Xuvenís: As Pedreiras pega o salto
Dicíamos a semana pasada que o Ponteceso caíase do póker de arriba, pero o cadro de Gurita resístese a deixar a loita polas dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Os pontecesáns venceron con rotundidade ao Cee e volven colocarse en plena loita con ceenses e xalleiros.
Pero os grandes protagonistas da xornada foron os xogadores dAs Pedreiras, o equipo que despois superar a todo un Xallas, se sitúa como gran favorito ao título cando quedan 3 xornadas para o remate. 5 vitorias e 2 empates leva o cadro de Rudi nesta segunda fase.
Xallas, Ponteceso e Cee quedan nun pano de 1 só punto cando quedan só 3 xornadas de infarto, con choques directos cada semana.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 7
As Pedreiras - Xallas (1-0)
- As Pedreiras: Benjamín, Kuki, Alex, Fidalgo, Aarón, Eloy, Jose, Iván (Rubén), Cotelo (David), Brais (Diego) e Yago (Ángel).
- Xallas: Álvaro, Raúl, Pablo, Juan, Fran, Alberto, Thiago, Carlos Rieiro, Rachón, José Carlos e Cristian. Tamén: Iago, Grille, Martín, Manu e Hadrián.
- Gol: 1-0, m.72: David.
Unha parte para cada equipo e vitoria para o cadro local, tras un choque tremendamente igualado, nun campo en regulares condicións. O Xallas empezou o partido fortísimo, cunha presión intensa que non permitiu xogar aos locais. Pero os de Dani Calve tenon estiveron acertados cara gol, e non acertaron ningunha das ocasións das que dispuxeron (ata 7 córners botaron os xalleiros), pola falta de acerto e as boas accións de porteiro e defensa carballesas.
Cambiou o cor do partido na segunda. Baixou o ritmo o Xallas, quizais polo cansancio da primeira parte e o San Lorenzo saía con máis facilidade á contra, aproveitando os espazos. As ocasións cambiaron de bando, e os locais mandaban un balón ao pau antes de marcar o único gol do partido.
Intentou empatar o cadro verde, e ocasións tiveron para conseguilo, pero a máis clara foi unha falta de Rachón na frontal que sacou ben Benji, deixando os puntos e o liderado na casa.
Outes - Coristanco (2-5)
- Outes: Adrián, Álvaro, David, Joel, Mateo, Saúl, Simón, Adán, Serxio, Alberto e Fabio. Tamén xogaron: Sergio Nieto, Brais, Ryan e Fran.
- Coristanco: Alberto, Espasandín, Álvaro, Sergio, Esteban, Carlos, RR, Dani, Castro, Álex, Iván. Tamén: Anido, Cristián, Iago e Eloy.
- Goles: 0-1: Castro a pase de Álex; 0-1: Álex; 1-2: Fabio; (descanso) 1-3: Castro a pase de Álex; 2-3: Ryan; 2-4: Anido; 2-5: Castro a pase de Carlos.
Partido vistoso, con moitas ocasións, e que comezaba cunha primeira metade bastante igualada, con chegadas para os dous bandos. O Coristanco levaba a iniciativa, intentando volver ao xogo combinativo que non puido facer ante os grandes equipos da categoría, pero o Outes respondía ben. Adiantábase os verdes pero rapidamente empataban os locais con dúas xogadas de Alex, pero o Outes aproveitaba un erro da defensa visitante para recurtar e meterse no parido antes do descanso.
Pouco tardou o Coristanco en amrcar o terceiro facendo boas as entradas por bandas que servían de leña para os dianteiros. Alex volvía entrar ata liña de fondo para que Castro fixese o que mellor sabe, marcar. Pero o Outes non se deixaba ir e Ryan volvía poñer emoción no marcador aproveitando unha contra.
Foron minutos de incertidume ata que Anido marcaba o cuarto que xa sentenciaba o choque para que Castro, desta volta a pase de Carlos, certificase o seu triplete que demostra por que foi o pichichi da liga regular.
Ponteceso - Cee (3-0)
- Ponteceso: Damián, Brais, Luca, Aarón, Jorge, Ismail, Eloy, Zekri, Iván Rodriguez, Aday e Loureiro. Tamén: Víctor, Pop, Iván Cousillas e David Velo.
- Cee: Carlos, Adri, Rubén Senlle, Borja, Hugo, Xavi, Xabi, Brais Lagoa, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Alex Agulleiro e José Carlos.
- Goles: 1-0, m.31: Eloy; 2-0, m.87: Iván Rodríguez; 3-0, m.89: Eloy.
Chegaba o Cee con moitas baixas por lesións para este importante choque. O Ponteceso foi superior e fixo un bo partido, se ben a primeira metade foi moi igualada, co cadro local levando o peso, pero cun Cee que tamén chegaba á meta rival. Abría o marcador Eloy na primeira metade, pero o partido quedaba moi aberto.
Pasoiu unha hora na que o Ponteceso intentaba dominar, pero que o Cee, a medida que ían pasando os minutos ían subindo liñas. Tiveron os de Carlos Pazos ocasións para empatar, pero deixaron demasiados espazos que tamén puideron significar a sentenza antes de que, xa nos últimos minutos, dous goles máis finiqutaran o choque para os de Gurita, que se meten na pomada.
Dous invictos nas Liguillas copeiras
Fisterra e Baio son os únicos invictos nestas liguillas copeiras.
Partidos igualados no Grupo 1 das liguillas copeiras, cun Fisterra que se destaca na clasificación tras vencer de xeito apurado en Esteiro. Os fisterráns sacan 6 puntos a esteiráns e muxiáns, que vencían son solvencia ao Corcubión.
No Grupo 2, o Baio segue imparable e goleou ao Camariñas con faclidade. Por detrás segue o Sofán, que venceu en Laxe nun partido de clara superioridade.
O grupo máis igualado é o Grupo 3, con 3 equipos empatados a 7 puntos. Cabana, Corme e Os Miúdos están protagonizando fermosos duelos. De todas maneiras esta semana só se disputou o derbi muradán pois o vibrante Cabana-Corme foi adiantado á semana pasada.
Novas relacionadas
- O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís.
- O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- X.6 (2ª fase): O Ponteceso cae do póker.
- X.5 (2ª fase): 4 equipos para 2 prazas.
- X.4 (2ª fase): O Cee volve mandar.
- X.3 (2ª fase): As Pedreiras frea ao Cee.
- X.2 (2ª fase): O Cee segue sorprendendo.
- X.1 (2ª fase): Un gol de diferencia.
- X.18: O Outes meteuse na Liguilla dos campións.
- X.17: Cee e Ponteceso celebran os primeiros títulos do curso.
- X.15: Só dúas loitas pendentes.
- X.14: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba.
- X.13: O repóker de ases.
- X.12: Contra vento e marea.
- X.11: Non fallou ningún.
- X.10: Ferve o Norte.
- X.9: O Coristanco tamén quere gloria.
- X.8: Cee e San Lorenzo quedan sós.
- X.7: O Coristanco mantén o pulso de San Lorenzo, Xallas e Cee.
- X.6: 5 equipos invictos.
- X.5: O San Lorenzo vai en serio.
- X.4: Collendo posicións.
- X.3: O heroe inesperado.
- X.2: O primeiro derbi da historia carballesa.
- X.1: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.