18 noites de verán para disfrutar da Fervenza do Ézaro iluminada


Este luns falaremos da Fervenza do Ézaro pero non nun ton tan festivo. Pero hoxe, sábado 29 de xuño, temos ocasión de disfrutar dun espectáculo nocturno fantástico. Moitos xa teredes ido (nunca defrauda por segunda vez) e os que non, non poden deixar de ver A única fervenza, da península, que desemboca no mar, de noite.
A pasada Semana Santa reafirmábase como un dos máximos referentes turísticos da Costa da Morte gracias, por suposto á súa liberación, e á promoción do Concello con accións como a Vuelta ou o Desafío.
Agora, polo verán, o Concello ilumina durante 18 noites a fervenza durante unha hora, de 23:00h a 0:00h. As dúas primeiras coincidiron coa fin de semana do San Xoán. E agora teremos os días que indica o cartel, ata o 21 de setembro.
A disfrutar.
Novas relacionadas
- A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte.
- A única fervenza, da península, que desemboca no mar.
- 28-01-13: A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces por riba do habitual.
- 14-04-11: Resucitou a Fervenza do Ézaro.
- Recunchos da Costa: A fervenza do Ézaro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta).