Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Manda o Fisterra

Xuvenís: Manda o Fisterra
Esteirana-Xallas Imaxe do Esteirana-Xallas-Foto-Josiño

Van collendo posicións os equipos na táboa clasificatoria tras esta 4ª xornada. O que manda xa é o Fisterra, con 10 puntos, e un bo fútbol aderezado de fantásticos peloteiros que xa apuntan alto na 1ª Galega. Pero ollo co Corme, cargado tamén de dinamita na zona de arriba, da Esteirana, ou do Laxe, unha das caras amables deste comezo de curso.

Por abaixo, trala vitoria do Baio só quedan sen sumar Muxía (só disputou 2 partidos por agora), e os tocadísimos de efectivos Camariñas e Xallas, sen dúbida, a sorpresa negativa deste inicio de campaña.

 

Corcubión - Cabana (3-3)

  • Corcubión: Marcos; Álex, Fran, Oca, Sergio; Samu, Luis Lojo, Lagoa, Nico; Xuli e Hugo. Tamén Abel, David e José Ángel.
  • Cabana: Roberto (Marcos), López (Nando) (Samuel), Pipa, Rubén (David), Dani, Alberto, Yago (Breo), Castro, Simón, Manuel e Cristian.
  • Goles: 1-0, m.12: Xuli; 2-0, m.18: Hugo; 3-0, m.42: Hugo; 3-1, m.51: Alberto; 3-2, m.68: Alberto de penalti; 3-3, m.73: Castro.
Deportiva imaxe no Cubaleiro Deportiva imaxe no Cubaleiro

Partido tolo o vivido no Novo Cubaleiro cun cadro local que saía moi enchufado colocándose cun 3-0 en apenas media hora. Aínda tivo o cadro local algunha ocasión máis ante unha defensa moi feble dos cabaneses, que tamén tiveron algunha ocasión pero que non conseguían batir a Marcos.

Na segunda parte, cambiou o conto. O Cabana saliu máis enchufado e conseguiu reducir distancias cedo. O resto do partido estivo condicionado polas expulsións de Alex (protestada polos locais por unha suposta man que non é) e Oca. O Cabana iría a por todas e tería o dominio do balón ante un Corcubión con 9 encerrado, empatando e mesmo puidendo terlle dado á volta ao marcador.

https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/867888153386514/  

Outes - Fisterra (1-3)

  • Outes: Antón, Fabián, Joel, Christian, Alberto, Ryan, Marta, Josiño (Fran Lago, m.60), Boris (Ángel, m.70), Nieto (Mariño, m.63) e Fran.
  • Fisterra: J. Carlos, Diego (Sergiño, m.75), Ángel, Cristopher, Gabi, Ezequiel, Pichino, Miguel, Iván (Benlloch, m.60), Dani (Xan Xixo, m.65) e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.15: Aarón; 0-2, m.25: Aarón; 1-2, m.35: Ryan; 1-3, m.80: Ezequiel.

Partido moi bonito de ver con dous equipos querendo xogar en todo momento apostando polo fútbol de ataque. O Fisterra empezou dominando o partido, marcando os dous goles nos primeiros minutos. Era unha primeira metade de ida e volta, pero as entrabas por banda dos verdes eran máis perigosas. Íase entonando o equipo de Lodeiro e Ryan recurtaba antes do descanso, xusto despois de que José Carlos rexeitase un bo balón que pegaba finalmente no longueiro.

Seguiu dominando territorialmente o cadro de Pablo Lestón na segunda metade, pero sen tanta profundidade. Tampouco estaba moi afiando o cadro da Serra que tivo algunha ocasión para empatar, pero era Ezequiel, cun bo disparo ca zurda dende a frontal, o que sentenciaba o choque.

 

Laxe - Os Miúdos (1-0)

  • Laxe: Pablo, Enrique, Edu, Miguel, Julián, Bieito, Bruno, Samu, Álvaro, Íñigo e Juan. Tamén: Santi Casas e Iago.
  • Os Miúdos: Alberto, Miguel V., Miguel Gesto, Xián, Isma Mayo, Abel, Ismiña (José Saborido, m.46), Rubén, Gael, Riomao (Ángel, m.64) e Xavi.
  • Goles: 1-0, m.66: Santi Casas.
Os Miudos en laxe Os Miúdos en laxe

Partido complicado, con moito balón longo por parte dos dous equipos. O Laxe de Dani Argüelles e Martín Carrabete chegaba con apenas 13 xogadores mentres que o cadro de Manuel Camello e Fernando Silva estaba por momentos máis preocupado de protestar que de xogar.

Foi un choque de gran igualdade, que comezaba avisando o Laxe con dúas boas ocasións de Íñigo que salvaba moi ben o meta Alberto. Cambiou o partido coa entrada de Santi Casas na segunda metade (que fixo o seu 6º gol en 4 partidos, e iso que leva só 2 como titular) que permitiu ao cadro laxense sacar perigosas contras. En defensa Bieito estivo moi firme aguantando as embestidas por arriba dos visitantes.

 

Coristanco - Camariñas (18-0)

  • Goleadores: Dani Collazo (2), Cristian (3), Castro (6), Braian (2), Fran (3), Adri e Raúl.

Pouco que contar dun partido no que o Camariñas volvía presentar con apenas 13 homes, e que quedaban con 9 por lesión. Boa ocasión para os puntas coristanqueses para sumar goles.

 

Corme - San Lorenzo (2-1)

  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aigtor, Fran, Eloy Villar, Mauro, Manu Garrido, Manu Bermúdez, Manu Tasende e Javi Bermúdez. Tamén: Roque, Alex Mato, Samu, Miguel e Noel.
  • San Lorenzo: Benjamín, Fidalgo, Fidi, Álex Fernández (Martín, m.46), Iván Cancela, Jose, Pablo (Rubén, m.70), Ivito, Aarón, Martín, Cotelo (Alberto, m.60).
  • Gol: 0-1, m.35: Aarón; 1-1, m.51: Manu Bermúdez; 2-1, m.80: Samuel.
Choque entre Corme e San Lorenzo de xuvenis Choque entre Corme e San Lorenzo de xuvenís

Bo partido no Cairo entre dous dos equipos que estarán na zona alta. Os de Juni intentaban xogar pero non eran quen de facerlle dano a un moi serio Corme. Os de Lelo buscaban con balóns directos á dinamita que teñen arriba cos “Manus”, vencendo sempre en cada segunda xogada.

Comezou marcando Aarón para os de Verdillo, o que fixo que na segunda o Corme saíse máis decidido. E a puntos, os azuis percutiron máis veces, facendo ademais moito dano en xogadas a balón parado, e acabaron remontando.

 

Ponteceso - Soneira (2-3)

Xuvenis do Ponteceso 11 do Ponteceso
  • Ponteceso: Isaac, David Velo, Raúl, Jorge, Aarón, Luca, Pop, Brais, Iván Rodríguez, Mussi e Loureiro. Tamén: Anido, Lucas, Íker, Manu e Josiño.
  • Soneira: Alex, Damián, Esteban, Ángel, Raúl, Pablo, Álex, Fran Moreira, Lucas, Edgar e Brais. Tamén: Sergio, Sebas, Nico, Santi Agulleiro, e Cristian Canosa.
  • Goles: 1-0, m.17: Pop aproveita unha xogada de rexeites tras un córner; 1-1, m.42: Brais; 2-1, m.69: Mussi nun córner; 2-2, m.74: Sergio tras un pase entre liñas de Brais; 2-3, m.87: Sergio aproveita un balón ás costas da defensa para batir no man a man ao porteiro pontecesán.

Partido igualado, moi bonito e disputado, no que o Ponteceso comezaba mandando mantendo o control do balón, como lle soe gustar ao equipo de Gurita, ante un Soneira que esperaba máis atrás e buscaba a contra.

Nun córner adiantábase o cadro local, que fixo unha primeira boa media hora, pero a partir de aí o Soneira foi meténdose en terreo rival e conseguía empatar antes do descanso.

Na segunda parte repetiuse o guión, pero co Soneira xa metido no partido, o dominio do Ponteceso só se traducía en perigo a través de xogadas balón parado. Precisamente volvíase adiantar nun córner. Pero a reaccion do equipo de Roland e Pichón non se fixo esperar e pronto chegaría o empate. Xa no minutos finais, o Ponteceso volcouse polo partido xa con defensa de 3, pero foi o Soneira, nunha rápida contra cun balón longo ao balón ás costas da defensa, o que permitiu que os soneiráns se fixesen coa súa segunda vitoria do curso.

 

Esteirana - Xallas (6-0)

  • Esteirana: Álex de Yi, Chaki, Sergio, Kevin, David, Farinós, Álex de Dina, Benji, Xian, Carajillo e Roberto. Tamén: Dani, David Paus, Rodrigo, Joaquín.
  • Xallas: Fabian, Mourelle, Pablo (Calo), Adrián, Dani, Amarelle, Nando, Calo, Kevin (Brais), Peke, e Guillín.
  • Goles: Roberto (2), Carajillo (3) e Fari (1 de penalti).

Moi xusto aínda está o Xallas de Juan Prado, con 4 cadetes na lista, e mesmo rematando o último cuarto de hora con 9 homes por culpa das lesións. Foi un choque de total dominio esteirán, que souberon ademais aproveitar os erros da defensa xalleira. Así e todo ao descanso apenas Roberto foi quen de traspasar a meta de Fabián en dúas ocasións, deixando o partido algo aberto para a segunda.

Na segunda os de Josiño Alves dominaron con posesións moito máis longas e elaboradas, con moita presencia en campo e área rival, permitindo ampliar a renda ata endosar o set aos xalleiros. Polo menos, foi un partido limpo.

Fotos de Josiño Alves  

Sofán - Baio (1-2)

  • Sofán: Chirstian, Alex Fidalgo, Gabri, Nacho Eirís, Sebas, Eloiy Cabeza, Aarón, Sergio García, Nacho Moreno, David López. Tamén: Alex Docampo, Martín, Sergio Pombo, Nando e Simón.
  • Baio: Julián (Cedrón, m.85), Regueira, Queiro (Martín Romero, m-65), Pablo, Iago, Sergio, Mohedano, Santi (Tinciño, m.80), Damián (Dylan, m.46), Raúl (Ariel, m.75), Anxo.
  • Goles: 0-1, m.52: en propia; 2-0, m.83: David Mohedano; 2-1, m.87: Nacho Eirís.

Partido igualadísimo en Carballo entre dous equipos moi parellos. Saíu o cadro local de Javier Cabeza desconectado, ante un Baio ben prantado, que dominaba territoriamente pero sen haber chegadas claras ás áreas, deixando sen mover o marcador ao descanso.

Volveuse máis rápido o partido na segunda. Anxo avisaba enviando o pau e pronto un gol en propia meta metía aos de MC e Bieito por diante. Non lle perdeu a cara ao partido o Sofán pero o Baio soubo aguantar e ampliar a renda. No treito final o Sofán con xogadas a balón parado, fixo sufrir ao Baio ata o pitido final, pero ao final os baieses puideron estrear o taboleiro de puntos.

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios