Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Zipi e Zape: Champions Edition

Zipi e Zape: Champions Edition
Os ceenses Rivi e Diego Cespón teñen formado unha sociedade nova, descarada e con moita clase na medular dun Dumbría ao que lle resta só un triunfo para ser campión de Primeira Diego Cespón, á esquerda, con Rivi, tras vencer nun encontro O último gran Unión Club Cee, aquel que rozou o ascenso a Preferente hai máis dun lustro vivía dunha mestura xeracional entre os Mingos, Carlos Leis, Berto ou Dani Freire e unha ilusionante camada abanderada por nomes como Rivi, Fernandito ou Diego Cespón. Os dous últimos, aínda con acné na cara e o descaro típico da idade, foron apodados Zipi e Zape polas diabluras no campo e un aspectos de neno loiro e neno moreno que facilitaba o xogo de palabras. Con aquel Cee xa na memoria colectiva (agora loita por non baixar a Terceira) e Fernandito adicado a temas laborais alén das fronteiras (como moitos rapaces españois da súa idade), o enxeñeiro de Gures e o fideo de Cee parecen resucitar aquela sociedade de debuxos animados. O fan lonxe da casa, en Dumbría, onde están a un só triunfo do título de Primeira e o retorno a Preferente. Sergio Cambeiro Agulleiro 'Rivi' (Gures, 1990) responde sobre o terreo de xogo á súa formación profesional. A placa base e procesador dun sistema operativo que raras veces se colga, e no que el ten ido mellorando cada ano como unha sorte de producto nado do inxenio de Steve Jobs. O rapaz do talento innato agora é tamén o primeiro recuperador, asistente e pulmón, unha sorte de proxecto de Iago do século XXI… ou XXII se o da Ameixenda non se cansa. Pola súa banda, Diego Cespón Blanco (Cee, 1992) tivo que facer economía do esforzo para non malgastar en kilómetros innecesarios unha clase que lle levou da banda á intendencia cunha efectividade case de pleno. Ambos responden para QPC, na antesala case segura dun título de campións, sobre a súa sociedade, evolución e concepto do proxecto dumbriés. Como motor dunha máquina que parece case perfecta, como definiría o sistema xeral de traballo neste Dumbría? Diego Cespón: "O conxunto pareceme un equipo muy ben armado e efectivo tanto en ataque como en defensa; eu só teño que axudar na saída do balon, facer que chegue aos costados ou o noso animal co numero sete, e despois o resto xa ven solo. Defensivamente, somos un bloque forte no que salvando uns cantos partidos, no resto estivemos impecables. Meus amigos de Cee din que defendo máis que antes, pero é mentira: o beneficio de xogar con Rivi e Aaron é moi grande". Rivi: "O conxunto da máquina é sólido, adaptable e está engraxado. A solidez ven do bo ambiente que hai, fai que a máquina non rompa por ningún lado, ademais cando unha peza necesita un pouco de aceite sempre hai unha que se poda adaptar e facer o que estaba facendo a outra(a pesar das poucas pezas que ten a máquina) e o de que está engraxado é evidente, dino os números…" Pódese dicir que está no punto máximo de madurez como futbolista? DC: "En Dumbría foi onde acadei o punto máis alto de madurez futbolistica; viña duns anos un pouco irregulares, nos que non acababa de estar ben fisicamente nin motivado, a mellor decision que tomei hasta ahora no fútbol foi fichar polo Dumbria. Debolle moito a José, que foi o entrenador que me fichou, deume moita confianza e apostou por min toda a primeira tempada, xa que ao principio me costou un pouco entrar no ritmo de entrenamiento e competición. E despois o resto débollo a Julian, xa que foi o entrenador que deu co sitio no que máis comodo me encontro no campo, e que tamen me deu esa continuidade". R: "Pois si non o estou, non lle falta moito, pero como este ano empecei de cero despois de un ano en blanco, penso que o mellor ainda está por chegar". Clase, vostede, sempre tivo, en que cre que mellorou? DC: "Creo que máis que mellorar foi aprender a saber o que teño que facer, o que podo facer, e o que non teño ou non podo facer. Antes ao mellor facia o dobre de kilometros nun partido, e despois sentíame máis agobiado á hora de ter o balon. Aí foi cando entrou Julian en accion e me ensinou como xogar sen ter que percorrer tantos kilometros, ainda que é verdade que tácticamente no que o defensivo me refiero, cústame bastante mais. Físicamente gañei un punto e a melloria na precision tanto do pase largo como do corto". R: "En todo... cada ano e con cada adestrador apréndense cousas. E dos compañeiros, si son uns cracks como os meus, non che digo" O cambio de proxecto era arriscado, e funcionou, cales foron os acertos chave? DC: "Era arriscado, porque pasamos ter un plantel curto, pero cuns xuvenís dun nivel moi alto e que chegaron xogar moitos partidos titulares. A chave foi manter a Aarón, xa que para min é o xogador mais importante do equipo, e despois está claro que fichar a Adrián: 27 goles son moitos puntos o final de tempada, e aínda vai marcar mais. Tamén e recuperar da lesion a Rivi, que para el non hay palabras, é unha máquina de xogar ao fútbol! Sen esquencer tampouco a volta ao equipo de Dario, que leva un ano de escandalo. E Iván Bouzón, xa que nestas categorias o que che da un punto máis que o resto de equipos é o porteiro, e nos temos o mellor porteiro de Preferente xogando en Primeira". R: "O principal acerto foi o grupo formado, houbo trocos pero boa parte do bloque mantívose, e as incorporacións saíron moi ben, algúnha delas foi básica para estar donde estamos. Pero houbo moitos mais acertos: o traballo do corpo técnico semana a semana, a corrección de erros, as facilidades que da o club, os ánimos ó equipo... cousas que parecen sinxelas de acadar pero que non sempre se pode". Iago de Ameixenda, Rivi de Gures, Diego Cespón de Cee ou o seu paisano Iván Bouzón… no Cee estarán a tirarse dos pelos... DC: "Non… non creo que se estean a tirar dos pelos; o Cee siempre tivo bos xogadores, e creo que por diferentes motivos acabamos os tres en Dumbria, pero o que mais nos motiva é competir en categorias superiores". R: "Por veteranos como Cespón ou eu non creo pero por 'xuvenís' como Iago seguro que sí". Cespón e Rivi… Zipi e Zape 2.0? DC: "Antes era Zipi e Zape con Fernandito.. agora con Rivi pode ser, si. Coñecémonos mediante o fútbol, sempre me gustou xogar con el e a verdad que foi un punto muy importante dentro do campo cando cheguei: confianza, bo trato, animándome sempre, moi pendiente de min... Rivi é unha persona das que gusta ter cerca. Podria decir que é o "xenro que toda sogra querria ter". R: "Para mín é Cespón e Rivi". Que hai que agardar do Dumbría a medio prazo? DC: "Iso non o sei.. Para min é importante que sigan todos, do primeiro ao ultimo, reforzar en casi todas as lineas, e sobre todo que sigan tanto os dous adestradores, que so os que trouxeron a calma despois de varios meses de desorden. E a renovacion dos 4 capitáns: Carreira, Pablo, Iago e Aarón, xa que son os que están ahi tirando do carro e que non deixan que ningun xogador se desvie do que é o equipo. Porque ao estar unidos, foi o que nos trouxo ata aquí". R: "Hai que esperar que sigan saindo fenómenos das categorías inferiores e que o equipo siga subindo"

Comentarios