martes. 06.05.2025
El tiempo

A fin de semana deixa un morto na estrada de Dumbría e outro no mar de Muxía

A fin de semana deixa un morto na estrada de Dumbría e outro no mar de Muxía

Doble traxedia esta fin de semana. Sendos accidentes no mar e na estrade deixaban dous falecidos na Costa da Morte.

O primeiro suceso acontecía na noite do sábado, arredor das 23:30h, cando un mozo de 21 anos saíase da vía na estrada que une Baíñas e Olveira, no lugar de Revouta, en Dumbría. O coche impactou contra un poste provocando a morte do rapaz.

Mentres, a segunda vítima mortal prodúxose en Muxía. Trátase dun pescador duns 40 anos de Carballo, que esbaraba nas rochas e caía ao mar na zona do campo de fútbol de Arliña durante a mañá do domingo. O seu compañeiro de pesca alertaba ao 112, e Salvamento Marítimo mobilizaba á embarcación Altair e ao helicóptero Helimer. Foi o Altair o que recuperou o corpo, xa sen vida, do pescador carballés.

Novas relacionadas

Accidentes na mar no 2013

Fonte

  • Faro de Vigo.

Comentarios