Xuvenil Sur: Chega a gran final


Dúas xornadas queda para o final da Liga Xuvenil Sur. Pero a decisiva será este vindeira, xa que Soneira e Santa Comba enfróntanse no Municipal de Vimianzo o sábado ás 16:15h. Ambos conxuntos chegan con 41 puntos e en gran momento de forma, polo que se prevé unha final apaixoante.
E lembrade que esta Liga está patrocinada pola Discoteca Zona Zero, que este sábado 12 de febreiro trae ao Sje produtor dende Las Palmas, Dj Danny Romero.
Fisterra - Corcubión (3-3)
- Fisterra: Crivi, Roberto (Enrique), Manuel (David), Jorge, Juan, Tati, Martín(Fran), Juanfran (José), Cristian (Iski), Bruno, Carlos.
- Corcubión: Abe, Chema, Sergio, Pablo, Marcos, David, Gabi, Iván (Pico), Toni (Zaca), Manu Lira, Manu Fisterra (Kike)
- Goles: 0-1, min.16: Manu Lira; 1-1, min.48: Carlos; 1-2, min.50: Manu Fisterra; 2-2, min.60: Tati; 2-3, min.80 Manu Lira; 3-3, min.82: Bruno.
- Expulsión: David do Corcubión por dobre amoestación.
Igualado o partido xogado en terras fisterrás, con alternativas constantes para dous conxutos que buscan a 3ª praza. Moi prontiño no minuto 16 adiantábase o Corcubión por medio de Manu de Lira, no minuto 16 da primeira metade nunha das primeiras ocasións que dispuxo o equipo dirixido por Alfonso que contaba coas baixas de Lema lesionado e Brais sancionado. Dispuxo tamén o equipo de Senra de ocasións para perforar a portería defendida por Abelleira, pero entre o acerto do gardamallas e a mala definición non o conseguiron.
Nada máis comezar a segunda metade, Carlos fixo o 1-1 no marcador pero o fisterrán Manu, xogando contra o equipo da súa vila, volveu adiantar a un Corcubión que se puxo 1-2 no minuto 50 da segunda metade. Unha falta na frontal da área foi botada maxistralmente por Tati meténdoa pola escuadra sen dar opcións ao porteiro 5 minutos despois do gol visitante. Houbo ocasións dispares para ambos equipos pero, Manu de Lira outra vez volveu a marcar para poñer o 2-3. Como pasou anteriormente, tras marcalo gol visitante chegou a resposta local por medio de Bruno nun erro da defensa cando quedaban 8 minutos para o remate do encontro.
Ao final 3-3 no marcador entre os equipos de dous pobos próximos e con representación fisterrá no equipo da vila de San Marcos, o que supoñía unha motivación extra para eses xogadores ao ter que enfrontarse con ex compañeiros.
Cee - Mazaricos (2-2)
- Cee: Adrián (Sergio, min.75), Ismael Trinidad, Iago, Rubén, Aitor, José Antonio, José Ramón, Diego Cespón (Santi, min.60), Uri, Sergio (Corbelle, min.46), Chiru.
- Mazaricos: Rubén, Mipadre (Álex, min.10), Carballa, Javi, Sergiño (Jose, min.70), Oreiro, Ferreiro, Sandelo, Alberto, Molinos, Cristian (Mario, min.60).
- Goles: 1-0, min.25: Molinos; 1-1, min.30: Iago; 2-1, min.60: Chiru; 2-2, min.88: Alex.
- Expulsión: os ceenses Corbelle e o adestrador José Carlos por preguntarlle "Estarás contento?". E por parte mazaricá expulsou a Molinos por darlle unha patada ao banderín.
- Lesión: Mipadre, con molestias.
Partido intenso e marcado pola actitude arbitral que expulsou ata tres homes por cousas bastante pouco significativas. Comezou o Mazaricos mellor no primeiro tempo, moito máis metidos no partido ante un Cee que ve con relaxación estes últimos partidos. Ata varios mans a man fallaron os de Brais e Kevin, sobre todo nos pés de Molinos. Foi o propio dianteiro quen adiantou aos mazaricáns, pero Iago anulou a vantaxa antes do descanso.
O segundo tempo foi máis ceenses, pero nun partido máis troncado. O Cee pedíu un penalti no final do partido e que o primeiro gol foi en fora de xogo. Pero ao final, xusto reparto de puntos no San Pedro de Refoxos.
Soneira - Esteirana (7-1)
- Soneira: Bonano, Cristian (Rubén, min.30), César, Pichón, Cachirulo, Alberto, Mayor (Fraín, min.), Dani, Curra, Fernando (Iván, min.46), Basti (Alberto, min.46).
- Esteirana: Diego, Nico (Xabi, min.46), Pablo, Abel, Agusín, Eloy, Bruno, Canario, Javi, Adrián, Siá.
- Goles: Fernando (3), Mayor (2), Basti e Pichón. Por parte da Esteirana foi de Adrián.
Pouco puido facer a Esteirana para conter a este Soneira con gañas de vitoria.
Outes - Santa Comba (1-6)
- Outes: Yona, Oscar, Rafa, Juan, Chía, Alfonso (Sergio), David, Piti, Edu, Piki, Alex.
- Santa Comba: Pablo (Toñito, min.70), Martín (Pombo, min.46), Dani Martínez, David, Sergio, Anxo, Marquiños (Pinki, min.60), Javito, Diego (Alex, min.75), Iván, Cristian.
- Goles: 0-1, min.16: Cristian no segundo pao a unha falta de David; 0-2, min.25: David de libre indirecto; 0-3, min.28: Marquiños tras un pase de gol de Pablo de saque de porta; 0-4, min.40: Marquiños tras pase de Javito; 0-5, min.50: Iván; 1-5, min.60: Piki; 1-6, min.75: Cristian de volea dende a área pequeñas.
Primeira parte moi mala dos locais, e contra este Santa Comba non se pode ter erros. Xa levaban 4 no lombo antes do descanso. I é que a pegada dos xalleiros é moi forte. A boa nova a protagonizaba o xalleiro Álex, que voltaba aos terreos de xogo tras romper o brazo, e o fai no mellor momento, xusto antes da final ante o Soneira.
Muros - Dumbría (5-0)
- Muros: Trozo, Pedriño, Fernando, Javi, Modesto, Álvaro, Óscar, Jesús, Gabriel, Geiko e Iván.
- Dumbría: Trillo, Damián, Samuel, Denís, Adrián Ozón, Blanco, Israel, Martín, Rubén (Javi Pazos, min.65), Dito (Pedreira, min.75), Marcos.
- Goles: Geiko (2), Jesús (2) e Gabriel.
Mellorando o equipo de Pablo Conde, que co 0-0 tivo un par de oportunidades para adiantarese. Pero lle deron vida ao Muros e tralo primeiro gol o equipo dumbriés veuse abaixo. I é que en canto chega o primeiro gol en contra, este Dumbría non levanta cabeza.
Patrocina esta Liga
Máis información
- Crónicas da Liga Xuvenil Sur.
- Crónicas da Liga Xuvenil Norte.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: Tropezo mazaricán.
- 2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas quedan sós na loita polo título.
- 1ª Autonómica: O Cee reafirma a súa candidatura.
- Preferente: Un punto menos para a salvación.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Crónica de Alberto Pose: Un partidazo de 1ª División na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez.
- Fotos de Jorge Domínguez, de traslamirillablanquiazul.blogspot.com.