Martes. 15.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Xallas baixa os fumes ao Montelouro

Xuvenís: O Xallas baixa os fumes ao Montelouro
O Coristanco, líder na Liga Xuvenil Norte O Coristanco, líder na Liga Xuvenil Norte A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Chegaba o Montelouro como o equipo tras a disputa das dúas primeiras xornadas, pero chegou a Agra da Filgueira un dos grandes, o Xallas, para baixar os ánimos. Queda así o cadro xalleiro como único equipo con 9 puntos. Polo Norte, o Coristanco queda líder con 7 puntos, pero ollo co Ponteceso, que suma 2 de 2, e o Corme que vencía tamén por 6 puntos.

Liga Xuvenil Sur, xornada 3

Fisterra – Outes (0-1)

  • Fisterra: Breixo, Fabian Juanfran, Ángel (Aarón), César, Dani, Gabi da Anchoa, Papin, Sergio (Manu), Asier e Iván.
  • Outes: Gorgal, Brión, Cutu, César, Saúl, Simón, Adán (Aarón), Jairo (Carlos) Fabio e Fran.
  • Gol: 0-1: Cutu de penalti.
Foi un partido claro de 0-0, sen moitas ocasións, o que levou o Outes gracias a un penalti feito sobre Carlos que Cutu non perdoou. Apenas houbo ocasións para ningún e foi o cadro fisterrán o que tivo máis balón, tocando dende atrás, que non mereceu perder. De feito, os de Eskío tiveron ocasións para empatar pero sen acerto.

Monte Louro – Xallas (2-6)

  • Montelouro: Xaquín, Bouzas, Sergio, Bolo (Cristian), Juan, Juanma, Adrián, Junjo (Bertín), Anxo, Juan de Celia e Luís.
  • Xallas: Alex, Cristian, Xoel, Parri, Pablo, Alberto, Juanma, Juan, Sergio Barbeira, Anxo e Joni. Tamén; Carlos, Santi Díaz, Adán e Thiago.
  • GolesBolo e Sergio para o Montelouro; e Jony, Rachón (2), Anxo, Santi e Thiago para o Xallas.
Houbo un partido disputado na Agra de Filgueira baixo unha forte calor. O Montelouro demostrou ser un equipo moi forte fisicamente e intentou meter atrás os xalleiros con balóns ás costas da defensa. O Xallas soubo contrarrestar este asedio facendo boas combinacions de balón. Foi un partido non tan cómodo como reflexa o resultado final 2-6, pero no que os de Santa Comba souberon sufrir e aproveitar as súas ocasións.

Os Miúdos – Esteirana (3-2)

  • Os Miúdos: Xandre, Yeray, Alberto, Álex, Gael, Airán, Tajes, Jose, Miguel, Xavier e Santi. Tamén: Tonby, Óscar, Bruno, Lice e Jicho.
  • Esteirana: Álex de Yi (Dani), Anxo, Antonio (Eloy), David, Álex, Íker, Carajillo (Xian), Rubén, Áxel, Jaime, Álvaro.
  • Goles: 0-1, m.20: Álvaro, 1-1, m.31: Xavier, 2-1, m.54: Santi, 3-1, m.60: Jose, 3-2, m.85: Rubén.
Nunha tarde de calor abafante no Eleuterio Balayo, enfrontábanse dous equipos na procura da primeira vitoria da tempada. Comezaba o choque con ritmo, no que a primeira ocasión correría a cargo da Esteirana cun balón longo á espalda da defensa que Íker non acertou a definir. Responderon Os Miúdos creando perigo a balón parado, froito da maior envergadura local. Protestaron os locais dous goles anulados en sendas faltas laterais nas que o colexiado decretou fóra de xogo. Estirábanse a Esteirana, tendo unha boa ocasión nas botas de Áxel, que non acerta a resolver un barullo na área. Si acertaría Álvaro coa portería local adiantando á Esteirana cun disparo lonxano que sorprende a Alexandre lixeiramente adiantado. Pouco duraría a vantaxe visitante pois Xavier anotaría o empate nun remate no segundo pau. Puideron irse Os Miúdos con vantaxe ao descanso nun man a man que salvou o meta Álex. A segunda metade comezou con dominio muradán poñéndose por diante no marcador cun remate de cabeza de Santi, nun saque de esquina. Pronto aumentaba diferencias Jose anotando de tiro cruzado tras un balón longo ás costas da zaga esteirán. Tiveron Os Miúdos oportunidades para sentenciar o encontro, sobre todo nun saque de esquina rematado por Jose e nun tiro cruzado de Xavier, pero non atoparon a portería visitante. Apagábase o partido, baixando moito a intensidade do choque, froito do cansazo e da tarde calurosa ata que, nos intres finais, Rubén poñíalle un chisco de emoción, anotando o segundo tanto na conta esteirá aproveitando un rexeite do meta local a un remate de cabeza no segundo pau. É esta a primeira vitoria para o conxunto dos Miúdos polo que o seu casilleiro estréase na táboa clasificatoria.

Castriz – Cee (2-2)

  • Castriz: Víctor (Alejandro, m.86), Rubén, Richi (Javier E., m.86), Brais, Alex, Balsa (Julián, m.50), Javier N., Luís R., Martin F. (Miguel, m.46), Ismael (Martin P., m.76) e Elías.
  • Cee: Carlos, Adrián (Iván Ferreiro, m.76), Senlle, Hugo, Alex Agulleiro, Rubén Castillo, Xabi Castro (Xavi Pérez, m.71), Chema, Ismael (Alex Castro, m.74) , Samuel Filgueiras (Toño, m.63) e Samuel Trillo (Pablo Trillo, m.50).
  • Goles: 0-1, m.8: Ismael; 1-1, m.9: Balsa; 1-2, m.24: Ismael; 2-2, m.85: Julián.
Partido estivo dominado por nós de principio a fin levando a iniciativa, mantendo a posesión e xerando hasta 12 clarísimas ocasións de gol pero estivemos negados no remate. O Castriz tivo unha e marcou dous goles, o primeiro, nun erro de marcaxe nunha falta e, o segundo, un mal centro que entrou pola escuadra a falta de 5′ para o final. Aínda tivemos unha dobre ocasión dos dous Alex pero incriblemente non atinamos. Erramos 6 man a man co porteiro. O equipo do Cee viña a por todas o campo de Castriz e levou a iniciativa dende o primeiro momento pois creou ata 12 ocasións de gol, pero sen acerto. Adiantouse o cadro de Rafa Suárez nun ataque onde os locais adiantaban moito a defensa e os dianteiros ceenses recibían os balóns as espaldas dos defensas. Pero, un minuto despois, os xogadores do Castriz reaccionaron e empataron por mediación de Balsa que recibiu un pase de falta de Luis R. e que prolongou coa cabeza marcando o gol do empate. Despois diso os locais tiveron un par de boas ocasións de poder adiantarse no marcador pero seguían co mal acerto de cara ao gol. O cansazo apoderouse pouco a pouco dalgún xogador do Castriz e os de Rafa conseguiron marcar o segundo gol. O Cee empezou a crear varias ocasións pero atopábanse sempre coas boas actuacións de Víctor, o porteiro. Na segunda parte o partido colleu unha clara cor azulada onde os de Juan Carlos respondían esforzándose defensivamente e contaban cun porteiro que foi o protagonista da tarde, desbaratando ata 6 mans a man. Puido sentenciar o Cee pero marrou e o Castriz, que non se rendeu, nunha xogada de Elías que pasa a Julián que se incorporaba pola banda dereita, centra e, por arte de maxia, o balón entra ao segundo pau como premiando todo o esforzo feito. Daban así o gol do empate os xalleiros nos últimos minutos de partido. Intentouno todo o Cee pero o segundo porteiro do Castriz, Alejandro, salvaba xusto diante da portería un tiro do dianteiro ceense e así daba un empate ao seu equipo que sabe a vitoria.

Liga Xuvenil Norte, xornada 2

Camariñas – Zas (4-2)

  • Camariñas: Brais, Facundo (Aitor, m.80), Pablo, Brais, Barreiro, David, Pifo (Miguel, m.46 ), Joseba (Brian, m.75 ), Álvaro (Gabriel, m.65), Adrián e Chicote.
  • Zas: Hadrián, Boli (Damián, m.55), Ternande, Cristian (Rubén, m.81), Brais, Manu, Pedro, Álvaro (Adrián, m.70), Manu Laxe, Dani Mato e Andy (Andrés, m.63).
  • Goles: 0-1, m.10: Dani Mato; 1-1, m.60: Chicote; 1-2, m.65: Dani Mato de cabeza; 2-2, m.70: Adrián; 3-2, m.75: Gabriel; 4-2, m.85: Chicote.
Tivemos unha vitoria do Camariñas contra un moi bo Zas nun choque con moito fútbol e moita emoción. Saíu o Zas con ganas de levala iniciativa e, froito diso, Dani Mato recolleu un balón na frontal peiteado por Andy e fixo o 0-1. Álvaro e Andy, que mandou ao pau, puideron ampliar a renda pero o marcador ficou así ata o descanso. Comezaron mellor os de Javi Baña na segunda, empatando, pero Dani volía meter aos zaenses por diante. Cambiou aí o partido, o Camariñas foise con todo e foi un vendaval aproveitando, ademais, unha serie de erros individuais da defensa visitante. Remontaron e completaron 3 goles en 20 minutos para deixar os puntos no Hermanas Patiño.

Baio – Cabana (2-2)

Capis do Cabana e Baio Xuvenil-Foto-Cabana
  • Baio: Julián, Queiro (Javier Muíño), Fran, Michi (Alberto), Jose Antonio, Alex, Estefan, Luís Eiroa, Regueira (Cristian), S. Moreira (Sergio) e Anxo.
  • Cabana: Darío, Martín (Gende), Pipa, Alberto, Kevin, Mateo (Reigía), César (Pablo), Carlos e Ferreiro.
  • Goles 1-0, m.35: Estefan; 1-1, m.42: Alberto tras un centro de Mateo; 1-2, m.60: Ferreiro anota un golazo cun forte disparo dende 35 metros; 2-2, m.90: Luís Eiroa tras unha serie de rexeites despois unha boa xogada.
Baio-Cabana Xuvenil-Foto-Cabana O partido estivo marcado pola forte calor que facía sobre o do Pratas Reinoso. Houbo un tempo para cada equipo. Foi mellor o Baio neste primeiro acto, aínda que non con claridade, si conseguiu por momentos circular mellor o balón que o rival e achegarse á portería de Darío. Un disparo de S. Moreira que se estrelou no longueiro e o gol de Estefan xa pasada a media hora de partido foron as mellores oportunidades dos locais que vían así reflectida a súa maior ambición. Non se amilanou o Cabana e conseguiu o empate cando xa case se ía coller o camiño dos vestiarios. Á volta do descanso, o Cabana, mellor asentado no campo, conseguíu adiantarse e mesmo puido sentenciar o partido, pero unhas veces a defensa local e outras Julián conseguían arredalos. Iso, unido ao cansazo de ambos os dous conxuntos. Aínda así, o equipo local, no empurrón final e máis con corazon que xogo, conseguiu o empate por medio de Luís Eiroa no minuto 89. Non deu tempo para máis e así chegouse ao final con reparto de puntos para os dous equipos. O Cabana empatou en Baio-Foto-Cabana

Coristanco – Muxía (3-2)

  • Coristanco: Eloy (Alberto, m.70), Sergio, Varela, Álvaro (Iván, m.85), Álex (Jorge, m.80), Adrián, Bértoa, Corral, Chiki (Suso, m.75), Gabriel e Anido (Dani, m.46).
  • Muxía: Hugo, Andrés, Paulo, Rubén (Rodri, m.46), Álex, Ánder (Marco, m.46), Macareno, Juan, Cris, Carlos e José.
  • Goles: 1-0, m.30: Corral; 2-0, m.40: Corral; 2-1, m.60: José aproveita un rexeitamento do meta local; 2-2, m.70: Marco de penalti; 3-2, m.80: Bértoa de penalti.
  • Expulsión: o muxián Marco (m.70).
Foi un partido bronco e apretado na Rocheira cun Coristanco de Chipi que estreaba camisolas e un Muxía de Juan Prado que debutaba na competición. Os locais tiveron máis presenza no campo contrario ante un duro Muxía que puido empatar ata en dúas ocasións, pero non puido remontar tras o gol de penalti que deu a vitoria aos verdes, que propiciou a expulsión dun xogador muxián e outra indesexable tangana.

Corme – Porteño (4-1)

  • Corme: Fran, Pandi, Cristian (Trulli, m.50), Aitor, Ángel, Eloy, Martín, Bruno, Isma, Manu (Ian, m.85) e Isaac (Iago, m.60).
  • Porteño: Álex, Raúl, Manuel, Gonzalo, Conde (Antonio, m.46), Jose (Josiño, m.80), Oli, Mario, Porto, Fabio (Martín, m.60) e Matías (Rubén, m.75).
  • Goles: 1-0, m.24: Isaac; 1-1, m.35: Oli; 2-1, m.80: Yago; 3-1, m.83: Eloy de falta; 4-1, m.89: Mauro.
Partido no Cairo cun Corme que levou a iniciativa en todo momento, ante un Porteño ben acazapado atrás e buscando as contras. Adiantou Isaac aos cormeláns e pouco despois, á media hora, fallou un penalti Cristian. Aí foi cando o Porteño se meteu de cheo no partido marcando o empate, e aguantou moitos minutos. Foi no minuto 80, despois de percutir sobre a defensa roxiña, cando Yago facía o segundo tanto, e aí os visitantes baixaron os brazos e caeron outros 3 tantos nos últimos 10 minutos.

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios