Xuvenís: Só queda un invicto
17:00 10/10/17
A xogadora do Outes Marta Calvo, unha das protagonistas da semana
E non é o líder. Segue ben fermoso e igualado o alto da táboa da Liga Unificada Xuvenil, con 4 equipos mandando pero dando conta de que hai alternativas. O Fisterra, que chegaba líder á Rocheira, saía cunha derrota que permite ao Corme alzarse ao liderato. Queda só a Esteirana sen estrear o taboleiro de derrotas, tras outro gran exercicio ante o potente San Lorenzo, pero un punto o separa dos cormeláns. Atentos haberá que estar tamén aos Coristanco, Sofán e Outes, mentres que por abaixo, van pintando mellor cas cousas para Muxía, Xallas e Camariñas, que a pesar de non puntuar, si que parece que comezan a competir.
A noticia da semana, a convocatoria da cadete, xa competindo cos xuvenís do Outes, Marta Calvo, coa Selección Coruñesa sub-15.
E atentos, que toca doble xornada xoves-sábado para esta semana do Pilar.
Outes - Cabana (1-1)
- Outes: Antón, Fabián, Joel, Christian, Cartucho, Boris, Marta (Ángel, m.60), Alberto, Fran Lago (Nicolás, m.36), Josiño e Fran Lires.
- Cabana: Marcos (Roberto), López (Samuel), Pipa, Rubén, Dani, Yago (Breo), Castro (David), Alberto, Simón, Manuel e Cristian.
- Gol: 0-1, m.37: Simón; 1-1, m.86: Boris.
Imaxe do Outes-Cabana-Foto-Cabana SD
Partido matutino que abría a xornada e que estivo marcado pola forte calor. Comezou avisando o Outes pero non estivo fino e desperdiciou dúas ocasións nos primeiros minutos. A partir de aí o cadro de Fernando fíxose dono do partido, marcando ao fío do descanso e puideron ampliar a rende en varias ocasións.
O guión repetíase no comezo da segunda metade pero co paso dos minutos o Outes íase estirando e foi Boris o que xa os últimos instantes conseguía o empate.
Os de Javier Lodeiro q ueren mandar ánimos ao xogador Fran Lago, que rompiu o radio nunha acción fortuita, ao tempo que celebran á gran xogadora aínda en idade cadete, Marta, que vén de ser convocada coa selección femenina coruñesa sub 15.
Imaxe do Outes-Cabana - Foto-Cabana SD
Corme - Muxía (5-3)
- Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aitor, Fran Pombo, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Alex Mato, Roque, Noel, Miguel e Eloy.
- Muxía: Roi (Liñeiro, m.46), Louzán, Miguel, Marce, Cheo, Vilela (Evaristo, m.60), Martín, Rodri, Damián (Lolo, m.32) (Pablo, m.70), Álvaro e Xan (Fidalgo, m.73).
- Goles: 1-0, m.20: Samuel; 2-0, m.22: samuel; 2-1, m.36: Xan de penalti; 3-1, m.40: Samuel; 4-1, m.47: Manu Bermúdez; 5-1,m .75: Eloy; 5-2, m.78: Marce; 5-2, m.83: Rodri de penalti.
Esteirana - San Lorenzo (2-0)
- Esteirana: Dani, David, Kevin, Benja, Joaquín, Alex de Dina, Roberto, Fari, Xian, Jaime e Carajillo. Tamén: Sergio, Rodrigo, Íker, David e Juan.
- San Lorenzo: Benjamín, Fidi, Fidalgo, Álex Fernández, Esteban, Eloy, Ivito (Alberto, m.46), Martín (Darío, m.75), Jose, Iván Cancela e Aarón.
- Goles: 1-0, m.2: Jaime; 2-0, m.38: Carajillo.
Coristanco - Fisterra (3-0)
- Coristanco: Cancela, Varela, Sebas, Álvaro, Esteban, Dani, Black, Castro, Braian, RR e Fran. Tamén: Borja e Iago.
- Fisterra: Jose Carlos, Benlloch (Gabi, m.46), Sergio, Juanfran, Cristopher, Ezequiel, Pichino, Iván (Puyol, m.70), Miguel (Xan Xixo, m.70), Dani (Isaac, m.60) e Aarón.
- Goles: 1-0, m.2: Braian; 2-0, m.26: Castro de volea; 3-0, m.377: Black dende fóra da área.
Baio - Camariñas (4-2)
- Baio: Julián (Cedrón, m.70), Iago, Pablo, Queiro (Jose, m.50), Manuel María (Regueira, m.60); Sergio, Santi (Ariel, m.65), Dylan; Mohedano, Raúl (Damián, m.60) e Anxo.
- Camariñas: Sergio; Facundo, Brais (Eric), Manuel, Gabriel; Joseba, Fran, Mario, Anxo (Hugo), Juanito e Adrián Bardanca.
- Goles 1-0, m.8: Mohedano; 2-0, m.10: Anxo; 3-0, m.63: Anxo; 3-1, m.70: Adrián Bardanca; 4-1, m.80: Anxo; 4-2, m.83: Adrián Bardanca.
Corcubión - Soneira (2-5)
- Corcubión: Marcos; Álex, Fran, Oca, Jose Ángel; Samu, Xuli, Jon; Hugo, Lagoa e Luis Lojo. Tamén Mesejo, Abel e Nico.
- Soneira: Chirstian, Esteban, Ángel, Raúl, Pablo, Sergio, Álex, Fran Moreira, Sebas, Edgar e Brais Pereira. Tamén: Lucas, Nico, Santi e Cristian Canosa.
- Goles: 0-1, m.2: Edgar; 0-2, m.16: Fran Moreira; 0-3, m.26: Fran Moreira de penalti; 1-3, m.37: Jon; 1-4, m.71: Fran Moreira; 2-5, m.85: Jon.
Laxe - Xallas (7-5)
- Laxe: Pablo, Julián, Miguel, Bieito, Bruno; Íñigo, Edu (Álvaro, m.65), Juanili (Iago, m.86), Samu, Valentín (Jesús, m.81), Santi Casas.
- Xallas: Fabián, Peke, Amarelle, Kevin, Dani, Adrián, Brais, Calo, Guillín e Manu.
- Goles: 1-0, m.10: Santi Casas; 2-0, m.17: Santi Casas; 3-0, m.34: Valentín; 4-0, m.36: Juanili; 4-1, m.38: Manu; 4-2, m.42: Guillín de penalti; 5-2, m.60: Valentín; 5-3, m.62: Guillín; 6-3, m.75: Julián; 6-4, m.80: Mourelle; 6-5, m.87: Guillín de penalti; 7-5, m.88: Santi Casas de penalti.
Sofán - Os Miúdos (2-1)
- Sofán: Christian, Alberto, Alex Fidalgo, Juan, Nacho Eirís, Aarón, Eloy Cabeza, Ángel Cotelo, Nacho Moreno, Simón, David. Tamén: Sergio Pombo, Artom, Fernando, Sebas e Jose.
- Os Miúdos: Xian, Miguel V. (Xaquín), Rubén, Isma M., Abel, Gael (Ángel Sanandrés), Ángel (Alonso), Ismiña, Javi Sieira (Antón), Miguel Gesto e Riomao (Jesús).
- Goles: 1-0, m.7: Juan; 1-1, m.13: Javi Sieira; 2-1, m.48: en propia.
Choque entre Sofan e Os Miudos Xuvenil
Partido tremendamente igualado nas Eiroas, cunha intensa calor cunha SD algo máis metida no partido ante un cadro muradán que tivo que xogar cun xogador de campo baixo paus.
Comezaron os locais máis enchufados e pronto se adiantaban nunha xogada a balón parado. Pouco despois o cadro muradán empataba o partido, deixando media hora de xogo igualado e algunha ocasión máis para os de Javier Cabeza.
A segunda metade arrincaba co gol en propia meta de Miguel tras un centro chut de Eloy, que deixaba o choque de cara para os locais. Intentouno o cadro de Manu Camello e Fernando Silva, pero apenas chegaron con claridade nun man a man, a 5 para o final, de Antón, que salvaba Christian cunha gran parada.
Novas relacionadas
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.5: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais:
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).