Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Xuvenís: Nin o Cabana pode co Ponteceso

Xuvenís: Nin o Cabana pode co Ponteceso
Ponteceso e Cabana fixeron un partidazo-Foto-Caban Ponteceso e Cabana fixeron un partidazo-Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Primeira xornada da segunda volta e tanto Xallas como Ponteceso seguen marcando cifras espectaculares. Esta semana tiña o Ponteceso un partido importante, ante todo un Cabana, e con oficio e pegada, solventaron o trance para marcar un 9 de 9 espectacular. Veremos o derbi da semana que vén ante o Corme. Precisamente Corme Caban están chamando a ocupar esas 2ª e 3ª praza que dan acceso á liguiña dos mellores, pero ollo co Baio, que está moi preto e anda facendo as cousas moi ben

Polo Sur, o Xallas vai sen freos. Tocoulle ao Castriz, que fixo un bo partido no derbi pero non puido co acerto xalleiro. Por detrás mantense o Cee pese a descansar, e a 3ª praza estará pelexada entre Outes, Montelouro e seguramente Fisterra ou Miúdos.

 

Liga Xuvenil Sur, xornada 10

Outes - Os Miúdos (3-0)

  • Outes: Gorgal, César (Serxio), Cutu, David, Brión, Simón, Saúl, Adrián (Sergio Nieto), Santi, Carlos e Fran (Fabio).
  • Os Miúdos: Xandre, Lize, Yerai, Álex, Gael, Airán, Jose, Tajes (Bruno, m.75), Santi(Miguel, m.30), Xavi e Manuel.
  • Goles: 1-0: Santi chegando desde atrás: 2-0: Cutu nunha boa xogada; 3-0: Santi tras un bo pase de Carlos.

Máis balón pero menos ocasións

Igualado partido no que Os Miúdos tiveron máis balón pero menos ocasións debido o gran partido da defensa do Outes. Un cadro da Serra que ademais aproveitou os erros da defensa visitante, que permitiron que os locais se metesen por diante.

Na segunda metade foi un querer e non poder dos visitantes, rematando cun resultado demasiado abultado para o visto no céspede.

Como detalle, e por mor da folga de árbitros da zona de Boiro, tivo que arbitrar un colexiado dende Vigo que adoita ser auxiliar na 3ª División.

 

Xallas - Castriz (4-0)

  • Xallas: Koke (Álex), Cristian, Pablo (Parri), Xoel, Raúl, Alberto, Juanjo, Carlos (Thiago), Anxo, Sergio e Rachón.
  • Castriz: Víctor (Alejandro, m.75), Rubén (Martín G., m.45), Julián, Richi, Javier N. (Brais, m.55), Elías, Balsa (Pastoriza, m.65), Miguel, Luís, Isma (Javier E., m.84) e Álex.
  • Goles: 1-0, m.7: Anxo; 2-0, m.50: Alberto; 3-0, mn.60: Carlos; 4-0,m .80: Thiago.

Unha boa primeira metade do Castriz non valeu

Derbi disputado en Fontenla ante unha gran afluencia de público. Primeira parte moi igualada donde o Xallas púxose diante no marcador moi pronto por medio de Anxo. Pero era o Castriz o que impuña un ritmo moi alto facendo sufrir os locais toda a primeira parte. Crearon perigo os rossoneros pero o balón non quería entrar. Koke tivo que empregarse cunha "palomita" tremenda estilo Paco Buyo a un tiro de falta de Luís, e tamén Balsa tivo a súa oportunidade de marcar pero o balón batiu no longueiro despois dun tiro de zurdazo de fóra da área.

Saiu o Xallas máis enchufado na segunda con gran acerto, e en 15 minutos tiña sentenciado o choque cos goles de Alberto e Carlos. Puido meterse o Castriz no partido pero o tiro de Ismael saiu fóra. Dende aí ata o final ante o baixón físico do Castriz dominou o Xallas, facendo Thiago o 4-0 final.

 

Fisterra - Montelouro (1-2)

  • Fisterra: Aarón, César, Ángel (Breixo), Juanfran, Fabián, Gabi da Anchoa, Dani, Papin, Asier, Gonzalo e Iván (Pichino).
  • Gol: 0-1,m.20: Luís a pase de Juan de Celia; 1-1, m.55: Asier; 1-2, m.75: Anxo.

A pegada loureá

Partido muí igualado con dous estilos diferentes. Un Fisterra probando con toques en corto e un Montelouro máis directo, buscando as costas da defensa verde.

Adiantábase o Louro nos primeiros minutos despos de aproveitar un erro da defensa. Faría ocasións o Fisterra para empatar pero non materializou, se ben o cadro visitante tamén tivo contras importante para ampliar a renda antes do descanso.

Xa na segunda parte, co mesmo guión, Asier empataba pronto. E cando mellor estaba o Fisterra, un erro nun pase na defensa deixaría a Anxo só para facer o 1-2. O Louro botouse a atrás e o Fisterra tivo varias para empatar pero os loureáns aguantaron con fe e algo de sorte.

 

Esteirana - Corcubión (6-4)

  • Esteirana: Álex de Yi; Eloy (Damián), Anxo, Chaky, David Neira (Manu); Pachi (Carajillo), Rubén, Xian, Áxel (Antonio); Manu de Yi (Fran) e Íker
  • Corcubión: Maikel, David Isma, Oca, Porto, Senra, Rama, Samuel, Germán, Breixo e Gabi Golpes. Tamén xogaron: Dani, Carlos, Joselu e Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.25: Íker; 2-0, m.38: Manu de Yi; 2-1, m.44: Rama; 2-2, m.54: Breixo; 3-2, m.60: Rubén; 4-2, m.66: Carajillo; 4-3, m.69: Oca; 5-3, m.72: Carajillo; 5-4, m.73: Rama; 6-4, m.84: Carajillo.

Empacho de goles na matinal do domingo no Xosé Luis Vara, nun partido moi divertido para o espectador entre dous equipos da zona baixa. Chegaban os corcubioneses algo durmidos, se cadra por mor das horas matutinas, e botando de menos ao meta Mesejo, que era baixa e obrigaba ao defensa Maikel a poñerse baixo paus.

Comezaba o encontro con ritmo, e pronto terían ámbolos equipos boas ocasións para adiantarse no marcador. Avisaba primeiro a Esteirana, cunha boa contra na que Íker acabaría rematando ao pau. Respondía o Corcubión, dispoñendo de dúas claras ocasións de gol en sendos man a man, saíndo vencedor o porteiro esteirán en ambos duelos. Mediado o primeiro tempo chegaba o primeiro gol, nunha xogada por banda dereita, Íker recibe no interior da área, záfase de dous contrarios e envía o balón con suavidade ó fondo das mallas. Nestes compases de encontro era a Esteirana o equipo mellor prantado no terreo de xogo, con maior dominio do balón. Froito dese dominio chegaba o segundo tanto roxazul. Unha recuperación en medio campo deixaba a Manu de Yi nun un para un co central corcubionés, do que se vai polo seu lado bo, resolvendo cun disparo cruzado ante a saída do porteiro. O Corcubión non tiraba a toalla, e antes do descanso recurtaba distancias nunha boa xogada combinativa, que finaliza Marcos dun bo disiparo raso, deixando o partido totalmente aberto de cara á segunda metade.

Saíu o Corcubión disposto a acadalo empate, e tras un erro da zaga local Breixo aproveita o desconcerto para anotar o segundo gol corcubionés. Os primeiros intres da segunda metade eran de clara cor branquiazul, e cando máis asentado estaba o conxunto visitante chegou o terceiro gol local. Rubén atopábase cun balón morto a 30 metros da portería, golpea o balón ca alma e envía un zambombazo que se cola por toda a escadra, poñendo ós de Esteiro en vantaxe. O partido era un auténtico "toma e daca", con continuas chegadas de perigo por ambos bandos. O cadro local anotaba o cuarto tanto tras unha gran xogada de Íker por banda esquerda, na que gaña a liña de fondo e envía un centro preciso ó segundo pau, que Carajillo non desaproveita cun remate de cabeza picado, collendo a contrapé ó gardamallas corcubionés. Negábase a dar por vencido o conxunto visitante, e Samuel volvía a darlle emoción ó partido anotando cun disparo lonxano que collía a Álex lixeiramente adiantado. Minutos de verdadeira loucura, ritmo frenético e intercambio de golpes constantes. Carajillo volvía a anotar aproveitando un balón longo á espalda da defensa que resolve de primeiras cun bo tiro cruzado. Tralo saque de centro era o turno do Corcubión, que poñía o 5-4 no taboleiro por medio de Carlos, que ante a pasividade da defensa local, bate a Álex de tiro raso. Pouco despois, Carajillo poñía fin ó combate completando o seu "hat-trick" e erixíndose coma o gran protagonista do partido, e cerrando así a gran fin de semana do xogador cadete, que o día anterior anotara o gol da victoria no derbi fronte ó Outes.

Partido moi divertido para o afeccionado, pero como se soe decir nestes casos, un deses partidos que pouco gustan ós adestradores. Victoria do conxunto esteirán que afunde ó Corcubión na clasificación.

 

Liga Xuvenil Norte, xornada 10

Coristanco - Camariñas (3-5)

  • Coristanco: Alberto, Suso (Eloy, m.60), Varela, Javi (Jorge, m.46), Álvaro; Dani, Corral, Adrián, Iván Villar; Gabriel e Anido.
  • Camariñas: Brais B., Barreiro, Brais, Pablo M., Facundo, Pablo S., Chicote, Joseba, Álvaro (Juanito, m.75), Gabriel e Adrián.
  • Goles: 1-0, m.3: Anido; 1-1, m.10: Adrián; 1-2, m.13: Adrián; 2-2, m.15: Gabriel; 2-3, m.43: Adrián; 3-3, m.74: Gabriel; 3-4, m.75: Chicote; 3-5, m.80: Adrián

Festival de goles… de Adrián

Chegaba o Camariñas de Javi Baña con 11 xustos máis Juanito, con apenas 14 anos. Pero comezaba o partido de poder a poder. En apenas 15 minutos 4 goles xa subiran ao marcador, pegando un e outro equipo cos atauques superando ás defensas. Era Adrián Bardanca, o gran protagonista do partido cos seus 4 tantos, ben asistido por Chikote e Joseba, o que deixaba aos visitantes en vantaxe cun gol ao fío do descanso.

Saíu o Coristanco con fortaleza na segunda, disposto a igualar. Tardou en conseguilo Gabriel pero un minuto despois aparecía Chikote para poñer de novo ao Camariñas por diante, e 5 minutos despois o mesmo Adrián sentenciaba o partido.

 

Zas - Corme (2-2)

  • Zas: Hadrián, Boli (Damián, m.35), Rubén (Dani Mato, m.46), Brais, Ternande, Manu (Andy, m.72), Adrián (Pedro, m.66), Álvaro, Manu Laxe, Elías e Andrés.
  • Corme: Fran, Ángel, Cris, Aitor, Martín, Eloy, Bruno, Isaac, Manu Bermúdez, Javi e Kike.
  • Goles: 0-1, m.30: Manu Bermúdez aproveita un erro defensivo; 1-1, m.50: Andrés a centro de Adrián; 1-2, m.70: Isaac aproveita outro erro da defensa zaense; 1-1, m.73: Dani Mato.
  • Expulsión: o local Elías no m.41.
Zas- Corme Xuvenis-Foto-Fin Lema Zas- Corme Xuvenis-Foto-Fin Lema

Coa cabeza noutra parte

Chegaba o Corme con baixas a Zas, se cadra coa cabeza pensando no derbi da vindeira semana, clave para saber se o veciño escapará definitivamente. E non estivo fino ante un Zas moi ben colocado, que fixo un dos mellores partidos da tempada, a pesar de quedar con 10 moitos minutos.

Comezou o Zas moi forte, saíndo con criterio, tendo ocasións como dous mans man de Elías e Manu Laxe ou un córner que rematou só Manu. Pero era o Corme o que se adiantaba aproveitando un erro defensivo. Quedaba con 10 ademais o Zas antes do descanso.

Parecía que o Corme tiña o partido de cara pero o Zas saiu moi ben na segunda arriscando máis. Adrián entraba por banda e centraba para que Andrés conseguise empatar. Non se atopaba o Corme a si mesmo, pero si atopou outro regalo que non desestimou e se volveu meter por diante, pero o Zas non lle perdeu a cara ao partido e Dani Mato, en xogada individual, conseguía unha xusta igualada.

Zas- Corme Xuvenis-Foto-Fin Lema 2 Zas- Corme Xuvenis-Foto-Fin Lema 2  

Porteño - Baio (1-2)

  • Porteño: Alex, Antonio (Raúl, m.46), Gonzalo (Conde, m.35), Toxo, Manuel (Josiño, m.46), Álvaro, Mario, Matías (Rubén, m.80), Oli, Porto e Fabio (Martín, m.46).
  • Baio: Julián, Fran G., Michi (Cristian, m.60), Álex F., Jose Antonio, Sergio, Javier Muíño, Estefan, Luís Eiroa, S. Moreira (Regueira, m.60) e Anxo (Alberto,m.75).
  • Gol: 0-1, m.20: S. Moreira; 0-2, m.40: Luís Eiroa; 1-2, m.75: Martín.

Reacción tardía dos locais

O tan cacareado verán de San Martiño acompañou os dous equipos na tarde do sábado no recinto da Grixa. A verdade é que a tarde era máis propia da primavera que do outono, o que animou a xente a acudir o encontro e animar os rapaces de un e outro equipo.

Saíron os dous equipos dispostos a dalo todo na procura dos tres puntos. Nesta primeira parte impúxose o equipo visitante, que xa gozou de boas oportunidades para adiantarse no marcador nestes primeiros minutos, cousa que conseguiu por medio dun remate de media distancia de Santi Moreira.

Non se arredou o Porteño e a pesar de que o Baio ía en busca do segundo gol, os locais tamén querían o empate, que puideron conseguir nun 1x1 do seu dianteiro que solventou Julián cunha excelente parada. Acción determinante xa que a continuación logrou o Baio o segundo gol por medio de Luís Eiroa nun libre indirecto dentro da area local.

Chegouse o descanso cos dous goles favorables os visitantes, que puideron ser máis.

Na segunda parte, a expulsión dun xogador visitante nos primeiros minutos desta ,determinou o guión que acontecería a continuación, cun Porteño que se veu arriba na procura de reducir distancias, pero que, unhas veces a falta de puntería e outras as boas accions defensivas do CD Baio encabezadas polo porteiro Julián, daban ao traste co obxetivo local.

Aínda así, o Porteño conseguiu marcar o 1-2 a falta de 15 minutos, pero o equipo visitante soubo sufrir, e sacar os tres puntos salvando varias ocasións dos locais para empatar. O colexiado non estivo moi fino.

 

Ponteceso - Cabana (2-1)

Ponteceso e Cabana apoiando ao Cerco -Foto-Cabana Ponteceso e Cabana deixaron unha fermosa imaxe apoiando ao Cerco -Foto-Cabana
  • Cabana: Darío, Martín, Ferreiro, Alberto, Bieito, Mateo, David Muíño (Santi), Nando (Óscar), Juián, Reigía, Carlos.
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Villar (Mini Chema, m.32), Jorge, Ismail; Yago (Gabi, m.88); Diego Cacha; Alberto (Luca, m.61), Jose Ángel (Busto, m.80), Aday (Lucas, m.70) e Eloy.
  • Goles: 1-0, m.2: Eloy nunha xogada un tanto embarullada dentro da área; 1-1, m.68: Alberto de penalti cometido sobre Óscar; 1-2, m.81: Eloy finaliza perfecta unha gran asistencia de Cacha.
  • Expulsión: Ismail (m.68).
  • Lesión: o pontecesán Villar levou un golpe e tivo que ser sustituído por mareos pasou polo centro médico. De momento quedou non susto.
Ponteceso-Cabana-Xuvenil-Foto-Cabana 2 Ponteceso-Cabana -Foto-Cabana

Partido dos que fan afección

Menudo partido o vivido no Pinguel que ratifica ao Ponteceso como candidato a todo. En fronte, un Cabana que viña na segunda praza co Corme, que prantou cara e sacou as súas mellores armas para sacar algo positivo ante un líder que tamén tivo que empregarse a fondo. Partido especial para un Fernando hoxe á fronte do cadro pontecesán, pero na canetira cabanesa durante as pasadas tempadas.

O acerto cara gol foi clave para que os puntos quedasen no Pinguel, se ben foron os locais os que levaron o peso do partido mesmo cando quedaron cun menos, gracias ao partidazo dun gran Cacha e non menos grande Eloy. En fronte, un Cabana moi ben armado cun rigor táctico fantástico, defendendo ben, saíndo á contra e intentando aproveitar xogadas a balón parado.

Empezou gañando o cadro pontecesáns cun gol tempraneiro, pero a primeira metade mantivo o guión e os dous equipos non se descompuxeron. Comezou a segunda cun Ponteceso máis atascado ante a defensa cabanesa, e un penalti de Ismail e a súa expulsión deixaba o partido máis que aberto. Pero o Ponteceso soubo manterse con 10, ben en defensa e con Cacha, Yago e Eloy tirando do equipo.

Quedaban 10 minutos cando Eloy facía o segundo e puido caer o terceiro xa co Cabana volcado.

Ponteceso-Cabana-Xuvenil-Foto-Cabana Ponteceso-Cabana--Foto-Cabana  

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios