Xuvenís: O Corme, a un paso do título


A xornada do día 7 de abril pode ser unha xornada moi importante. Podería alzar o título o Corme e San Lorenzo e Fisterra xogaranse boa parte das súas opcións de meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega.
Xornada sen sorpresas esta fin de semana na Liga Unificada Xuvenil, na que os 3 de arriba non fallaban (tócalle descansar á Esteirana). Vencía o Corme a un eternamente mermado Coristanco por un set a cero. Vencía o San Lorenzo, non sen algo de dificultade ante o cadro dos Miúdos. Vencía tamén o Fisterra pero sufría, aínda máis ante un potente Cabana no que foi o partidazo da semana.
Quedan 4 (máis a que se xogará esta Semana Santa, que xa ten os horarios actualizados e que se desenvolverá entre hoxe mesmo, martes, e o xoves). E o Corme está a un paso de ser campión. Seguramente non será esta fin de semana na xornada aprazada, pois tócalle descansar. Poderá ser o 7 de abril no Cairo.
En todo caso, a gran atención segue estando na loita pola promoción. San Lorenzo e Fisterra teñen 63 puntos, polos 58 da Esteirana. Pero a Esteirana ten un partido menos, polo que a diferencia podería reducirse a dous. COmo veíamos na análise da situación hai un par de semanas, podería mesmo darse varios empates, tendo aíndapendente un só choque directo: San Lorenzo-Fisterra do mesmo 7 de abril.
O Partido da semana: Fisterra - Cabana (4-2)
- Fisterra: Jose Carlos, Cristopher, Diego (Isaac, m.70), Ángel, Juanfran (Ayoze, m.75), Manu, Pichino (Rui, m.55), Ezequiel, Iván Escarís (Gabi, m.20), Aaron e Dani (Xan Xixo, m.85).
- Cabana: Roberto (Marcos), Yago (David), Pipa, López (Álex Fraga), Dani, Samuel (Rubén Veloso), Nando, Castro, Alberto, Manuel, Rubén Reigía.
- Goles: 1-0 Dani de penalti que el mesmo provocaba: 1-1: Rubén a pase de Castro; 2-1: Aarón nun rexeite na área; 3-1: Ezequiel; 3-2: Rubén; 4-2: Isaac de cabeza.

Partido moi tolo, de ida e volta e sen ningún control, máis igualado do que sinala o marcador. Comezaba cun gol tempraneiro dos locais, pero pronto o Cabana empataba co Fisterra tendo un menos no campo pola lesión de Iván Escarís (que ía ir coa Selección sub 15 ao Campionato de Xinzo). Alternábanse os golpes cun Cabana moi afiado pero era o Fisterra o que volvía marcar aproveitando a lesión de Yago, antes do descanso.
Tiña o Cabana un córner que rematou Alberto e un remate de Manuel aos que respondía José Carlos.
Comezaba o Fisterra algo máis serio na segunda, con máis control, e nun córner marcaba o terceiro. Pero o Cabana volvía meterse no partido nun gol protestado polos locais por posible fóra de xogo. O partido estaba nun pano, e Castro, Manuel, Rubén e Alberto tiveron ocasións para o empate. Pero a entrada de Isaac e Ayoze metía máis candela para o cadro verde que volvía irse arriba, e nunha contra sentenciaban.

Novas relacionadas
- Análise da liga xuvenil: emoción pola 2ª plaza.
- Falamos con Lelo, o míster do Corme, líder sólido en xuvenís.
- Esteirana, unha prolífica canteira.
- Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.28: San Lorenzo e Fisterra non desperdician o descanso da Esteirana.
- X.27: O Cairo deixa como foco principal a loita pola 2ª praza.
- X.26: Blaugrana, vermello ou verde:
- X. 25: Esteirana, San Lorenzo e Fisterra non recúan.
- X.23: A loita está na segunda praza.
- X.21: San Lorenzo – Corme (1-2): O título xuvenil case ten dono.
- X.19: Ata o último suspiro:
- X.18: O Corme saca a furia goleadora e marcha.
- X.17: O Corme remata líder e Santi Casas pichichi tralo remate da primeira volta.
- X.16: Fisterra e San Lorenzo aférranse ao líder.
- X.14: Escapa o Corme.
- X.12: Fisterra e Corme escapan ante os tropezos dos perseguidores.
- X.11: Un cuarteto apretando ao líder.
- X.10: Cabana e San Lorenzo amosan as súas credenciais.
- X.9: O Ponteceso frea á Esteirana e deixa ao Fisterra só no alto da táboa (e Táboa de PICHICHIS.
- X.8: Esteirana e Fisterra pegan un estiró.
- X.7: A xornada do xoves deixa á Esteirana líder da Liga Unificada Xuvenil.
- X.6: Só queda un invicto.
- X.5: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais:
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).