Xuvenís: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais
6 equipos xa teñen 3 vitorias nestas 5 primeiras xornadas o que parece que nos vai deparar unha liga bastante igualada por arriba. Por agora, os Fisterra, Corme e Esteirana están pegando forte, estando fisterráns e esteiráns como únicos equipos invictos da categoría. Pero San Lorenzo, Outes, Laxe, e incluso Miúdos, Coristanco, Sofán ou Cabana, aínda teñen cousas por amosar.
Por abaixo, Muxía, Xallas e Camariñas seguen sen sumar, e as goleadas recibidas polos 3 preveen unha temporada moi longa para eles.
Soneira - Corme (0-6)
- Soneira: Christian, Damián, Esteban, Raúl, Pablo, Sergio, Lucas, Fran Moreira, NIco e Cristian Canosa. Tamén: Ángel, Sebas e Edgar.
- Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aitor, Fran, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samuel. Tamén: Miguel, Alex Mato e Noel.
- Goles: 0-1, m.4: Samu; 0-2, m.22: Samu; 0-3, m.26: Manu Tasende; 0-4, m.30: Javi Bermúdez; 0-5, m.35: Manu Tasende; 0-6, m.60: Samu.
Partido con pouco que contar. O Corme demostrou a súa calidade ante un Soneira que saíu sen intensidade, e que xa levaban 5 goles enriba ao descanso. Un partido que lle serve aos soneiráns para aprender e seguir mellorando, pois competir hai que competir sempre.
Fisterra - Laxe (2-0)
- Fisterra: J. Carlos, Diego (Cristopher, m.45), Juanfran (Issac, m.70), Ángel, Gabi, Dani (Rui, m.77), Pichino, Miguel, Iván (Xanxixo, m.77), Benlloch (Sergio, m,46) e Aarón.
- Laxe: Valentín, Bieito, Bruno, Julián, Enrique, Santi Casas, Edu, Manu, Álvaro, Juanciño e Miguel. Tamén: Samu, Iván, Iago e Jesús.
- Goles: 1-0, m.77: Isaac; 2-0, m.82: Aarón.
Aguantou hora e cuarto o Laxe as embestidas de todo un líder, e iso que os de Dani Argüelles e Martín Carrabete chegaban con moitas baixas. O Fisterra de Pablo Lestón foi superior, intentando darlle ritmo ao partido e chegando con claridade pero sen acerto.
Na segunda metade acelerou o ritmo o cadro local, mentres os laxenses caían de forzas. A entrada de Isaac foi clave, abrindo de contado a lata. Despois o Laxe quedaba con 10 por lesión e o partido remataba cunha renda máis corta do visto no campo.
San Lorenzo - Corcubión (5-2)
Xuvenís do San Lorenzo- San Lorenzo: Darío, Fidi, Fidalgo, Eloy, Esteban, Pablo, Jose, Martín (Ivito, m.65), Alberto (Cotelo, m.55), Aarón (Rubén, m.65) e Iván Cancela.
- Corcubión: Abel, David (Mesejo, m.46), Fran, Samu, Sergio, Jon, Carlos, Luís, Nico, Saulo, Xulián.
- Goles: 1-0, m.12: Aarón a pase de Iván; 1-1, m.20: Luís Lojo de vaselina; 2-1, m.22: Eloy; 3-1, m.35: Martín; 3-2, m.40: Luís de cabeza nun córner; 4-2, m.49: Iván Cancela; 5-2, m.57: Iván Cancela.
- Cabana: Roberto, Samuel (López), Pipa, Dani, Rubén (Yago), Breo, Castro (David), Alberto, Simón, Manuel, Cristian.
- Esteirana: Dani, Rodrigo (David de Noia), Sergio (David), Chaki, Joaquín, Alex de Dina, Roberto (Benji), Xian, Jaime (Fari), Carajillo e Iker.
- Goles: 1-0, m.8: Rubén; 1-1, m.22: Roberto; 2-1, m.27: Manuel coa axuda dun defensa; 2-2, m.36: Carajillo; 2-3, m.61: Carajillo; 3-3, m.67: Rubén; 3-4, m.77: Carajillo.
- Os Miúdos: Gabri (Rubén, m.13), Xian, Miguel Gesto, Isma Mayo, Dani, Abel, Gael, Río (Flavio, m.56), Xavi, Javi Sieira e Ángel (Antón, m.65).
- Coristanco: Cancela, Varela, Sebas, Álvaro, Iago, Rr, Dani, Cambón, Braian, Castro e Fran. Tamén: Arturo, Mirchu, Eze, Black e Esteban.
- Goles: 1-0, m.6: Xavi; 1-0, m.85: Flavio; 2-1, m.88: de penalti; 3-1, m.89: Xavi.
- Camariñas: Sergio; Gabriel, Manuel, Fran, Facundo; Brais (Eric, m.45), Joseba (Mohamed, m.75), Hugo, Juanito, Anxo e Adrián.
- Sofán: Artom, Alberto, Diego, Juan, Nacho Eirís, Aarón, Eloy Cabeza, Ángel Cotelo, Nacho Moreno, Simón, David. Tamén: Christian, Alex Docampo, Alex Fidalgo, Sergio POmbo e Sergio García.
- Goles: David López (8), Nacho Moreno, Fran Barreiro e Aarón para a SD. Fran para o Camariñas.
Partido claramente dominado pola SD no que brillou con luz propia David Lopez marcando 8 goles (xa van 15 en 4 partidos). O equipo camariñán suma o seu 4º adestrador no que vai de campaña. Xa foi Saviola o que coida dos rapaces dende esta pasada semana, e intentou que o equipo saíse ordenado, e o equipo amosou gañas a pesar de que xa dende o minuto 1 David foi un pesadelo para a defensa camariñá.
Ponteceso - Muxía (10-1)
O Ponteceso gañou o seu primeiro partido- Ponteceso: Isaac, David Velo, Iván Rodríguez, Brais Ceán, Jorge, Luca, Pop, Aarón, Sergio, Mussi, Aarón e Loureiro. Tamén: Damián, Raúl, Manu Cancela, Josiño e Íñer.
- Muxía: Roi, Louzán, Damián (Evaristo, m.46), Vilela, Marce, Rodri, Martín, Xan, Pablo, Álvaro e Mario.
- Goles: Loureiro (2), Aarón, Iván Rodríguez (3), Brais Ceán (2), Pop e Luca para o Ponteceso. Xan de penalti para o Muxía.
Necesitaba comezar a sumar de 3 en 3 os pontecesáns, que saía algo máis ofensivo que ultimamente. Foi demasiado abultado o marcador para o visto no campo, pois os dianteiros locais estiveron tremendamente acertados. Ao descanso foise 3-1 e na segunda metade decaeu o Muxía e foron caendo os goles.
Xallas - Outes (2-5)
- Xallas: Fabian, Kevin, Pablo, Nando, Mourelle, Brais, Pablo, Fabián, Calo, Peke, e Guillín.
- Outes: Antón (Siro, m.87), Fabián, Joel, Christian, Cartucho, Boris, Marta (Nico, m.75), Josiño (Fran Lago, m.61), Alberto, Canoa (Ángel, m.67) e Fran (Ryan, m.54).
- Goles: Guillín e Calo para o Xallas. Josiño, Alberto, Fran, Boris e Nico para os da Serra.
Con 11 volvía chegar o Xallas a un novo partido e con 10 quedou á media hora pola expulsión de Nando. Moitos erros defensivos condenaro ao cadro de Juan Prado ante un conxunto da Serra que sempre dominou. Cómpre destacar o primeiro gol de Josiño que marcou un golazo pola escuadra para os de Claudino, que só se despistaron nos últimos minutos e permitiron que o Xallas recurtarse.
Novas relacionadas
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
Mal partido dun Corcubión sen ideas, con moitas caras novas, ante un San Lorenzo que comezaba o choque moi mandón e chegando con profundidade. En 10 minutos Abel xa salvara 3 ocasións, pero non puido ante o gol de Aarón. Minutos máis tarde erraba o propio Aarón un penalti, parado de novo por Abel. E de contado empataba o Corcubión cunha fermosa vaselina. Non se resentiu o San Lorenzo que seguía facendo dano polas bandas e pronto chegaba o 2º e o 3º, pero os visitantes marcaban antes do descanso e se volvían meter no partido.
Foi clave a saída dos vestiarios, cunha gran ocasión para empatar o partido pero que salvaba Darío. E á seguinte xogada, o 4º que mataba o choque.
Cabana - Esteirana (3-4)
Partido de tolos o vivido nas Redondas. Saíu o Cabana moi enchufado e creando perigo e pronto se adiantaba no marcado. Foron 20 minutos de dominio cabanés, pero o tanto de Roberto metía aos visitantes no partido, facéndose ademais pouco a pouco co dominio do balón. Pero os goles chegaban por ambos bandos, adiantábase de novo o equipo de Fernando e empataban os de Josiño e Rama.
A segunda volvía comezar tola, pero o Cabana quedaba con 10 pola expulsión de Manuel. Pero o partido seguíu vivo. Desta volta adiantábanse os esteiráns, e desta volta respondía rápido o Cabana empatabado a 3.
Aínda quedaban 20 minutos e o Cabana ía acusando o desgaste e chegaban os erros. Non desaproveitou Carajillo un regalo da defensa cabanesa para facer o seu terceiro da tarde e marcar o que sería o tanto definitivo. Os últimos minutos foron tamén de ocasións nas dúas áreas pero o marcador non se movería… máis.
Cabana-Esteirana-Foto-SDOs Miúdos - Coristanco (3-1)
Púxose de cara o partido para o cadro muradán xa no minuto 6, co gol de Xavi, ante un Coristanco que saía demasiado confiado e era sorprendido pola potencia en ataque dos locais. Contras fantásticas, rápidas e fortes, as que levaban os muradáns, ante un Coristanco que o intentaba pero que non estaba fino.
Complicábase a cousa para o equipo local cando o porteiro Gabri se lesionaba e tiña que ser o seu irmán o que se metía baixo paus. Era un choque de ida e volta, sen dominador claro. Pasaban os minutos e o choque, aínda aberto, quecíase por momentos, con entradas as veces duras e algún que outro berro.
Ata os últimos 5 minutos, xa co Coristanco, volcado, non se decidía o choque.