4 feridos tras un novo accidente no cruzamento de Berdeogas

15:32 19/10/20
Esta mañá de luns rexistrouse un novo accidente nun dos puntos negros da AC-552 ao seu paso por Dumbría. Se o cruzamento de Berdoias é un clásico das crónicas de sucesos, o de Berdeogas tamén rexistra un alto número de incidentes.
Como o que aconteceu esta mañá de luns 19 de outubro, cando dous turismos chocaron mentres un deles se incorporaba á AC—552, a altura de Berdeogas.
O 112 alertaba aos Servizos Sanitarios, Protección Civil, e Garda Civil. Os Bombeiros de Cee tamén acodían, comprobando que as ambulancias tiveron que trasladar a 4 feridos aos centros sanitarios.
Novas relacionadas
- Agosto 2020: Sáldase sen feridos un novo accidente no cruce de Berdoias.
- Outubro 2019: Un novo accidente no punto negro de Berdeogas.
- Xaneiro 2018: Falece unha señora 3 días despois do accidente de Berdeogas.