Martes. 15.10.2024
El tiempo

Xuvenís: 4 equipos para 2 prazas

Xuvenís: 4 equipos para 2 prazas
Montelouro-Cabana xuvenil-Foto-SD Imaxe do Montelouro-Cabana-Foto-SD A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Tan só unha semana despois de volver auparse ao liderado, o UC Cee quedaría a día de hoxe fóra dos postos que dan acceso á Liga Galega. Os ceenses caían ante un Xallas ao que parecía tiñan tomada a medida, e como As Pedreiras vencía ao Outes, ambos superan na táboa ao cadro azulón. Pero non queda aí a cousa. Á pelexa únese defintivamente o Ponteceso, que queda a 4 puntos do líder carballés, e a 3 do equipo xalleiro, aínda cunha volta enteira por diante.  

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 5

  Xallas - Cee (1-0)
  • Campo: San Pedro.
  • Xallas: Hadrián, Raúl, Alberto, Martín, Danis (Héitor), Chiki (Pablo), Carlos, Juanjo, Thiago, Rachón e Rieiro.
  • Cee: Carlos, Borja, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Castillo, Brais Lagoa, Jon, Isma, Samu e Pablo. Tamén: David, Xavi, Xabi, Brais e José Carlos.
  • Gol: 1-0, m.23: Carlos de penalti.
  • Expulsión: o xalleiro Martín (m.40)
Partido moi similar os dous disputados na primeira fase na que parecía que o Cee lle tiña collida a medida ao Xallas. Un choque moi igualado, con poucas ocasións, cun Xallas intentando combinar e un Cee replegado e intentando saír a contra, como se prevía no guión. Tivo que chegar o único gol que decantaba o partido de penalti dubidoso sobre Rieiro que materializaria Carlos. Antes do descanso o árbitro compensou o erro da pena máxima expulsando ao local Martin polas dúas unicas faltas que fixo. 50 minutos quedaban por diante e con 10 o Xallas xuntou liñas e loitou para manter o resultado sen sufrir demasiado. Unha falta de Jon na frontal que sacou o debutante Hadrián cunha boa man abaixo foi a máis clara dos visitantes. O Xallas puido sentenciar a contra co Cee volcado pero tampouco acertou.   Pedreiras - Outes (5-1)
  • Campo: As Eiroas.
  • As Pedreiras: Benjamín, Kuki, Fidalgo, Alex, Aarón, Eloy (Rubén), Iván, Jose, Yago (Diego), Brais (Ángel), David (Alberto).
  • Outes: Adrián, Álvaro, Simón (Siro), Joel, Alberto, Saúl, Adán, Fabio, Fran, Sergio e Serxio.
  • Goles: 1-0: Brais; 2-0: Kuki; 2-1: Fabio de pillo roubando un mal pase ao porteiro; 3-1: en propia; 4-1: Brais; 5-1: Ángel de penalti.
Chegou moi tocado o Outes ás Eiroas, con moitas baixas, mesmo cun home tocado e un porteiro como único suplente que tivo que saír na punta de ataque. O cadro da Serra esperou atrás, mentres os carballeses tocaban e tocaban, e chegaban con certa claridade, pero gracias á boa defensa e á actuación do porteiro Adrián mantiveron a compostura.   Coristanco - Ponteceso (2-5)
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Alberto, Cristian, Álvaro, Dani, Esteban (Iván, m.47), Jorge, Sergio, Álex, Castro, Anido e Carlos.
  • Ponteceso: Damián, Luca, Iván Cousillas, Sami, Jorge, Ismail, Pop, Aarón, Eloy, Aday e Iván Rod. Tamén: Brais, Víctor, Loureiro, Lucas, e David Velo.
  • Goles: 1-0, m.2: Álex tras un córner; 1-1, m.15: Aday de penalti; 1-2, m.22: Iván Rod. tras unha boa combinación con Jorge; 1-3, m.30: Ismail; 1-4, m.62: Eloy; 1-5, m.76: Eloy; 2-5, m.85: Diego.
Comezou despistado o Ponteceso e aproveitouno o Coristanco para meterse por diante. Pero rearmouse o cadro visitante que sen estar ben nas combinacións, si que estiveron finos a balón parado. Non estaba cómodo o equipo local e o Ponteceso demostrou estar un punto por riba. Presionando ben arriba e facían dano. Pronto deron a volta ao marcador e sentenciaron no primeiro tercio da segunda metade.  

Liguilla copeira, grupo 1, xornada 3

  Esteirana - Corcubión (5-3)
  • Campo: Xosé Luís Vara.
  • Goles: Carajillo (3), Benja (2) para a Esteirana; Luís Lojo (2) e Samu de penalti meta para o Corcunión.
Partido con moitos goles o vivido en Esteiro, cun cadro local que se metía 3-0 co triplete de Carajillo, co parecía ter sentenciado o choque. Pero dous tantos de Luís Lojo meteron de novo aos corcubioneses na pelexa. Foron 10 minutos de igualdade pero apareceu Benja para sentenciar.   Fisterra - Muxía (7-1)
  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Aarón, Cristopher, David, Juan, Manu, Andrés, Dani, Gabri, Asier, Aarón e Papin. Tamén; Sergio.
  • Muxía: Toja, Iván, Marce, Gusa, Gorja, Tomás, Rodri, Cheo, Vilela, Xan e Josiño.
  • Goles: Aarón (3), Asier (2), Cristopher e David para o Fisterra; Rodri para o Muxía.
Con moitas baixas chegaba o Muxía a Fisterra, protagonizando un partido máis parello do que sinala o resultado. Mesmo se puido adiantar nos primeiros 25 minutos o cadro vermello, pero o Fisterra non perdoaba e xa marcha 3-0 ao descanso. Na segunda, o choque se lle fixo demasiado longo aos muxiáns.  

Liguilla copeira, grupo 2, xornada 3

  Laxe - Baio (0-2)
  • Campo: Cabo Darea.
  • Goles: 0-1, m.62: Estefan; 0-2, m.74: Damián.
Non sufriu demasiado o Baio en Laxe, a pesar de que non sentenciou o choque ata o treito final. Os visitantes dominaban, pero parecía que non querían marcar. Comezaron os locais estirando filas na segunda, vendo que os visitantes non afiaban os dentes. E puideron adiantarse, pero foi Estefan o que abriu a lata para os baieses, que non sentenciaron ata preto do final. Sen goles se chegou ao descanso, o que lle deu alas aos locais para crer na posibilidade de chegar con perigo á meta rival, algo que no primeiro tempo non lograron. O gol de Estefan (min.62) puxo algo de tranquilidade nuns baieses e decepción nos locais, pero pasaban os minutos e o Baio non pechaba o partido, polo que se mantiña a incerteza. Co gol de Damián (min.74) o encontro quedou visto para sentenza e aínda puido chegar algún gol máis nos minutos finais para os baieses. Sofán - Camariñas (4-1)
  • Campo: Carral.
  • Sofán: Iván, Nacho Eirís, Diego Pallas, Alex Fidalgo, Alberto, Dani Padín, Eloy Cabeza, Gabri Mariño, Sergio, David Dourado e Brais Rey. Tamén: Adrián, Pombo, Borja, Ángel e Martín Vázquez.
  • Camariñas: Manuel, Daniel, Facundo, Eloy, Gabriel, Alex, Brais, Joseba, Hugo, Juan e Luís.
  • Goles: 1-0, m.35: Brais Rey; 2-0, m.50: Brais Rey; 2-1, m.55: Luís; 3-1, m.65: David Dourado; 4-1,m .82: Gabri.
Estáselle facendo longa, xa a día de hoxe, a campaña ao cadro camariñán. Custou xuntar 11 xogadores para viaxar a Carballo. Saíron os de Faus ben metidos atrás, co equipo mui xuntiño e esperando poder aproveitar algunha contra ou algunha xogada balón parado. Na primeira parte o partido foi bastante igualado e sen apenas ocasións. Nunha das poucas chegadas dos locais, marcaría o cadro local, mentres Joseba tivo o empate pero a súa falta foi repelida polo longueiro. Comezou marcando pronto o equipo de Javier Cabeza, pero pronto recurtaba o equipo visitante devolvendo a emoción ao partido. Pero fíxose tamén longo o partido para os xogadores visitantes, e sen cambios, o partido foise decantando do lado local. David e Gabriel marcaron e Padín fixo lucirse a Manuel.  

Liguilla copeira, grupo 3, xornada 3

  Montelouro - Cabana (3-3)
  • Montelouro: Xaco, Javi, José, Sergio, Antonio, Adrián, Joaquín, Airam, Bertín, Luis e Juan de Celia. Tamén xogaron: Alexis, Xandre e Felipe.
  • Cabana: Darío, Fernando, Kevin, Álex López, Ferreiro, Breo, Julián, Roberto (Rubén), David, Yago (Álex Lema) e Alberto.
  • Goles: 1-0: Juan de Celia; 2-0: Luís (descanso); 3-0: Juan de Celia; 1-3: Alberto de penalti sobre Ferreiro; 2-3: Ferreiro; 3-3: David dende fóra da área.
Montelouro-Cabana xuvenil-Foto-SD 2 Montelouro-Cabana-Foto-SD Partido que puido caer de calquera lado e acabou cun xutso empate, a pesar de non gusrar a actitude arbitral, sobre todo por bando local, denunciando a “pouca educación e unhas formas moi pouco apropiadas para un encontro de fútbol base”. A primeira metade foi dos loureáns, que tiveron varias ocasións claras nas botas de Juan de celia e Luis e nun remate de cabeza de Adrian. Serían Juan de Celia e Luís os que marcan o 1-0 e 2-0 co que se chegou o descanso. Na segunda de novo Juan de Celia o que poría pronto o 3-0. Pero pouco a pouco o Cabana foi collendo o dominio, gracias a que a entrada de Rubén e Álex doulle máis alternativas e liberou a Ferreiro. Foi el o que, con dúas xogadas espectaculares, devolvían aos cabaneses ao partido forzando un penalti e marcando un gol. Tivo o terceiro pero o pau impediuno, pero non puido impedir o empate de David no rexeite. Tralo empate, o choque puido caer para os dous lados. Ferreiro fixo outra gran xogada pero golpea mal. Á volta, os muradáns protestaron un gol anulado a Juan de Celia, que pouco despois, xa case que co tempo cumplido, se prantaba diante de Darío que facía a parada do partido, salvando un punto para os aurinegros. Montelouro-Cabana xuvenil-Foto-SD 3 Darío salvou un punto para os cabaneses-Foto_SD   Os Miúdos - Corme (4-4)
  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Miúdos: Gabri, Xian, Gesto (Sergio, m.55), Isma, Flavio, Jose Canario, Josiño, Raúl, Gael, Xavi e Riomao.
  • Corme: Lucas, Cristian Garrido, Ángel, Fran, Aitor, Martín, Mauro, Bruno, Samul, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Manu Garrido, Javi, Duarte, Noel, e Diego.
  • Goles: 1-0, m.15: Xavi; 1-1, m.40: Manu Bermúdez; 2-1, m.44: Josiño; 2-2, m.52: Aitor; 3-2, m.55: Xavi de penalti; 4-2, m.60: Josiño; 4-3, m.65: Samuel; 4-4, m.75: Manu Bermúdez.
Partido vibrante en Muros entre dous equipos moi igualados. Foi un toma e daca que rematou en empate. Comezou mandando o equipo local, pero Manu Bermúdez, protagonista de novo, empataba antes do descanso, pero o partido non marcharía así aos vestiarios, pois Josiño marcaría no último minuto poñendo en vantaxe aos locals. Continuaba o intercambio de golpes na segunda, e se puña cadro local cun 4-2 claro, pero lle faltaron forzas para aguantar as embestidas cormeláns no treito final, que a base de percutir acabaron empatando.  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios