Xuvenís: O Ponteceso frea á Esteirana e deixa ao Fisterra só no alto da táboa
Primeira derrota da tempada da Esteirana no Pinguel ante un Ponteceso que parece que vaise metendo en competición, pero aínda lonxe dos postos de cabeza. Unha cabeza que comanda agora o Fisterra, que segue ao seu tras vencer ao Camariñas. Por detrás, Corme e San Lorenzo tamén veñen moi fortes, destacando tamén o papel dun Cabana moi mellorado.
Por abaixo, primeira vitoria do Muxía, quedando só o Xallas sen estrear o taboleiro de puntos.
Ollo á táboa de goleadores cando levamos 9 xornadas…
O xogador do Sofán David López Ruibal está pichichi da Liga Xuvenil- David López (Sofán): 20 goles
- Castro (Coristanco): 14 goles.
- Santi Casas (Laxe): 13 goles.
- Fran Moreira (Soneira): 12 goles.
- Samuel Costa (Corme): 10 goles.
- Simó Collazo (Cabana): 10 goles.
- Carajillo (Esteirana): 10 goles.
- Saulo Pose (Corcubión): 9 goles.
- Anxo Viguerete (Baio): 8 goles.
- Jaime García (Esteirana): 8 goles.
- Aarón Lobelos (Fisterra): 8 goles.
Muxía - Outes (3-1)
- Muxía: Liñeiro, Roi, Marce, Cheo, Vilela, Louzán, Xan, Evaristo, Raúl, Pablo (Mario) e Rodri.
- Outes: Antón, Fabián, Christian, Joel, Cartucho, Ryan (Siro, m.72), Marta, Alberto, Rubén, Ángel e Canoa.
- Goles: 1-0, m.55: en propia; 1-1, m.65: Canoa; 2-1, m.72: Evaristo; 3-1, m.81: Mario.
Continúa a mala serie de partidos do equipo da Serra (aínda en proceso de recuperación de efectivos), que permitiu que o Muxía sumase a súa primeira vitoria da temporada. Os de Romaní foron superiores, a pesar de comezar con moitos nervios.
Comezou adiantándose o Muxía con fortuna cun gol en propia meta á saída dun córner. Pero o Outes reaccionaba e empataba pronto. Foi nos últimos 15 minutos nos que o Muxía atopou o premio cun par de boas xogadas á contra que deixaron os puntos no novo Arliña.
Fisterra - Camariñas (6-3)
- Fisterra: J. Carlos, Sergio, Rui, Ángel (Puyol, m.70), Diego (Benlloch, m.46), Pichino, Manu, Miguel (Juanfran, m.65), Iván (Ezequiel, m.80), Dani e Aarón.
- Camariñas: Sergio; Facundo, Brais, Eric, Anxo; Joseba, Juanito (Manuel, m.55), Fran, Cristian, Mario e Adrián Bardanca.
- Goles: Iván Escarís (3), Aarón (2) e Marcote para o Fisterra. Adrián Bardanca (3) para o Camariñas.
Con apenas 12 xogadores se presentaba o Camariñas de Saviola ante un dos líderes. E comezaron gañando cun gol de Adrián Bardanca de penalti, e durante os primeiros 20 minutos aproveitaron que os fisterráns saíron moi confiados e crearon perigo en varias contras.
Tardou en entrar, pero entrou no partido o cadro de Pablo Lestón, que ao descanso xa mandaba por 4-1 gracias á aparición de Iván Escarís, cadete de primeiro ano, que fixo 3 goles no primeiro tempo e foi o mellor do partido.
Na segunda controlou máis o partido o Fisterra ata que marcaron o 6º e así volveron pecar de exceso de relaxación que lle permitiu a Adrián Bardanca sumar un triplete.
Soneira - Laxe (4-2)
- Soneira: Christian, Esteban, Ángel, Raúl, Pablo Castro, Alex, Fran Moreira, Sebas, Nico, Brais e Cristian Canosa. Tamén: Damián, Sergio, Lucas, Edgar e Santi.
- Laxe: Pablo,, Borja, Julián, Juanili, Edu, Álvaro, Iago, Miguel, Íñigo, Valentín, Santi Casas. Tamén: Iván e Jesús.
- Goles: 0-1, m.23: Santi Casas; 1-1, m.35: Brais de penalti; 1-2, m.61: Santi Casas; 2-2, m.63: Sergio; 3-2, m.73: Sergio; 4-2, m.89: Edgar de penalti.
Bo partido, con alternativas o vivido en Vimianzo, cun Laxe que se sobrepuña ás baixas e comezaba pegando primeiro, como non da man de Santi Casas. O Soneira, fiel á súaidea de fútbol combinativo, controlaba o esférico pero sen demasiada produnfidade. Pouco a pouco íase metendo no partido e a primeira pena máxima da tarde permitíanlle empatar aos soneiráns.
Santi Casas, moi vixiado polos locais (e ás veces parado en falta segundo os visitantes), repetía o guión na segunda metendo por diante aos de Dani Argüelles e Martín Carrabete, pero un doblete de Sergio permitía a remontada dos de Roland e Pichón. Fran Moreira desperdiciaba dúas ocasións de gol moi boas pero o Laxe estivo metido no partido ata o pitido final, cando sentenciaba Edgar de novo dende os 11 metros.
Corme - Corcubión (5-1)
- Corme: Lucas, Pandi; Brais, Aitor, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Alex Mato, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Noel, Ángel, Roque, Miguel e Martín.
- Corcubión: Marcos, Alex Agulleiro, Antonio, Xulián, Hugo, Jon, Luís Lojo, Sauelo, Sergio, Carlos e Brais. Tamén: Nico e Abel.
- Goles: 1-0, m.5: Manu Tasende; 2-0, m.16: Alex Mato; 3-0, m.22: Manu Bermúdez; 3-1, m.38: Brais Lagoa; 4-1, m.50: Manu Bermúdez; 5-1, m.75: Manu Bermúdez.
Deu para pouco a visita do Corcubión a Corme, pois os locais xa mandaban 3-0 en apenas 20 minutos. Parecía que se emtían no partido os de Carlos Lema antes do descanso co gol de Lagoa, pero Manu Bermúez ocupouse de sentenciar nada máis comezar a segunda metade para os de Lelo.
Cabana - Sofán (4-2)
- Cabana: Roberto (Marcos), López (David), Pipa, Dani, Rubén, Alberto, Castro, Breo, Simón (Pablo Villar), Manuel (Samuel) e Yago (Pablo Aldao).
- Sofán: Artom, Alberto, Alejandro, Juan Bello, Nacho Eirís, Aarón, Eloy Cabeza, Diego, Sergio García, Nacho Moreno e David López. Tamén: Sergio, Christian, Simón, Padín e Docampo.
- Goles: 1-0, m.9: Manuel aproveita un erro da defensa; 2-0,m .18: Simón marca un golazo tras unha boa xogada colectiva; 3-0, m.40: Rubén de centro chut; 4-0, m.42: Manuel aproveita outro erro; 4-1, m.71: Sergio; 4-2, m.73: David López.
Media hora de completo dominio cabanés foi suficiente para finiquitar o choque. Os de Fernando saíron moi enchufados, e aproveitaron os erros dos visitantes durante a primeira metade para marchar cun clarísimo 4-0.
Os de Javier Cabeza cambiaron a actitude na segunda metade, metendo ao Cabana no seu campo, reducindo distancias e mesmo metendo medo no cadro cabanés.
O Cabana celebrou a vitoriaSan Lorenzo - Coristanco (4-2)
- San Lorenzo: Darío, Fidi, Eloy, Álex Fernández, Fidalgo (Esteban, m.70), Pablo, Martín (Ivito, m.55), Jose, Álex Rodríguez (Brais, m.60), Aarón (Alberto, m.65) e Iván Cancela (Cotelo, m.80).
- Coristanco: Cancela, Esteban, Cambón, Sebas, Varela, Dani, Rr, Braian, Castro, Black e Fran. Tamén: Arturo, Álvaro, Cristian, Iago e Ezequiel.
- Goles: 1-0, m.20: Iván Cancela nun tiro case sen ángulo que se colou pola escadra; 1-1, m.41: Braian de cabeza nun córner; 1-2, m.43: Braian de cabeza nun córner; 2-2, m.48: Martín; 3-2, m.54: Álex Fernández; 4-2, m.83: Cotelo cun lanzamento dende 45 metros.
Partidazo entre dous equipos que buscaron a vitoria en todo momento. Tanto os de Juni como os de Eloy non deixaban saír combinando e subían a primeira liña de presión, obrigando a sacar bastante balón longo. Sen un dominador claro, era o cadro local o que se adiantaba no ecuador do primeiro tempo tras varias internadas por banda.
Colleu o mando o cadro verde e foi o capitán Braian o que aproveitou un par de xogadas a balón parado para darlle a volta ao marcador antes do descanso.
Á volta de vestiarios o San Lorenzo deu un paso a diante e se volcaron cara a portería contraria, atopando os goles de Martín e Álex Fernández ós poucos minutos, ante un Coristanco ao que, de repente, non lle saía nada. Eran minutos nos que os locais dominaban os segundos balóns, os saltos de cabeza, e mesmo chegaban con facilidade á área coristanquesa. Os goles foron un mazazo para o Coristanco e o San Lorenzo pasou a dominar o resto do partido, ante un Coristanco que o intentou pero que non tivo forzas.
Ponteceso - Esteirana (2-0)
- Ponteceso: Damián, Brais, Raúl, Aarón, Jorge, Luca, Pop, Josiño, Loureiro, Moussi e Iván Rodríguez. Tamén: David Velo, Isaac, Anido, Adrián e Íker.
- Esteirana: Dani, Kevin, Sergio (Joaquín, m.56), Chaki, Alex de Dina, David Pais, Farinós, Juan (Rodrigo, m.60), Carajillo, Xian e Jaime (David, m.50).
- Goles: 1-0, m.88: Luca nunha falta lateral colgada por Iván; 2-0, m.89: Loureiro en xogada individual.
Auténtico partido de poder a poder entre un Ponteceso chamado a estar moito máis arriba do que está, e unha Esteirana que chegaba invicta ao Pinguel. Foi un choque moi bonito, que comezaba moi igualado con ocasións para ambos equipos, cun Ponteceso algo máis mandón, e tiveron varias ocasións a balón parado e en xogada. Tardou en entrar pero aos 20 minutos a Esteirana xa é o equipo que acostuma, chegando máis pero sen demasiada profundidade.
Comezou a Esteirana dominando a segunda, pero o Ponteceso subía unha marcha sobre todo despois da lesión de Jaime, clave para o devir do partido, ante o que os esteiráns consideran que foi pola permisividade arbitral. Xa non se meteu no partido o equipo de Josiño pero os de Gurita non estaban acertados ante as ocasións que xeraban. Despois dun man a man do punta esteirán, e xa case co tempo cumplido, conseguían romper a igualada, endosando así a primeira derrota ao cadro blaugrana.
Xallas - Baio (1-9)
- Xallas: Fabián, Nando, Pablo, Dani (Héitor, m.46), Kevin Peke, Guillin, Calo (Brais, m.46), Fabián, Mourelle e Manu (García, m.60).
- Baio: Julián (Cedrón, m.46), Iago, Jose (Raúl, m.60), Pablo Queiro, Martín Romero (Damián, m.50); Sergio, Dylan (Tinciño, m.60), Santi (Ariel, m.60); Mohe, Anxo e Regueira.
- Goles: Guillín de penalti polo Xallas; Mohe (2), Anxo (2), Dylan, Santi, Sergio, Raúl e Martín polo Baio.
Vai recuperando efectivos o Xallas de Juan Prado pero saíron desta volta demasiado descentrados, e xa recibían o primeiro gol no primeiro minuto e marchaban 1-4 ao descanso. Destacar o partido de Anxo, xa entre os pichichis da liga, e o primeiro gol de Tinciño polo cadro de MC e Bieito.
Novas relacionadas
- Esteirana, unha prolífica canteira.
- Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.8: Esteirana e Fisterra pegan un estiró.
- X.7: A xornada do xoves deixa á Esteirana líder da Liga Unificada Xuvenil.
- X.6: Só queda un invicto.
- X.5: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais:
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).