Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: As Pedreiras frea ao Cee

Xuvenís: As Pedreiras frea ao Cee
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Chegou a primeira derrota da tempada do Cee de Carlos Pazos. E foi en Carballo, no campo das Eiroas, ante este novato As Pedreiras que está a facer historia. Colócase líder o equipo de Rudi, con 7 puntos tras unha xornada na que o Xallas se volveu meter no lío, e no que Outes e Ponteceso tiveron que aprazar o partido por mor do temporal. Un temporal que obrigou a suspender tamén os partidos do Cabana, por un desprendemento na cuberta das Redondas. Non só vai ser cousa dos estadios de 1ª División… Todo nunha Copa que se vai facer moi longa para algún… A cuberta do campo das Redondas tamén sufríu as consecuencias do temporal A cuberta do campo das Redondas tamén sufríu as consecuencias do temporal  

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 3

Coristanco - Xallas (1-3)
  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Alexander, Jorge, Álvaro, Sergio, Esteban, Dani, Álex, Braian, Castro, Anido, e Iván. Tamén xogaron: RR; Espasandín, Cristian, Carlos e Alberto.
  • Xallas: Coke, Raúl, Alberto, Pablo (Brais), Chiki, Fran (Carlos), Juanjo, Thiago, Manu (Héitor), Rachón e Grille (Rieiro).
  • Goles: 1-0: Rachón dende fora da área: 0-2: Thiago engancha un rechace e pona na escuadra; 0-3: Rachón de falta directa; (descanso); 1-3, m.46: Anido.
Moita xente na Rocheira para disfrutar dun gran partido a pesar do temporal, co campo en condicións aceptables para todo o que chover. Na primeira parte o Xallas saíu enchufadísimo, consciente de que necesita sumar de 3 en 3 se non quere perder o tren da fase de ascenso. Metía ao Coristanco atrás con continuas embestidas, e Rachón por dúas veces, e Thiago, daban conta dun desafortunado Alexander con goles dende fóra da área. Cambiaron as tornas tralo descanso. Frío saíu o Xallas e o Coristanco recortaba na primeira xogada á saída dun saque de banda, por medio de Anido. Quixeron os de Eloy ir polo partido pero Xallas non lle dou opción, completando un partido moi partido serio. Un cadro coristanqués que ademais da derrota lamenta as lesións de Braian, con rotura do radio do brazo dereito; Espasandín con rotura de fibras, e Jorge. As Pedreiras Xuvenil - Cee (4-1)
  • Campo: As Eiroas.
  • As Pedreiras: Benjamín, Kuki (Alex), Andrade, Fidalgo, Aarón, Eloy, Iván (Ángel), Jose, Rubén (Alberto), David e Brais (Diego).
  • Cee: Jose Carlos, Brais, Pablo, Borja, Chema, Rubén, Alex Agulleiro, Hugo, Isma, Samu e Xabi. Tamén: Adri, Iván e Carlos.
  • Goles: 1-0 Brais; 2-0 Brais; (descanso); 2-1: Álex; 3-1 Fidalgo; 4-1 Brais anota un “tamaño jolaso” tras unha fermosa xogada con David e Rubén.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1200474583404530/" width="800" height="500" onlyvideo="1"] A primeira derrota da tempada do Cee deixa líder a todo un San Lorenzo. Foi un partido que comezaba ben para os carballeses, no desterro das Eiroas ante o temporal que anegaba As Pedreiras. O Cee presionaba pero nunha xogada tonta, Brais rouballe un balón ao porteiro ceense que, tras un exceso de confianza, ten que cometer un penalti co que os de Rudi se adiantaban ben pronto. Antes do descanso e tras media hora igualda, chega o segundo tanto de Brais, rompendo a defensa ceense. Na segunda os locais foron polo partido ante un cadro local que saíron moi fríos. Alex aproveita o rexeite dunha falta para recurtar e meter aos de Carlos pazos no partido. E despois de dúas ocasións para empatar, chega un corner e As Pedreiars volve meter distancia. A partir de aí si que souberon ler mellor o partido o cadro local que sentenciaban cunha fermosa xogada.  

Liguilla copeira, grupo 1, xornada 2

Corcubión - Fisterra (0-8)
  • Campo: O Cubaleiro.
  • Corcubión: Abel, David, Jose, Juan, Roberto, Oca, Luís Lojo, Samu, Antonio, Mesejo e David Oca. Tamén xogaron: Danilo, Rafa e Dani
  • Fisterra: Aarón, César, Cris, JF, Manu, Andrés, Dani, Gabi, Asier, Papin, Ángel.
  • Goles: Dani (3), Cris (2), Gabi, Andrés e Ángel.
Partido sen historia no Cubaleiro, protagonizado por un Fisterra moi superior.   Muxía – Esteirana (2-4)
  • Muxía: Hugo, Iván (Vilela, m.46), Marce, Gusa, Fran (Cheo, m.46), Tomás, Xan (Borja, m.46), Rodri, Mario, Josiño e Toja.
  • Esteirana: Álex de Yi; Anxo, Kevin, Manu (Dani), Chaki, David de Noia; Carlos de Neli, Farinós, Rubén; Carajillo e Íker.
  • Goles: 1-0, m.4: Rubén (p.p); 1-1, m.5: Carajillo; 1-2, m.7: Íker; 2-2, m.9: Jose Pérez; 2-3, min.67: Carajillo; 2-4, m.88: Rubén.
Partido mui igualado en arliña que decidiron os pequenos detalles. Comezaba o partido completamente tolo, cun ritmo frenético e con numerosas chegadas por parte dos dous equipos. Adiántabase o Muxía no marcador, unha falta lateral é intruducida na meta visitante por Rubén en propia porta, no seu intento de despexe. Respondía rápidamente a Esteirana, cunha rápida contra finaliza por Carajillo no man a man co gardamallas local. Dous minutos despois, Íker daríalle a volta ó marcador ó transformar un penalti cometido sobre el mesmo. Non tardaría en igualar a contenda o Muxía, Jose Pérez recibe na frontal da área, vaise de varios contrarios e bate a Álex. 4 goles nos primeiros 10 minutos daban paso a un rato de igualdalde, ata o descanso. partido seguía tolo, sen un dominador claro, pero as ocasións de maior perigo chegaban por parte do Muxía, que unhas veces por acerto de Álex de Yi, e outras polo desatino dos dianteiros locais, non eran quen de poñer ó equipo muxián por diante. Na segunda seguiuno intentando o cadro local, pero a Esteirana estaba máis dominadora, e atopou o gol nun balón parado, con tanto de Carajillo a unha falta botada por Chaki. Volcouse o equipo muxián que disporía dunha clara ocasión para igualalo marcador, pero o remate dun xogador local diante de Álex marchábase desviado. Dispuxo a Esteirana de varias ocasións para matar o encontro, sobre todo en botas de Iker, que non era quen de batir a Hugo en varios man a man. Nunha rápida contra da Esteirana, Íker encara en velocidade a Hugo, e este derríbao cometendo penalti, que transformaría Rubén, resarcíndose así do seu gol en propia porta.  

Liguilla copeira, grupo 2, xornada 2

Camariñas - Laxe (2-12)
  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Eloy, Juanito, Gabriel, Pablo, Facundo, Álex, Josiño, Hugo, Luis e Joseba.
  • Laxe: Íñigo, Bruno, Manuel, Solís, Bieito, Santi, Valentín, Iván, Samuel, Miguel e Álvaro.
  • Goles: Santi (3), Valentín (3), Bieito (2), Iván e o porteiro Íñigo de penalti, para o Laxe. Os dous goles para o Camariñas de Joseba.
Con 10, entre eles varios cadetes, e un xogador baixo paus, tivo que saír o Camariñas. Aínda así aguantou a primeira metade, que remataba con 1-2 a favor do cadro laxense. Pero un gol nada máis saír dos vestiarios dos visitantes fixo que os locais baixasen os brazos e que os laxenses se ensañaran.   Baio - Sofán (5-3)
  • Campo: Platas Reinoso.
  • Goles: 1-0, m.10: Santi; 2-0, m.28: Luís; 3-0, m.29: Santi; 4-0, m.35: Sergio dende 40 metros por encima do porteiro; 5-0, m.53: Estefan; 5-1, m.70: Luís Eiroa; 5-2,m .29: Nacho; 5-3, m.83: Ángel.
Partido marcado polas inclementes do tempo. Comezou o Baio mandando e na primeira metade foi moi superior marchando 4-0 ao descanso. Pero os baieses saíron relaxados tralo paso dos vestiarios, e aínda se relaxaron máis despois do 5º tanto. Nun par de erros, os sofanistas recurtaron distancia, pero a expulsión do porteiro curtou a progresión, non conseguiron asomar a cabeza no marcador nin facer perigar a vitoria local.  

Liguilla copeira, grupo 3, xornada 2

Corme – Montelouro (2-1)
  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Lucas, Ángel, Cristian Garrido, Fran, Aitor, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Bermúdez, Manu Tasende e Bruno. Tamén: Noel, Martín, Diego, Pandi e Roque.
  • Montelouro: Xandre, Javi, Fran, José, Sergio, Adri, Joaquín, Airam, Bertín, Luis e Juan de Celia.
  • Goles: 1-0, m.8: Manu Bermúdez; 1-1, m.9: Juan de Celia; 2-1, m.84: Manu Tasende.
Con 11 xustos chegou o cadro loureán a Corme, e prantou cara a todo un Corme nun partido condicionado polo vento. Con vento a favor os dous equipos foron imprecisos. Ambos xogaron mellor con vento en contra. Dous grandes da categoría como Manu Bermúdez e Juan de Celia amosaron as súas credencias marcando pronto e de seguido. A partir de aí foron 75 minutos de control local pero pouca profundidade, ata que a 5 do remate, unha contra dos azuis decantaba o partido para o bando local.  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios