Xuvenís: Remata a primeira volta con Ponteceso e Xallas facendo pleno
Remata a primeira volta do campionato dos Xuvenís na Costa. E dous equipos sobresaen sobre o resto. Polo Sur o Xallas remata impecable, con 8 de 8, 40 goles a favor e só 7 en contra. Polo Norte, o Ponteceso, tamén contando partidos por vitorias, con 39 goles a favor e 11 en contra.
Ambos parecen ter reservado un posto na Liguilla dos campións, polo que a atención céntrase nos 2º e 3º postos de cada grupo. Polo Sur, o Cee parece decidido a asegurar praza pronto, e mantense a 5 puntos do liderato tendo 6 de marxe sobre Outes e Montelouro. Fisterra e Miúdos parecen os equipos que tamén pelexarán por estar entre os 3 primeiros.
Polo Norte, non hai un segundo avanzado. Corme e Cabana suman 16 puntos (xa a 8 do líder), e por detrás, Baio, Coristanco, Zas e mesmo Muxía pelexarán polas 2 prazas restantes.
Liga Xuvenil Sur, xornada 9
Xallas - Corcubión (10-0)
- Xallas: Alex (Coke), Raúl, Alberto (Parri), Pablo, Xoel (Jony), Juanjo (Thiago), Carlos, Anxo, Rachón, Sergio Barbeira e Santi.
- Corcubión: Mesejo, David, Isma, Maikel, Porto, Senra, Breixo, Samuel, Germán, Dani e Gabi Golpes. Tamén xogaron: Joselu Lolo e Álvaro.
- Goles: Rachón (4), Sergio Barbeira (3), Anxo (2) e Santi.
O primeiro contra o último
Partido sen historia en Castriz, cun Xallas moi superior ante un rendido Corcubion.
Outes - Castriz (5-1)
- Outes: David Gorgal, César (Aarón), Cutu, David Horta, Brión, Saúl, Adrián (Sergio Nieto), Simón, Carlos, Fabio (Iván) e Fran (Adrián cad).
- Castriz: Víctor (Alejandro, m.58), Julián, Richi, Javier N. (Rubén, m.54), Elías, Balsa, Miguel, Luís, Martín, Álex e Ismael.
- Goles: 1-0, m.10: Fabio; 2-0, m.20: Carlos; 3-0, m.35: Carlos de tiro exterior; 4-0, m.40: Simón de gran cabezazo; 4-1, m.55: Ismael; 5-1, m.75: Simón nun rexeite.
Un comezo clave
Saíu desmotivado o Castriz no Cunchido e pronto o Outes se fixo co control do partido poñéndose aos 20 minutos cun claro 2-0. Pero reaccionaron os xalleiros que se foron metendo no partido, intentando facer dano con tiros dende fóra, pero a defensa local estivo moi intensa, con moitas axudas e rápidos nas anticipacións. Cando mellor estaba o Castriz, antes do descanso, chegaron dous goles máis que mataron o partido.
Na segunda parte, a motivación de remontar facíase cada vez máis frouxa por bando do Castriz, se ben un gol de Ismael salvaba a honra dos "rossoneros" quedando o marcador nun contundente 5-1 para os locais.
Os dous equipos felicitaron ao colexiado.
Fisterra - Os Miúdos (4-2)
- Fisterra: Aarón, César, Fabián, Juanfran, Papin, Gabi da Anchoa, Dani(Breixo), Pichino, Gonzalo, Asier e Iván.
- Os Miúdos: Toni, Yeray, Alberto, Álex, Gael (Bruno), Airán, Jose, Santi, Lize, Tajes (Xavi) e Manuel.
- Goles: 1-0, m.25: Pichino a pase de Gonzalo; 1-1, m.35: Manuel; 2-1, m.48: Pichino; 3-1, m.63: Breixo; 4-1, m.75: Gabi da Anchoa deixou a todos ca boca aberta cun golazo despois de tres recortes dentro da área porteiro incluido para sentenciar.; 4-2, m.80: Xavi.
- Expulsión: o meta muradán Toni (m.65).
Igualade máxima
Partido moi disputado con dous equipos moi parellos sen un claro dominador, cun cadro local que intentaba elaborar o xogo dende atrás pero ao que a presión muradá lle causaba moitos problemas. Adiantouse o Fisterra nunha contra cando Os Miúdos estaban en campo contrario, pero empatarían os visitantes tras manterse ese primeiro tempo ben colocado sen volverse tolos. Aí puido o equipo de Muros meterse por diante pero non estivo acertado e Aarón fixo un partidazo na meta local.
Mesmo guión na segunda, pero o tempraneiro gol, de novo de Pichino, descolocou á defensa do equipo visitante, que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento pero si que permitiu máis fisuras, que aumentaron coa expulsión do meta muradán nunha contra dos locais. Aproveitou o Fisterra que non conta co porteiro suplente para anotar dous goles máis. E así remataba un choque tremendamente igualado.
Esteirana - Cee (1-4)
- Esteirana : Álex de Yi; Antonio (Manu), David Neira, Anxo, Eloy (Damián); Áxel (Fran), David, Rubén, Pachín; Manu de Yi (Xian) e Íker.
- Cee: Carlos; Adrián, Senlle, Álex, Stiven, Rubén, Alexandro (Antonio), Jose (Hugo), Ismael (Pablo), Xabier (Iago) e Samuel.
- Goles: 0-1, m.4: Ismael; 0-2, m.24: Adrián; 0-3, m.43: Alexandro; 0-4, m.70: Pablo; 1-4, m.76: Íker.
De cor azul
Partido dominado de principio a fin polo Unión, que se reafirma na segunda posición, quedando quizáis coma a única alternativa ó Xallas nesta liga.
Saíu o Cee imprimíndolle un ritmo alto ó partido, cun fútbol combinativo e co dominio total do esférico. Encarrilou cedo o encontro o equipo ceense, adiantándose no minuto dous por medio de Ismael. Non conseguía a Esteirana repoñerse e continuaba o xogo desenrolándose preto da portería de Álex, tendo o Cee claras ocasións para aumentala renta. Non foi ata pasada a metade da primeira parte cando Adrián aumentaba distancias no marcador, logo dunha boa xogada combinativa que deixa o lateral ceense só diante de Álex, ao que bate polo pau corto. Quedaría sentenciado o choque pouco antes do descanso, cando Alexandro poñía o 0-3 no marcador. Non foi quen a Esteirana de entrar no partido en toda a primeira parte, na que non foi capaz de plantar cara a un rival que se mostrou moi superior.
Xa na segunda metade, co partido decidido, o Cee baixou a intensidade e a Esteirana melloraba, tentando ter un pouco máis o balón. Aínda así as ocasións de gol seguían a ser para os ceenses, que entre a falta de puntería e o acerto do meta esteirán, non anotaban o cuarto gol, ata que Pablo acertou ca meta de Álex. Intentaba o conxunto roxazul chegar á meta de Carlos, que apenas tivo traballo, a base de balóns longos á espalda da defensa, tentando aproveitar a velocidade de Íker. A falla de dez minutos para o final, nun deses balón que Íker conseguiu cazar, internouse na área, sendo derribado por un defensa visitante, decretando o colexiado a pena máxima, que sería transformada polo propio Íker, anotando o gol da honra da Esteirana.
Tres puntos vitais para o Unión na súa pelexa co Xallas polo título de liga.
Liga Xuvenil Norte, xornada 8
Muxía - Corme (0-3)
Capis do Muxia -Corme co colexiado David Castreje-Foto-Fin Lema Imaxe do Muxia -Corme-Foto-Fin Lema- : Hugo, Ivan, Rubén (Xan, m.60), Paulo, Gusa (Abdulay, m.50), Juan, Ander (Jeferson,m.70), Santi, Cris, Mario e José.
- Corme: Fran, Martín, Ángel, Cris, Aitor, Eloy, Bruno, Trulli, Manu Bermúdez, Javi e Isma. Tamén xogaron: Mauro, Ian, Isaac, Yago e Pandi.
- Goles: 0-1, m.49: Javi; 0-2, m.53: Javi; 0-3, m.59: Eloy; 0-4, m.69: Manu Bermúdez.
O vempo e o campo
Mal partido en Arliña co vempo e o mal estado do céspede como non desexados protagonistas. Tras unha primeira metade bastante igualada, o Corme soubo aproveitar o vento e nada máis comezar o segundo tempo sentenciou con 3 goles en apenas 10 minutos. Ao Muxía acábaraselle o combustible,
Imaxe do Muxia -Corme-Foto-Fin LemaSp. Zas - Cabana (2-3)
Imaxe do Zas-Cabana Xuvenil-Foto-Cabana- Cabana : Darío, Martín, Pipa, Ferreiro, Bieito, Julián, Alberto, Nando (Reigía), David Muíño (Carlos), Mateo e Pablo.
- Zas: Sergio, Boli, Rubén, Ternande, Brais, Manu, Pedro, Álvaro, Adrián, Dani Mato e Andry.
- Goles: 0-1, m.7: Nando de cabeza; 1-1, m.33: Andy; 1-2, m.50: Alberto desde 40 mts; 1-3, m.70: Pipa rematando ben un saque de falta; 2-3, m.80: Álvaro.
Mágoa dunha nova lesión
Partido moi disputado o deste sábado, con moitas ocasións por ambas partes, que ben puido ter un marcador máis amplo para os dous lados. Pegou sempre o Cabana primeiro pero o Zas respostaba e se metía no partido unha e outra vez pero ao final non conseguíu o empate.
O susto do partido protagonizouno Pipa que nun lance fortuito torceu o xeonllo e pode que sexa algo grave. Todo o seu equipo mándalle moito ánimo.
Camariñas - Baio (1-2)
- Camariñas: Brais, Barreiro, Pose, Brais, Facundo (Álvaro, m.46), Pablo M., Pablo S., Joseba (David, m.70), Gabriel (Miguel, m.70), Chicote e Adrián.
- Baio: Jose Manuel, Ayoub (Javier Muíño, m.46), Fran G., Sergio, Queiro (Michi, m.75), Alberto (Alex F., m.46), Estefan, Luís Eiroa, Cristian (Regueira, m.70), S. Moreira e Anxo.
- Goles: 0-1, m.10: Cristian; 0-2, m.70: Luís Eiroa; 1-2, m.75: Álvaro.
Emoción ata o pitido final
No Hermanas Patiño enfrontábanse o Camariñas e o CD Baio en busca de tres puntos tan importantes para uns como para os outros na busca dos seus obxectivos. Tivo que reservar efectivos Javi Baña para o choque dos maiores, o que unido importante baixa de Espi por lesión mermou o potencial dos camariñáns.
Adiantábase o Baio por medio de Cristian nos primeiros minutos do encontro. Así trancurriu o primeiro tempo nun tira e afrouxa dos dous conxuntos sen dominador claro e con oportunidades tanto para igualar a contienda coma para poñer terra de por medio por parte dos visitantes.
Na segunda metade máis do mesmo, no primeiro tramo desta, conseguiu o CD Baio que os camariñáns non chegasen con tanto perigro pero a ventaxe tan curta non lle ofrecía seguridade. No último tramo conseguiu o equipo visitante e despois de varias contras perigrosas aumentala ventaxa cun gol de Luís Eiroa. Parecía deixar sentenciada a contienda pero o Camariñas reacionou e anotou o 1-2 por medio de Álvaro, o que facía aumentala emoción dos últimos minutos. Pero non houbo tempo para máis. Vitoria sufrida do CD Baio ante un Camariñas que non dou o seu brazo a torcer en ningún momento.
Ponteceso - Porteño (6-0)
- Ponteceso: Damián, Adrián, Ismail, Javi Añón, Villar, Luca, Alberto, Diego Cacha, Eloy, Aday e Loureiro.
- Porteño: Álex (Pablo, m.46), Antonio (Fabio, m.46), Raúl, Gonzalo, Toxo, Manuel, Josiño, Matías, Oli (Rubén, m.68), Porto e Martín (Conde, m.65).
- Goles: 1-0, m.25: Diego Cacha de falta; 2-0, m.40: Diego Cacha de falta; 3-0, m.46: Eloy de falta; 4-0, m.50: Eloy de falta; 5-0, m.73: Adrián nun rexeite; 6-0, m.80: Jose a pase de Gabi.
O líder implacable
Non houbo partido. O Ponteceso de Fernando foi sempre superior pero tivo que acertar con 4 goles a balón parado. A calidade dos Diego Cacha e Leoy foron suficientes para deixar o partido sentenciado, e o mesmo Eloy falou un penalto. eles superiores dd principio a fin.
Os pontecesáns quixeron render unha homenaxe ao lesionado Samuel ao que operan este mércores. Unha pronta recuperación para el.
O Ponteceso con SamuelCrónicas dos Xuvenís
- X.8: Xallas e Ponteceso impoñen o seu ritmo:
- X.7: Xallas e Cee destacan no Sur e o Ponteceso manda no Norte.
- X.6: Xornada chea de goles.
- X.5: Xornada chea de goles.
- X.4: O Xallas manda no Sur e o Ponteceso, co permiso do Corme, no Norte.
- X.3: O Xallas baixa os fumes ao Montelouro.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Recortándolle a vantaxe ao líder.
- 2ª Autonómica: Ponteceso e Zas marcan o ritmo.
- 1ª Autonómica: Que bonitos son os derbis costeiros.
- Preferente: O Xallas releva ao Dumbría na UCI.
- Resultados dunha xornada completa de Difuntos.
Novas relacionadas
- Sporting Zas: Crise dos 40? No, festa dos 40.
- Medio século de fútbol soneirán comprimidos nunha emotiva Gala.
- O Sofán arma unha cea solidaria polos refuxiados sirios.
- Baio e Carballo acollen os novos Cursos de Adestrador dos Niveis 1 e 2.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).