Xuvenís, Cadetes e Infantís da Costa tamén teñen os seus calendarios

Xa temos en www.futboldacosta.com os calendarios completos das Ligas comarcais das ligas comarcais de Xuvenís, Cadetes e Infantís.
Xuvenís e Infantís arrinca xa o 2 de setembro mentres que os cadetes (só hai 13 equipos) non o farán ata un mes máis tarde (1 de outubro).
Todas rematan en abril para poder comezar a Fase de Ascenso ás Ligas Galegas, a onde optarán os mesmos equipos que o ano pasado tendo en conta que polo de agora non se conseguiu a 2ª praza na categoría infantil.
17 equipos en Xuvenís

Por fin temos un só grupo de Xuvenís, con 17 equipos, tralas baixas anunciadas de Montelouro e UC Cee. O horario oficial volverá ser a primeira da tarde dos sábados.
13 equipos en Cadetes

A categoría cadete arrincará o 1 de outubro, conformando o grupo 13 equipos, trala renuncia das Baleas.
O horario oficial será os domingos ás 11:00h.
18 equipos en Infantís

A liga máis longa será a de Infantís, tendo que xogar en varias pontes. O horario oficial será o dos sábados ás 11:00h.
Máis información
- Os calendarios completos de todas as ligas en www.futboldacosta.com.
Máis información
Máis novas
- Fin de semana de Memoriais.
- Virtualizando o Fútbol da Costa.
- Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 3 derbis nas 5 primeiras xornadas da 1ª Galega.
- Convocados os cursos de Monitor e UEFA B (nivel 1) na Costa.
Máis movementos de verán
- Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas.
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
- Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).