Martes. 05.11.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Soneira e Santa Comba seguen na súa liga

Xuvenil Sur: Soneira e Santa Comba seguen na súa liga
Xornada 13 da Liga Xuvenil Sur, e a igualdade mantense na cabeza. Santa Comba e Soneira; Soneira e Santa Comba, seguen goleando agardando a gran final desta patrocinada pola Discoteca Zona Zero. Pero non o terán tan fácil xa que difíciles encontros serán os que afronten a semana que vén. O Santa Comba visita Miraflores, onde os locais son capaces do mellor; mentres que o Soneira reibe a un Corcubión que de gañar aínda lle pode dar vida á competición.

Santa Comba - Mazaricos (7-0)

  • Santa Comba: Pablo, Martín, Dani Martínez (Josito, min.70), Pombo, Sergio (Gabriel, min.60), Iván (pinki, min.46), Anxo, Diego Maneiro, Marcos, Roberto (Toñito,min.75), Javito.
  • Mazaricos: Rubén (David, min.46), Mipadre, Javier, Mario, Sergiño, José, Sandelo, Mario, Kevin, Molinos, Alberto.
  • Goles: 1-0: Marcos; 2-0: Iván; 3-0: Iván; descanso; 4-0: Pinki; 5-0: Marcos; 6-0: Roberto: 7-0: Toñito.
Partido sen historia no que o Mazaricos presentou un equipo xusto, con varios lesionados e sancionados, e apenas puido aguantar. Cómpre destacar que o Santa Comba estreou novo adestrador trala marcha de Anxo a Extremadura. E quen mellor que un home Huelvis, xa cos cadetes, co Castriz, e agora co equipo xuvenil.

Corcubión - Esteirana (4-1)

  • Corcubión: Lema, Chema, Pablo, Toni, Marcos, Iván (Mario min.70), Gabi, Cristian, Manu de Lira, Brais (Kike min.45), Manu de Fis.
  • Esteirana: Adán, Manuel (Pablo min.55), Diego (Nicolás min.53), Abel, Santiago, Jacobo, Javier, Adrián (Alberto min.57), David, Agustín (Xabier min.68)
  • Goles: 1-0, min.13: Cristian; 2-0, min.33: Brais; 3-0, min.67: Manu de Lira; 3-1, min.84: Pablo p.p.; 4-1, min.88: Mario.
  • Expulsión: o xogador visitante Abel no minuto 71 por cartón vermello directo e iso que xa tiña un cartón amarelo.
Encontro relativamente cómodo para o conxunto de Alfonso que pese a que tiña ate 8 baixas, demostrou ser un equipo que esta a esperar o faio dos dous de arriba para acercarse. Cabe destacar que desas 8 baixas, entre sancións, lesións e convocatorias co primeiro equipo, o Corcubión non dispuña de ningún porteiro e tivo que ser Lema o que tivo que xogar nesa posición. Na primeira metade ambos conxuntos nos primeiros minutos tiveron varias ocasións para marcar pero sería Cristian, por parte local, que leva xa dous partidos consecutivos marcando, o que abriría a lata. Seguiu atacando o conxunto local que non deixaría que o Esteiro tirase á portería defendida por Lema neste encontro. No minuto 33 outro gol mais do máximo goleador local Brais poría o definitivo 2-0 ate chegar ao descanso. O propio Brais tivo que ser substituído no minuto 45 tras unha entrada brutal dun xogador visitante que si o colle ven poría facerlle moito dano. Xa na segunda metade o Esteiro seguía a facer un xogo duro para parar a velocidade local pero Manu de Lira facía o terceiro gol que daba a tranquilidade os seareiros locais. No minuto 71 o xogador Abel, o mesmo que lesionou a Brais na primeira metade, foi expulsado por catón vermello directo por outra xogada de xogo duro do equipo local que non se xogaba nada e aliñou aos seus dous xogadores sancionados, aínda que o equipo local non reclamase polo resultado obtido. No minuto 39 da segunda metade, o Esteiro recortaría o resultado tras un gol de Pablo en propia porta pero a falla de 2 minutos para o final, o graderío veuse abaixo co gol de Mario, que está a contar con moi poucos minutos pero que nunca despreza eses minutos que disputa.

Cee - Outes (3-3)

  • Cee: Sergio, José Ramón, Iago, Rubén, Lucas, José Antonio, Isma Lamela (Uri), Diego Cespón, Moncho, Sergio Rey (Armando), Chiru.
  • Outes: Jona, Oscar, Juan, Chía, Pablo, Piti, Pesi (David, min.46), Sergio, Edu, Piqui e Alex.
  • Goles: 1-0, min.56: Moncho; 2-0, min.62: Diego Cespón; 2-1, min.67: David; 2-2, min.70: Sergio; 3-2, min.85: Uri; 3-3, min.91: Chía.
  • Lesión: O local Oscar (min.75) que tivo que ir ao hospital Virxe da Xunqueira, pois quedoulle o xeonllo trabado e pensaron que podía ser dos ligamentos, a falta dunha resonancia, non semella que sexa grave a lesión.
  • Expulsión: Lucas no min.75.
Disputábase o encontro no San Pedro de Refoxos tras cambiar a orde da Liga. E foi un encontro de infarto, que se decidiu no minuto 90. Tras unha primeira metade algo sosa e máis controlada polos locais, a segunda tivo constantes alternativas no marcador, sempre co Cee por diante, pero se confiaron e perderon a concentración que aproveitou o Outes para empatar por partida doble. Primeiro Sergio conseguía o empate para o Outes, Uri puña de novo aos de José Carlos por diante, pero Chía, xa co tempo cumplido, facía a igualada.

Muros - Fisterra (2-1)

  • Muros: Trozo, Santi de Pura, Bolo, Javier (Iván, min.46), Iago, Jesús, Minos (Manel, min.60), Berni, Gabriel El Guapo, Geiko (Modesto, min.70), Chinana (Santi Chuvasco, min.65).
  • Fisterra: David, Roberto, Jorge, Manuel, Juan, Tati, Cristian Hidalgo, Bruno, Carlos, Juanfran (Fran, min.65), Chiki (Miguel, min.60).
  • Goles: 0-1, min.5: Tati de falta; 1-1, min.20: Chinana tras un regalo do meta visitante; 2-0, min.30: Jesús de cabeza.
Comezou o Fisterra forte e adiantouse por medio de Tati. Pero nun parón no que se houbo de atender ao meta local, os de Senra despistáronse e deixaron un par de regalos que non desperdiciaron os muradáns, de xeito que en 10 minutos o cadete Chinana e Jesús déronlle a volta ao marcador. No segundo tempo apretou o Fisterra pero o meta local Trozo fixo un partidazo, e a falta de Martín se fixo notar nas filas visitantes. Aguantaron os muradáns e iso que contaban con numerosas baixas, con cadetes no 11 e ata co porteiro suplente Iago na defensa, que por certo, cumpre e de marabilla.

Dumbría - Soneira (2-12)

  • Dumbría:
  • Soneira: Víctor (Bonano, min.46), Vicente (Suso, min.30), César (Marcos Curra, min.30), Alberto Tedín, Pichón, Mayor, Dani, Cristian (Alberto, min.46), Ismael, Fernando, Basti (Cachirulo, min.50).
  • Goles: Por parte do Soneira Basti (4), Alberto Tedín (2), Alberto (2), Fernando (2), Mayor, Dani.
Aos 20 minutos xa marcaba 7-0 o marcador. Os xogadores de Miguel marcaron 12 goles e algún máis puido caer ante un equipo moi pero que moi noviño.

Patrocina esta Liga

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios