Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada

Xuvenís: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada
Xuvenís: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada O San Lorenzo xuvenil, oficialmente As Pedreiras Xuvenil, estreou categoría con goleada A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Arrincou a Liga Xuvenil este pasado sábado con 9 partidos en liza. Moitos cambios nos banquiños e varios equipos novos (con algunha que outra baixa de última hora que obrigou a cambiar o calendario ata 4 veces), entre os que cómpre destacar a actuación dun San Lorenzo, que oficialmente leva o nome das Pedreiras, que se estreaba cunha goleada ante un Zas plagado de baixas. E ollo, este sábado ás 18:30h no Carral, primeiro derbi da historia da categoría entre Sofán e San Lorenzo.
E seguindo polo Norte, o Laxe tamén estreaba categoría cunha impresionante remontada, e o Corme demostrou que, un ano máis, vai estar na zona noble.

Polo Sur, ao sempre favorito Xallas, uniuse o Outes como únicos equipos que acadaron vitoria.  

Grupo Sur

EquipoAdestrador
EsteiranaPablo Serrano
XallasDani Calvete
OutesManu Roque e Jorge Carou
CeeCarlos Pazos
CorcubiónCarlos Lema
FisterraJosé Manuel "Eskío"
Os MiúdosFernando Silva
MuxíaLuís Romaní
MontelouroOscar Leis
 

Xallas - Muxía (3-1)

  • Xallas: Koke, Xisco (Héitor), Pablo, Alberto, Raúl (Brais), Fran (Peke), Juanjo, Rachón (Cambón), Thiago, Grille (Martín) e Carlos.
  • Muxía: Hugo, Fran, Vilela, Gusa, Juan, Cristian, Rodri, Tomás, Toja, Marce e Mario. Tamén xogaron: Aitor, Ivi, Xan e Ánder.
  • Goles: 1-0: Rachón a pase de Thiago: 1-1: Tomás de bo tiro desde a frontal; (descanso); 2-1: Carlos de bonita vaselina; 3-1: Thiago de corner de estrategia.

Arrincou forte o novo Muxía de Luís Romaní, na súa reestrea na categoría. A primeira parte foi moi igualada cun Muxía imprimindo un ritmo moi alto, apretando moi ben arriba, sen deixar ao Xallas salir co balón xogado, saíndo á contra e mesmo marrando un par de boas ocasións de Mario Romaní que cruzaba demasiado o balón diante do porteiro local.

Nun erro defensivo Rachón abría o marcador para o cadro de Dani Calvete, que volve ser favorito para facerse co título e ascenso.Coke tivo un par de mans a mans que non puido resolver ante Hugo, pero o Muxía non decaía e pouco despois Tomás acada un xusto empate co que marcharon os dous equipos ao descanso.

Na segunda o Muxia baixou o ritmo. Pagou o desgaste físico e o comezo de tempada e o Xallas tomou o control total do balón e do partido. Carlos e Thiago metían en vantaxe aos xalleiros, pero contra o final a relaxacion do resultado fixo temblar a porta verde cedendo de novo dúas ocasions claras para o Muxia.

 

Montelouro - Corcubión (1-1)

  • Montelouro: Joaquín, Adrián Caamaño, Antonio, Sergio, Jose, Adri, Fran Tajes, Axel, Ángel, Alexis e Martín. Tamén xogaron Felipe, Xaco, Aarón.
  • Corcubión: Abel, Antonio, Oca, Mesejo, Carlos, Miguel, Samu, Juan, Cristian, José Ángel e Luis Lojo. Tamén xogaron: David e Javi.
  • Goles: 0-1, m.70: Luis Lojo; 1-1, m.80: Adrián de penalti cometido sobre Axel.

Partido malo, sen ritmo, con moita calor, cunha primeira igualada, con poucas ocasións, máis unha de Miguel á cruceta de falta para os visitantes. Adiantou Luís Lojo aos de Carlos Lema cando faltaban 20 minutos, pero os de Óscar Leis reaccionaban, empataban e aínda tiveron os loureáns un par de ocasións para levar o partido, como un tiro ao pau de Jose. Xusto empate en Aga da Filgueira.

 

Os Miúdos - Fisterra (1-1)

  • Os MIúdos: Gabri, Xian, Isma, Flavio, Alberto (Toni, m.61), José, Josiño, Javier (Bruno, m.70), Gesto (Airán, m.54), Xavi e Gael.
  • Fisterra: Aarón, César, Andrés, JF, Cristopher (Sergio), Pichino, Golpes, Manu, Asier (Alex), Aarón e Dani (Ezequiel)
  • Goles: 1-0, m.3: Asier aproveita un rexeite; 1-1, m.15: Javier de cabeza nun córner.

Partido típico de inicio de temporada, polas moitas imprecisións tanto no pase como no tiro a portería. Adiantouse pronto o equipo de Eskío, pero o cadro muradán, este curso ás ordes de Fernando Silva, empataron pronto nun de Javier de cabeza.

Baixou o equipo visitante na segunda metade mentres o Fisterra amosouse máis enteiro, controlando o balón, dominando e buscando a portería rival ante uns Miúdos que esperaban atrás, e non permitían grandes ocasións.

 

Outes - Esteirana (4-1)

  • Outes: Alex (Siro), Alberto (Brais), Joel, Gorgal, Hortas, Saúl, Adán (Sergio Nieto), Simón, Fabio, Adrián (Fran) e Serxio (Torpucho).
  • Esteirana: Alex de Yi (Dani), David, Chaki, Anxo, Xian, Rubén, Fari, Carlos Carajillo., Iker e Pachín.
  • Goles: 1-0: Serxio; 2-0: Simón; (descanso) 3-0: Serxio: 4-0: Adrián; 4-1: Xián.

Partido máis igualado do que di o marcador, con dous equipos moi parellos no campo, pero o acerto dos da Serra, e a súa maior intensidade, foron claves para decantar o partido para os de Manu Roque. De feito, ata marraron un penalti os esteiráns, este ano dirixidos por Pablo Serrano.

 

Grupo Norte

EquipoAdestador
PontecesoGurita
Corme Lelo
Camariñas Faus
CoristancoEloy
CabanaFernando
BaioRoberto Lozano
LaxeToni
ZasMartín
As PedreirasRudi
SofánJavier Cabeza
 

Corme - Cabana (3-2)

  • Corme: Fran, Pandi, Angel, Aitor, Javi, Martín, Mauro, Manu Tasende, Cristian, Manu Bermúdez e Anxo. Tamén: Lucas e Noel.
  • Cabana: Darío, David (Martín), Rubén, Steven, Alex López (Kevin), Breo, Julián, Ferreiro, Alex Lema (Roberto), Alberto (Veiga) e Yago (Fernando)
  • Goles: 1-0: Mauro; 2-0: Mauro; (descanso); 2-1: Steven de media chilena; 3-1: Manu Tasende; 3-2: Ferreiro.

Partido tremendamente igualado, ben bonito e desputado, con alternativas no xogo. Comezaba o Cabana máis arriba, chegando e perdoando, pero o Corme, sempre serio en defensa, en canto colleu o ritmo en ataque anotou dous goles seguidos ao fío do descanso.

Comezou o Cabana de novo mellor na segunda metade, indo polo partido, pero en canto recurtaba Steven, deixando o empate a tiro, Manu Tasende facía o terceiro para o Corme e ampliaba de novo a renda. Non decaeu o Cabana que xa case co tempo cumplido recurtaba distancias por medio do capitán Ferreiro. Aínda tiveron o empate os cabaneses pero dous postes de Ferreiro e Breo priváronnos do empate.

 

Pedreiras - Zas (5-1)

  • As Pedreiras: Benjamín, Pablo (Álex), Andrade, Fidalgo (Ángel), Kuki, Eloy, Jose, Iván (Alberto), Cotelo, Brais (Diego) e Aarón (Rubén).
  • Zas: Hadrián, Dani, Calo, Lody, Álvaro; Calo, Cristian, Darío, Adri, Kevin e Andrés.
  • Goles: 1-0 Eloy; 2-0 Aarón; 3-0 Brais; 4-0 Brais; 5-0 Brais; 5-1: Andrés de penalti.
Notouse diferencia de equipos, un Zas que saiu replegado, buscando sempre a velocidade de Andrés á contra, pero que non estivo acertado nin en ataque nin en defensa. Resolviuse pronto o partido, no descanso o marcador era 5-0.

A segunda parte As Pedreiras relaxouse, culpa do marcador ou da moita calor que fixo, e un penalti doulles o gol da honra a un Zas que chegou cos 11 xustos

 

Laxe - Camariñas (4-3)

  • Laxe: Anxo, Niko, Alex, Bruno, Íñigo, Dani (Álvaro), Valentín, Manu, Enrique, Bieito, Samuel.
  • Camariñas: Pablo Meédez, Pablo Mouzo, Gabriel, Facundo (J. Francisco, m.83), Pablo Suárez, Joseba (Josiño, m.66), Adrián, (Álvaro, m77), Brais Alonso, Brandon, Daniel, Alex.
  • Goles: 0-1, m.8: Brandon; 0-2, m.33: Brandon; 0-3, m.37:Álex; (descanso); 1-3, m.51: Manu de falta dende o medio campo tras ver adiantado ao porteiro rival; 2-3, m.56: Bieito caza un balón dividido dentro da área; 3-3, m.63: Manu de zapatazo dende a frontal marc outro golazo; 4-3, m.70: Bieito tras unha fermosa xogada por banda.
  • Expulsión: os camariñáns Brandon (m.61) e Brais Alonso (m. 71).

Primeiro partido de Liga para un Laxe ao que xa lle custou traballo xuntar 12 xogadores polas lesións, e problemas na tramitación das fichas, así como a falta de documentación FIFA para un rapaz cubano (canto dano está facendo esa nova lei no fútbol local…)

A primeira parte de total dominio do Camariñas, cos laxenses perdidos e sen ritmo de partido, sen intensidade e descadrados no campo de fútbol. O Camariñas, este ano adestrado po Faus, que chega coa familia que leva coidando nas Baleas dende a base, dominou a posesión do balón e combinaban como querían cas súas correspondentes chegadas a porta, e así foi que chegaron cun 0- 3 ao descanso.

Cambiou o guión no segundo tempo. O Laxe xuntou e subiu liñas, aumentaron moito a intensidade e a loita, sendo moito máis aguerridos, e foron polo partido tirando de raza. Ademais, foron claves as expulsións dos camariñáns Brandon e Brais Alonso. Manu e Bieito foron os protagonistas da remontada, con dous golazos cada un, confirmando unha perfecta reacción dos locais.

 

Ponteceso - Coristanco (2-2)

11 do Ponteceso xuvenil 11 do Ponteceso xuvenil
  • Ponteceso: Damián, Ismail, Iván, Brais, Jorge, Luca, Cousillas, Eloy, Aarón, Aday e Lucas. Tamén xogaron: Carlos, Víctor, Adrián Pop, Alex e José Ángel.
  • Coristanco: Eloy, Espasandín, Álvaro, Varela, Sergio, Cristian, Carlos, Álex, Dani, Anido e Iván. Tamén xogaron: Adrián R, Esteban, David, Alex.
  • Goles: 0-1, m.50: Carlos; 0-2, m.60: Dani; 1-2, m.75: José Ángel; 2-2, m.80: Aarón.

Bo partido no Pinguel entre dous bos equipos, no que un Coristanco en formación e con moita ilusión, con Eloy no banco, prantoulle cara a todo un rodado Ponteceso, este ano ás ordes de Gurita. O cadro coristanqués saíu decidido ante un Ponteceso ao que lle segue gustando tocar o balón. Combinaba o cadro local ante un Coristanco que aguantaba ben as embestidas. Foise metendo o cadro verde no partido e no comezo da segunda metade se metía por diante con dous goles.

Pero reaccionaron ben os xogadores locais acadando o empate con goles de José Angel e Aarón xa no treito final do choque.

 

Baio - Sofán (2-2)

  • Baio: Julián, Queiro, Gavín, Antelo, Souto, David, Fuentes, Damián, Cedrón, Luís e Leal
  • Sofán: Christian Rodríguez, Borja Rodríguez (Sergio Pombo), Diego Pallas (Adrian Barreiro), Alejandro Fidalgo, Alberto Fidalgo, Daniel Padín, Eloy Cabeza, Nacho Eiris, Gabriel Mariño (Angel Rodriguez), David Dourado e Daniel Bolón (Juan Pardiñas).
  • Goles: 0-1, m.10: Gabriel Mariño; 0-2, m.33: Gabriel Mariño; 1-2 , m.80: Jose Souto; 2-2, m.89: Manuel Cedrón.

Disputouse o pimeiro partido da Liga Xuvenil Norte no Platas Reinoso, nunhas condicións pouco esperanzadoras para o conxunto baiés, este ano ás ordes de todo un Roberto Lozano. A festa local, as lesións, as sancións disciplinarias da tempada anterior e algún xogador que aínda disfrutaba dos derradeiros días de vacacións, fixeron que o conxunto branquiazul se presentara con once xogadores xustos, dous dos cales eran porteiros e algún que outro cadete.

O Sofán, en cambio, presentábase coa totalidade do plantel convocado, demostrando a ilusión dun equipo que estrea categoría tras 5 anos demostrando que se pode comezar a traballar ben a canteira dende cero. Os de Javier Cabeza dominaron os primeiros 45 minutos, realizando un xogo combinativo tan vistoso como efectivo e aos dez minutos conseguíu adiantarse no marcador cun gol de Gabriel Mariño. O Baio defendiase como gato panza arriba e tardou en collerlle o punto competitivo ó choque. Nese momento encaixou o segundo tanto tras un erro nun despexe da zaga baiesa, de novo Gabriel Mariño.

Unha vez aclaradas as ideas no vestiario local, o partido voltou do lado dos de Roberto Lozano, aínda que cun home menos, xa que Damián retornaba ós terreos de xogo tras unha lesión ainda con moitas molestias. Máis contundencia defensiva e seguridade no pases. O resto puxérono os xogadores, pundonor, valentía, coraxe e sobre todo fé neles mesmos. E así foi como Jose Souto recurtou distancias no min 80 e igualou o encontro Manuel Cedrón no '89. Aos de Cabeza pagaron caro seu exceso de confianza, estando cun home máis e con dous goles de vantaxe a 10 minutos do final. E o Baio demostrou que non lle perde a cara ós partidos ata o pitido final, como xa demostrou na Copa do Concello ante o Zas.

 

Máis información

Comentarios