Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Fervenza do Ézaro celebra os 6 anos de liberación coa iluminación nocturna

A Fervenza do Ézaro celebra os 6 anos de liberación coa iluminación nocturna
Fervenza-Ezaro-12-04-11-Foto-Marcos-Rodriguez Foto de Marcos Rodríguez da primeira noite na que se liberou a Fervenza do Ézaro, o 12 de abril de 2011 Xa pasaron 6 anos. Foi un 12 de abril de 2011 cando resucitaba a Fervenza do Ézaro, e volvía lucir como vemos na imaxe de Marcos Rodríguez daquela mesma noite. Unha longa historia de denuncias a da liberación do último treito do río Xallas, que tivo como gran protagonista a un silenciado colectivo, AEMS-Ríos con Vida. Gracias á súa denuncia en 2010 conseguiuse liberar este caudal de auga. E de visitantes, pois se ben a decisión tardou demasiado en chegar, a día de hoxe pode xustificarse cunha soa cifra:O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.

Iluminación nocturna

Fervenza do Ezaro de noite Así de ben loce a enseada do Ézaro os días de iluminación nocturna Iluminacion-Nocturna-Cascada-Ezaro-Xallas-2017 Precisamente un dos grandes atractivos turísticos é a Iluminación nocturna, que esta Semana Santa fará lucir á cascada. As noites do Xoves Santo, Venres Santo e Sábado Santo, de 22:00h a 23:00h, a fervenza iluminarase para o deleite de centos de turistas e veciños, que seguro que tamén teñen gañas de vela.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios