xoves. 01.05.2025
El tiempo

Xuvenís: O Xallas mantén a súa imbatibilidade tralo choque de campións

Xuvenís: O Xallas mantén a súa imbatibilidade tralo choque de campións
Xallas-Ponteceso xuveni-Foto-Xallas Imaxe do partidazo entre Xallas e Ponteceso xuveni-Foto-Xallas A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Tiña a xornada un claro foco de atención co partidazo entre os dous campións das Ligas Norte e Sur. Fontenla acollía o partido máis esperado do ano na categoría, neste inicio da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, e foron os locais os que levaron a vitoria, manténdose completamente imbatidos no que vai de campaña. Por detrás, parece que o Cee pelexará por esas dúas prazas ata o final, mentres o Baio deu a semi-sorpresa vencendo ao Cabana.

Na sosa Liguilla Copeira, Fisterra e Os Miúdos escapan.

Liguilla Previa de Ascenso, xornada 2

 

Xallas - Ponteceso (2-1)

  • Xallas: Coke, Raúl, Cristian, Rubén, Xoel (Thiago), Alberto, Carlos (Juanjo), Rachón, Anxo Santi e Sergio (Pablo).
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Ismail, Jorge, Villar, Yago, Alberto, Cacha, Eloy, Aday (Gabri), Luca (Minichema).
  • Goles: 1-0, m.4: Rachón marca un golazo; 1-1, m.34: Eloy a pase de Yago; 2-1, m.85: Alberto aproveita un barullo na área.
  • Expulsión: o pontecesán Alberto (m.55).
Xallas-Ponteceso xuveni-Foto-Xallas 2 Xallas-Ponteceso xuveni-Foto-Xallas

Non faltou nin a polémica

Era o partidazo da xornada, entre os dous campións dos seus grupos, que chegaban cuns números espectaculares, do que sae indemne o cadro xalleiro, pero ante o que o Ponteceso demostrou que é máximo candidato a acompañalo na Fase de Ascenso á Liga Galega.

Foi un choque disputadísimo, ante un gran numero de afeccionados apesar do mal tempo, e no que o céspede de Fontenla tivo o seu protagonismo. Como o colexiado, que tamén se deixou sentir.

Saíron dubitativos os dous equipos ante a importancia do choque. Pero non pasaban nin 5 minutos cando Rachón engancha un zurdazo espectacular e fai o 1-0. Gol que en vez de servirlle os locais para tranquilizarse, todo o contrario. O Puenteceso fixose dono do balón e dominou territorialmente ante que a 10 para o final da primeira metade Eloy define con calidade ante Coke.

Na segunda parte o Xallas intentaba combinar mais nunha perda de balón produciuse unha falta, que Cachadiña mandou ao longueiro. Estirouse o Xallas e empezou a crear perigo, sobre todo a raíz da expulsión de Alberto, clave para o devir do partido. Quedaba máis de media hora e o Ponteceso quedaba cun home menos, e dado o desgaste físico que esixía o campo, antollábase fundamental.

O Xallas tomou o campo e fíxose dominador tendo boas ocasións ante un Penteceso que esperaba agazapado e intentaba saír con baóns longos buscando a Eloy, sen sorte, aínda que na mais clara o arbitro pitou un fóra de xogo moi discutido polos visitantes.

Faltando pouco para o final un barullo na á0rea visitante foi definido por Alberto con calidad e tranquilidade.

 

Baio - Cabana (3-1)

  • Baio: Jose Manuel, Fran Gabín, Jose Antonio (Queiro), Brandon, Cristian (Javier Muíño), Sergio (Michi), Estefan, Santi Moreira (Regueira), Luís Eiroa e Anxo.
  • Cabana: Diego, Martín, López (Breo), Ferreiro, Carlos (Bieito), Mateo (Aurelio), David Muíño(Santi), Nando, Reigía, Álex Lema e Pablo.
  • Goles: 0-1, m.29: Sergio Ferreiro remachando un rexeite nun córner: 1-1, m.54: Santi dun bo remate de cabeza; 2-1, m.77: Luís nunha boa xogada do Baio; 3-1, m.81: Álex F..

A fortuna do gol

Moi bo partido o vivido o sábado en Baio entre un cadro local e un Cabana que se disputaban a posibilidade de sumar os primeiros puntos da competición tras as derrotas na primeira xornada. Os locais dispoñian de todos os seus efectivos agas as lesions de Julian e Alberto, mentres que os visitantes tiñan tres baixas por sanción.

Levou a iniciativa o equipo local ante un Cabana ben disposto no campo, que tapaba calquera vía de acceso á súa portería. Estes aproveitarian una acción a balón parado mediada a primeira parte para adiantarse no marcador. Saialle ben o plan aos de óscar Mingui xa que apenas sufrían atrás e conseguían ir por diante. Santi Moreira tivo o empate nos minutos finais da primeira parte pero rematou fóra un balón escorado cando soo quedaba o porteiro por superar.

No segundo tempo sairon os locais en busca do empate con máis forza se cabe. Este veu,como consecuencia de un bo centro de Luís Eiroa, que rematou de maneira inapelable Santi Moreira.

Co empate o partido convertiuse nun ida e volta, e o Cabana mesmo mandou dous balóns á madeira, mesmo un gol pantasma de Dani Riegía. Tamén chegaba o Baio, que tivo máis fortuna cara gol e ao que entraron os disparos de Luís e Álex F. para darlle a primeira vitoria aos de Julio, cando un empate podería ter sido tamén xusto.

Dende o Cabana, o míster quere felicitar tamén o árbitro do encontro, Eduardo Rodríguez Penas, pola boa arbitraxe realizada.

 

Cee - Montelouro (3-0)

  • Cee: Paulo, Álex Agulleiro (Iván, m.68), Senlle, Borja, Chema, Castillo (Tivi, m.77), Pablo, Hugo (Lagoa, m.71), Isma, Xabi Castro (Xavi Soto, m.80) e Chiqui (Alex Castro, m.56).
  • Montelouro: Joaquín, Adri CC, Bouzas, Borja, Sergio, Adrián, Juanma (Sergio, m.75), Juan de Celia (Bertín, m.50), Frran, Anxo e Manuel.
  • Goles: 1-0, m.35: Xabi Castro 35; 2-0, m.46: Isma; 3-0, m.57: Xabi Castro.

Boa pelexa

Pelexaron ben os loureáns ante un Cee que cada día vai a mellor e pode ser a gran alternativa aos dous favoritos. O partido estaba sendo dominado polo Cee ante un Montelouro que recuperou xente e que estivo ben plantado e ordeado no campo, e non permitía dar o último pase con claridade pero tampouco chegaba con perigo, e as que chegaba eran ben atalladas por Paulo.

O segundo tanto dos ceenses nada máis comezar o segundo tempo, e a lesión de Juan de Celia (disque un dos mellores da categoría) pouco despois, deixaron aos visitantes sen argumentos. En todo caso, cómpre destacar o desgaste de Fran entre os loureáns.

 

Liguilla Copeira, xornada 1

 

Esteirana - Castriz (4-2)

  • Esteirana: Álex (Dani); Eloy (David de Noia), Chaki, Anxo, Álex de Dina; Fran, David, Xian, Pachi; Carajillo (Farinós) e Íker.
  • Castriz: Alex , Rchi, Rubén, Brais, Álex, Luís, Elías, Cambón, Isma, Electro (Víctor, m.50) e Miki.
  • Goles: 1-0, m.20: Paki de penalti; 2-0, m.30: Fran de córner; 3-0, m.35: Pachi de vaselina; 3-1, m.43: Elías; 4-1, m.60: Chaki; 4-2, m.70: Richi de penalti.
  • Expulsión: o meta esteirán no penalti do m.70.

Mandou a eficacia

Partido de moitas ocasións, de ida e volta que puido caer de calquera lado. Comezou o Castriz entrando ben pola banda dereita cun Miki moi animado que chegaba diante do porteiro. Pronto marcaba dende os 11 mentros o cadro local, e de novo Miki fallaba enviando o balón "a paus" ao rugbi, apenas a 3 metros da liña de gol. Seguía habendo dominio alterno, pero eran os de Esteiro os máis afinados cara gol, e marcaron o segundo de córner e o terceiro nunha contra.
Antes do descanso Elías recurtaba e daba esperazans aos xalleiros que, por xogo, estaban máis preto do empate que ollando o resultado.

Seguía o mesmo guión na segunda, e como non, era a Esteirana quen marcaba primeiro. Richi marcaba de penalti tralo que a Esteirana quedaba con 10, e Íker se tiña que poñer baixo paus. Dominaba máis territorialmente o Castriz, e tendo ocasións pero batían no pau ou co propio Íker, que resolveu con seguridade na súa primeira experiencia na porta. Tamén a Esteirana sacaba perigosas contras, pero ao final o marcador non se movería.

 

Camariñas - Outes (4-1)

  • Camariñas: Nión, Gabriel (Pifo, m.60), Brais, Miguel, Facundo, David (Joseba, m.55), Espi (Brandón, m.46), Chicote (Juanito, m.60), Pablo Suarez, Álvaro e Adrián.
  • Outes: Alex, César (Serxio), Cutu, Brión (Fran), Simón, Saúl (Iván), Adrián, Jairo (Hortas), Santi, Adán e Fabio (Adrián cadete).
  • Goles: 1-0, m.42: Miguel nun córner; 2-0, m.48: Adrián; 2-1, m.65: Adán de falta directa; 3-1, m.70: Álvaro; 4-1, m.85: Adrián.

Boa estrea camariñá

Boa estrea copeira do Camariñas, que ademais contou co debut do porteiro, Brais Nión, que ademais parou un penalti co 0-0 aos 20 minutos. Pero foi nun partido moito menos sinxelo do que parece o marcador. Comezou o partido sen dominado claro, pero o Outes foise metendo en campo contrario, e tivo esa ocasión dende os 11 mentros.

Antes do descanso metíase o Camariñas por diante tras un córner onde os visitantes pedían falta en ataque.

E nada máis sacar de centro á volta dos vestiarios, segundo dos locais. Non se viñeron abaixo os de Eli e conseguiron recurtar pouco despois, pero apenas pasaban 5 minutos e un erro do meta da Serra tras unha cesión custou o terceiro e case defintivo tanto, para un equipo de Javi Baña que mantivo durante todo o partido un ritmo tremendamente intenso e forte.

 

Zas - Os Miúdos (2-3)

  • Zas: Hadrián, Rubén, Damián, Manu, Brais, Pedro, Adrián, Dani, Elías, Manu Laxe e Andrés. Tamén xogaron: Ternande, Álvaro e Andy.
  • Os Miúdos: Xandre, Dani, Álex, Alberto, Lice (Óscar), Jose, Airán, Tajes. Yeray (Manuel), Flavio e Xavi (Sergio).
  • Goles: 1-0, m.15: Andrés tras combinación con Dani; 2-0, m.25: Manu de Laxe de centro-chut; 2-1, m.44: Airán de fermoso tanto de volea; 2-2, m.80: Airán nunha contra; 2-3, m.91:

Remontada muradá

Non entenden como quedaron sen puntos os locais, que fixeron unha gran primeira metade, combiando ben e poñéndose pronto por diante nunha combinación de Dani con Andrés. Seguía sendo o Zas o que mandaba e chegaba e no ecuador do primeiro tempo Manude Laxe centraba dende a esquerda e o balón envelenábase e colábase facendo o segundo.

Pero nunha das primeiras chegadas do cadro muradán, ao fío do descanso, acaba cun remate de Airán facendo o 2-1 e metendo aos Miúdos de cheo no partido.

Comezou ben o Zas o segundo tempo pero pronto Os Miúdos íanse facendo co medio campo. Quedaba pouco cando Airán de novo marcaba nunha contra para poñer o empate aproveitando un erro do porteiro local. Parecía ue morrería así, pero xa co tempo cumplido, Manuel cazaría un rexeite dende o borde da área para cazar o 3º e os puntos.

 

Fisterra - Corcubión (4-1)

  • Fisterra: Aarón, Fabián (Papin), Ángel (Andrés), Juanfran, César, Gabi da Anchoa, Breixo, Dani (Ezequiel), Asier, Iván e Gonzalo.
  • Corcubión: Santi, David, Beto, Jose, Porto, Isma, Samu, Germán, Dani, Álex e Rama. Tamén xogaron: Maikel, Breixo, Mesejo e Oca.
  • Goles: 0-1, m.26: Álex; 1-1, m.70: Breixo; 2-1, m.75: Breixo; 3-1, m.80: Breixo; 4-1, m.88: Ezequiel de penalti.

Sprint final

Ata o minuto 70 ía gañando o Corcubión en Ara Solis, O Fisterra, tras unha errática e falta de tensión primeira metade, mellorou moito coa saída de Ezequiel, e cun forte arreón final, conseguiron darlle a volta ao marcador nos últimos 20 minutos, co triplete de Breixo e un tanto do propio Ezequiel de penalti. Co 2-1, foi pola vitoria o Corcubión, arriscando, pero á contra matou a calidade e velocidade dos fisterráns.

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios