A repotenciación do río Xallas separa ao Parlamento
Completamente contrarias as posicións do PSOE, AGE e BNG con respecto ao do PP sobre a repotenciación do río Xallas. Unha repotenciación que implicará a creación de 3 novos saltos cun gran impacto para uns, e con 700 postos de traballo para outros.
Por un lado, BNG, PSOE e AGE consideran a repotención un perigo para a saúde do río xalleiro, e ademais o BNG presentaba un plan de desenvolvemento económico para a zona. Mentres Marisol Piñeiro, deputada do PP considera "paradóxico e incongruente que ambos partidos desprecen e demonicen no parlamento o proxecto de repotenciación do río Xallas". Criticou aos grupos da oposición asegurando que “non lles importa a Costa da Morte, nada máis que para buscar o titular na prensa, a demagoxia e o oportunismo político”.
E falan de cifras o PP como o mellor argumento. A deputada popular concretou que esta iniciativa suporá un investimento superior aos 40 millóns de euros na Costa da Morte e a creación de centos de postos de traballo. De feito, falouse de 700 postos, un número que a oposición considera esaxerada.
E puxo cifras a nivel comarcal a deputada indicando que a Xunta leva feito un "investimento aproximado de 280 millóns de euros entre os anos 2009 e 2012".
Mención ao CMAT
Referíndose en concreto ao ámbito turístico, Marisol Piñeiro fixo mención á constitución da Asociación Costa da Morte Acción Turística, “que auna esforzos público-privados e que traballa nunha oferta integrada para converter á Costa da Morte nun destino altamente competitivo”.
Novas relacionadas
- 01-07-13: A liberación da fervenza do Xallas. Unha historia de denuncias.
- 01-04-13: A Xunta asegura que as obras nos 3 saltos do Xallas crearán 700 postos de traballo.
- 15-02-13: Denuncian un grave impacto dos 3 novos saltos no Xallas e favoritismo coa empresa de Villar-Mir.
- 14-02-13: A Xunta asegura que os 3 saltos no Xallas non suporán novos obstáculos no río.
- 13-12-12: Ferroatlántica xa ten financiamento para as 3 minicentrais do Xallas.
- 03-02-12: A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas.
- 30-5-11: O río Xallas prefire camiñadas e non minicentrais.
- 06-07-09: O Xallas corre de novo perigo de sufrir máis centrais hidroeléctricas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).