Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Os 5 equipos invictos

Xuvenís: Os 5 equipos invictos
Cabana Zas Xuveni-Foto-Cabana Imaxe do Cabana-Zas -Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
5 equipos quedan invictos trala celebración das 6 primeiras xornadas das Ligas Xuvenís. No Sur, non paran Cee e Xallas, que suman 5 de 5 cuns números espectaculares. Tampouco frea o Outes, que tamén suma partidos por vitorias (ten un partido menos), completando o podio de grandes favoritos a meterse na seguinte fase. Polo Norte, co novedoso San Lorenzo embalado, segue un Coristanco que tampouco coñece o sabor da derrota. Os de Verdillo vencían en Baio con facilidade, mentres os de Eloy sufrían algo máis para superar a un Camariñas que está facendo bastantes máis méritos sobre o campo do que indica a táboa. Corme e Ponteceso protagonizaban o derbi da xornada, que deixa aos dous equipos igualados pelexando por esa importante 3ª praza despois da vitoria cormelá.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 6

  Corcubión - Outes (1-9)
  • Campo: Novo Cubaleiro.
  • Corcubión: Abel, Roberto, Tuñez, Mesejo, José Ángel, Samuel, Danilo, Antonio, Juan, Luis Lojo e Kevin. Tamén xogaron Kevin, Rafa e David.
  • Outes: Álex (Siro), Joel, Cartucho, Hortas, Gorgal, Saúl, Simón (Sergio Nieto), Adán, Fabio (Fran), Serxio (Jairo) e Canoa.
  • Goles: Luís Lojo para o Corcubión. Polo Outes: Simón (2), Serxio (2), Jairo, Adán (2), Fabio e Fran.
Perigo constante Non baixou a marcha o cadro da Serra ante un Corcubión en formación. Á media hora xa ían 5 no marcador demostrando que os visitantes creaban perigo costante sobre a meta de Abel.   Esteirana - Muxía (1-1)
  • Campo: Xosé Luís Vara.
  • Muxía: Hugo, Fran, Juan (Iván, m.75), Gusa, Vilela (Josiño, m.46), Cristian, Marce (Pabliño, m.80), Mario (Rubén, m.55), Rodri, Xan (Ánder, m.65) e Toja.
  • Esteirana: Dani Lago, Rubén, Anxo, Chaki, David Pais, Pachi, Íker, Carajillo, Xián, Yeray e David de Noia. Tamén xogaron: Álex de Yi, Álex de Dina, Lires e Manu Priegue.
  • Goles: 1-0, m.50: Toja; 1-1, m.90: Íker de penalti.
Empate por insistencia Partido moi igualado con ocasións para os dous conxuntos e que rematou cun empate, que lle saben mellor ao cadro visitante, pois o Muxía tivo a vitoria na súa man e deixou escapar 2 puntos nos últimos minutos. Empezou o partido co Muxía entrando por banda esquerda con Rodri chegando ata liña de fondo pero non encontrando rematador nunca. Pouco a pouco a Esteirana foi chegando a portería do Muxía e fixo intervir a Hugo nun par de ocasións, cunha unha boa xogada de Íker. Na segunda metade o Muxía adiantouse co gol de Toja pero sufriu un par de lesións que trastoraron os plans de Romaní, que tivo que replegar filas. Tomou o mando a Esteirana, pero non chegaba a facer perigo, algo que si conseguía o cadro vermello en contras moi ben levadas que salvou Dani. Nos últimos minutos achuchaba a a Esteirana, con máis corazón que cabeza, e así, no m.90, froito da insistencia, chegou un penalti sobre Íker que el mesmo transformaba para facer o empate.   Os Miúdos - Xallas (0-2)
  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Os Miúdos: Gabri, Xian, Isma, Anxo, Gesto, Jose (Ángel, m.83), Xavi, Manuel, Javi (Flavio, m.75), Raúl (Sergio, m.64) e Gael (Miguel, m.85).
  • Xallas: Coke, Guillín (Héitor), Pablo, Raúl, Cambón (Brais), Alberto, Juanjo, Fran (Manu), Thiago, Rachón e Carlos (Mosti).
  • Goles: 1-0, m.42: Rachón de falta; 2-0, m.80: Rachón de córner.
Vitoria sufrida do Xallas ante un bo Miudos Segue o Xallas implacable con só 2 goles encaixados en 5 partidos. Desta volta, non llo puxo fácil o conxunto muradán dos Miúdos, que prantexou un choque dende atrás, moi ben plantado e saíndo á contra. Non atopaba ocos o equipo de Dani Calvete na defensa dos de Fernando Silva. Tocaba e tocaba o Xallas pero con pouca profundidade, creando perigo só a balón parado. Si que tiña o cadro local á contra, pero Xavi marrou dous claros mans a man na primeira metade gracias á gran labor de Coke na meta xalleira. E a balón parado, antes do descanso Rachón abría a lata nunha falta dende a frontal. Na segunda o Xallas sabedor do perigo a contra non arriscou tanto e mantivo o control do partido, pero o ímpetu muradan fixo intervir de novo a Coke que sacou un tiro de Gael dende fora que ía a escuadra, e que podía ter suposto o empate. Xa contra o final, nun córner botado por Thiago de novo Rachón remataría no primeiro para facer o 0-2.   Montelouro - Cee (2-6)
  • Campo: Agra da Filgeuira.
  • Montelouro: Joaquín, Javi, Sergio, Jose, Antonio; Adrián, Áxel, Juan de Celia, Ángel, Bertín e Aléxis. Tamén: Felipe e Aarón.
  • Cee: Carlos, Álex Agulleiro, Rubén Senlle, Borja, Hugo, Chema, Rubén Castillo, Jon, Isma, Samuel e Brais Lagoa. Tamén xogaron; Iván, Trillo, Xabi, David e José Carlos.
  • Goles: 0-1, m.33: Isma de falta; 0-2, m.42: Samuel; 1-2, m.45: Juan de Celia de vaselina; 1-3, m.48: Chema; 1-4, m.51: Pablo Trillo; 2-4, m.61: Axel; 2-5, m.65: Pablo Trillo; 2-6, m.81: Rubén Senlle.
O Montelouro, que se presentaba con moitas baixas, prantexou o partido pechados atrás, e puido aguantar media hora ante este Cee de Carlos Pazos que suma 5 vitorias en 5 partidos cuns números excelentes. Antes de que o Cee abrise a lata, Juan de Celia tivo unha boa ocasión. Ampliou a renda o Cee antes do descanso, pero Juan de Celia volvía marcar e meter ao Louro no partido. Na segunda, pronto marchou o Cee no marcador e Óscar Leis gardou ás pezas claves que tamén xogan cos maiores.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 6

  Corme - Ponteceso (2-0)
  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Lucas, Ángel, Fran, Cristian, Pandi; Mauro, Javi, Aitor, Manu Tasende; Manu Bermúdez e Manu Garrido. Tamén xogaron: Eloy, Bruno, Martín, Noel e Diego.
  • Ponteceso: Damián, Loureiro, Iván C., Aarón, Jorge, Ismail, Iván Rodríguez, Luca, Eloy, Aday e Pop. Tamén xogaron: Brais, Víctor, Samuel, Arturo e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.28: Manu Bermúdez; 2-0, m.34: Mauro.
Tenso derbi Derbi disputado, coma sempre, o vivido no Cairo, cun Ponteceso que saía mandón, como acostuma, con gañas de sobar o balón, e un Corme que prefire esperar e ser máis vertical. Comezaba o Ponteceso chegando á meta de Lucas e mesmo pediu un penalti que o colexiado sinalou fóra da área. Os cormeláns presionaban ben a saída do balón e aproveitaron dous erros da defensa pontecesá para que Manu Bermúdez e Mauro abriran unha fenda. Na segunda metade, o Ponteceso meteu máis xente arriba e iso impediu sacar bos balóns dende atrás, o que que se traduciu en poucas chegadas ante a ordenada defensa cormelá.   Cabana - Zas (7-2)
  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Darío, Nando (Martín), Rubén (Roberto), López (Kevin), Steven, Julián, Yago (David), Ferreiro, Álex Lema (Breo), Alberto, Jose Ángel.
  • Zas: Hadrián, Calo, Lodi, Brais, Ismael (Madelin); Rubén (Dani), Adri, Kevin, Álvaro; Cristian e Andrés.
  • Goles: 1-0, m.1: José Ángel; 2-0, m.4: José Ángel; 3-0, m.19: José Ángel; 4-0, m.34: José Ángel; 4-1, m.50: Andrés de penalti; 5-1, m.55: Ferreiro; 5-2,m .70: Álvaro; 6-2, m.75: Alberto; 7-2, m.80: David.
Presa fácil para José Ángel En media hora marcou 4 goles José Ángel deixando, xa dende o minuto 5 con 2 goles rapidísimos, o partido senctenciado para o Cabana. O Zas, lamentable na súa faceta defensiva, e con falta de actitude dende o comezo, foi unha presa fácul para un 11 local que demostrou as súas gañas de sumar puntos.   Baio - As Pedreiras (0-4)
  • Campo: Platas Reinoso.
  • Baio: Cedrón, Iago, Gavín, Javi Muíño, Sergio, Mohedano, Estefan, Ayoub, Santi Moreira, Regueira e Manu Leal. Tamén: Benjamín, Fidalgo, Andrade e Eloy.
  • San Lorenzo: Benjamín, Kuki (Pablo), Álex, Andrade, Fidalgo, Eloy, Jose (Alberto), Iván (Rubén), Cotelo (Diego), Brais (Esmorís) e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.3: Cotelo; 0-2, m.66: Brais; 0-3, m.74: Brais; 0-4, m.79: Brais de penalti.
Suma e segue Partido moi completo do San Lorenzo de Rudi, líder da competición, no Platas Reinoso. Os carballeses cos indiscutibles resultados dun arranque de liga vertixinoso, e os baieses con altibaixos evidentes. Esa inestabilidade reflexouse no encontro, coa habitual falta de concentración nos primeiros minutos encaixaba o primeiro no min 3. Tocaba remontar de novo para os de Roberto Lozano. Ese impulso fixo que se puidese ver un partido competitivo a pesar de que o orde e a intelixencia futbolistica a propuxeran os de Rudi, que dominaron o partido. Dez minutos despois da reanudación, e co Baio subindo filas, aumentaban a diferencia os vermellos, e nese momento foi onde afloraron os verdadeiros problemas deste Baio Xuvenil: cada xogador batallando por libre, anarquía táctica etc. Momentos de inestabilidade que aproveitan o visitantes para ampliar e plasmar a diferencia existente entre ambos conxuntos, no marcador. Os rapaces de Roberto e él mesmo terán que plantexarse seriamente o rumbo que queren levar nas vindeiras xornadas, e levar a cabo unhas decisións que satisfagan á maioria, antes de visitar a todo un Ponteceso que saíu ferido do Cairo. Mentres, os de Rudi seguen o seu feliz e intacto estrea de categoría.   Camariñas - Coristanco (2-4)
  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Manuel, Pablo Mouzo, Gabriel, Facundo (Josiño, m.74), Daniel, Brais Alonso, Joseba, Alex (J. Francisco, m.83), Álvaro, Pablo Suárez e Brandon.
  • Coristanco: Alex, Varela, Álvaro (Espasandín), Jorge, Sergio, Iván, Álex, Dani (Adrián RR), Carlos, Jose (Braian) e Castro (Anido)
  • Goles: 1-0, m.16: Brandon; 1-1, m.24: Castro; 1-2, m.50: Carlos; 2-2, m.56: Álvaro; 23, m.72: Iván; 2-4, m.87: Braian.

Sen sorte

Partidazo no Hermanas Patiño con dous equipos moi parellos, se cadra cun exceso de balóns longos pero nun choque moi disputado, por momentos ata brusco, pero con moitas alternativas. Comezaba marcando o cadro local cun gol de Brandon, e puido ampliar a vantaxe pero unha vez o pau e outra vez Alex salvou ao Coristanco. Perdoaban os de Faus e pouco despois empataba Castro de cabeza a un centro do incansable Sergio para o equipo de Eloy. Comezaba o Coristanco algo máis centrado e contundente na segunda metade, pero eran os dous equipos os tiñan ocasións. Era Carlos, marcando un golazo de novo a centro de Sergio, o que adiantaba, desta volta, aos verdes, pero o Camariñas reaccionaba ben en empataba pronto co tanto de Álvaro. De novo coas táboas no marcador, era Iván o que aproveitaba un erro da defensa local para rematar só dentro da área e facer o terceiro. Volcouse nos últimos minutos o Camariñas buscando o empate, pero non chegou e era Braian xa contra o final, cunha fermosa falta case sen ángulo, o que facía o 4º. Bonito gol dun Braian que aínda está poñéndose en forma pero que derrocha calidade, e que forma unha dupla moi completa co ex dumbriés Brandon. Xogadores do Camarinas Xuv Non están tendo sorte os xogadores do Camariñas   Sofán - Laxe (3-4)
  • Campo: O Carral.
  • Sofán: Christian, Nacho Eirís, Dani Bolón, Alex Fidalgo, Alberto Fidalgo, Dani Padín, Eloy Cabeza, Brais Rey, Sergio Cuadrado, David Dourado e Gabi Mariño. Tamén xogaron: Adrián Barreiro, Iván, Diego Pallas, Sergio Pombo e Alex Villar.
  • Laxe: Íñigo, Nico (Manu), Samu (Borja), Bruno, Enrique (Anxo), Alex, Valentín, Santi, Bieito, Solís (Dani) e Cristian.
  • Goles: 1-0, m.4: Brais Rei; 2-0, m.48: David Dourado; 2-1, m.50: Cristian; 2-2, m.55: Santi de penalti; 3-2, m.58: David Dourado; 3-3, m.72: Cristian; 3-4, m.80: Anxo dende 40 metros pola escuadra.
Ata o final Partido vibrante no Carral, cun equipo de Javier Cabeza que marrou moitas ocasións, estivo por diante practicamente 70 minutos e acabaron pagando o prato ante un Laxe que non regalou nada e que pelexou ata o final polos 3 puntos. O Sofán adiantouse cun claro dous cero aproveitando que os de Toni saíron algo sen tensión e con pouca concentración ao comezo das dúas partes. Na segunda parte o Laxe solventou erros e o seu xogo foi máis constante e con máis pegada. Cun gran Cristian, que marcou dous tantos, e un golazo espectacular de Anxo dende 40 metros, o Laxe deu a volta ao marcador.  

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios