (Cibrán), Pablo (Michi).
- Goles: 0-1, min.40: Sergiño un golazo de impresionante xogada persoal chegando ata liña de fondo, recurtando e metendo polo pao corto; 0-2, min.60: Chiru; 0-3, min.75: Chiru.
Aguantou case a primeira metade o cadro de Pablo Conde ante un Cee moi potente, e ata botaron un balón ao pao á media hora que puido poñer por diante aos locais. Pero un tremendo golazo de Sergiño levando a medio equipo dumbriés ao fío do descanso foi clave para o devir do segundo tempo. O gol de Chiru no min.15 da segunda matou o partido e de aí ao final non houbo demasiada intensidade.
Fisterra - Outes (6-0)
- Fisterra: Ángel, Roberto, Javi (Cartamil, min.83), Noé, Cote, Rubén, Gabriel (J. Manuel, min.86), Champi (Suárez, min.73), Manuel, Hidalgo, Gonzalo (Bruno, min.80).
- Outes: Nine, Sergi, Mosto (Pedrosa, min.46), Rafa, Alex, Pablo, Oliver, Michi (Chía, min.59), Edu (Elías, min.46), Piti (Babu, min.46) e Pesi (Abraham, min.46).
- Goles: 1-0, min.1: Cote; 2-0, min.23: Gabriel; 3-0, min.30: Cote; 4-0, min.46: Cote; 5-0, min.48: Manuel; 6-0, min.83: En propia porta Chía.
Partido sen moita historia o resulta do reflexo dun partido no cal os locais foron moi superiores ante un equipo que está indo a menos. Tivo as súas ocasións o Outes para non irse sen carga pero non estiveron acertados os pupilos de Manu Roque, que tivo que poñer na porta ao xogador de campo Nine ao non dispor de porteiro. Na segunda metade foi Oliver o que lle deu un cambio para que Nine xogara un tempo diante.
Santa Comba - Soneira (0-1)
- Santa Comba: Pablo, Landeira, Alberto, Dani Martínez, César (Eloy, min.60), Javito, Diego, Styven, Marquiños, Miguel (Jordi, min.70), Iván.
- Soneira: Víctor, Cristian Figueroa, Pichón, Héctor, Curra, Mayor, Cristian Canosa, Javito (Toja, min.75), Picachu, Capote e Ricardiño.
- Goles: 0-1, min.60: Capote.
O partido máis igualado da xornada, moi intenso pero se apenas ocasións de gol para ningún dos dous equipos. Decidiu un erro defensivo dos locais que aproveitou moi ben Capote e a partir de aí a defensa soneirá, que contaba co Víctorna porta e con Mayor no medio, foi férrea e segura.
O Santa Comba tivo algo máis a iniciativa pao longo do partiro pero as ocasións só chegaron contra o final,. Iso si, os últimos 15 minutos dos de Huelvis case que mereceron o empate, pero nin Marquiños, nin Landeira de cabeza nin Stuyven que mandou ao poste, tiveron sorte cara gol.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2011/2012.
- Crónicas e Resultados da Liga Xuvenil Sur.
- Crónicas e Resultados da Liga Xuvenil Norte.
Crónicas da semana
- Xuvenil Norte: Baio, Ponteceso e Camariñas apretan aos dous de arriba.
- 3ª Autonómica: O Coristanco mantén o pulso cos equipos do sur.
- 2ª Autonómica: 3 equipos á caza do Camariñas.
- Preferente: Só suma o Xallas.
- 1ª Autonómica: Doble alegría a base de garra.
- Resultados do fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez de Tras la mirilla blanquiazul, Roberto Martínez.