Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Alcalde de Dumbría critica a baixada de caudal da fervenza do Ézaro

Fervenza do Ezaro en Setembro 2020-Foto-Marco-me
Fervenza do Ézaro a primeiros deste mes de setembro -Foto- @marco.me
O Alcalde de Dumbría critica a baixada de caudal da fervenza do Ézaro

Parecía un problema resolto. Dende que en 2011 a Xunta obrigaba, tras unha denuncia dunha pequena asociación ambiental, a Ferroatlántica a manter o caudal ecolóxico no último treito dorío Xallas, dende o encoro de Santa Uxía ata desembocadura, non volvera haber queixas. Eses teóricos 2,3 m3/s que a empresa está obrigada a manter parece que deixaban un rego suficiente para manter o que se ten convertido nunha das atraccións turísticas máis importantes da comarca.

Así o refrendan as cifras de visitantes do lugar, que este verán rexistrou nada menos que 145.000 persoas.

De aí que estes días escoitemos ata o alcalde José Manuel Pequeño, normalmente prudente á hora de lanzar avisos a unha empresa que ofrece moitos postos de traballo na comarca, criticando o caudal que houbo este verán na fervenza. "A estas alturas non entendemos como, por unha pinga de auga que son beneficios pingües, deixas así un reclamo como este".  "Hai que vivir en sociedade e ser conscidente das cousas que representann beneficios para unha empresa ou beneficios á comarca".

”Temos enviado un escrito a Medio Ambiente e a Augas de Galicia que revisasen o caudal, e estamos á espera de ver se a empresa está cumplido co caudal ecolóxico, pero á vista dende logo nótase que este verán baixou moito o caudal”, lamente. A empresa mantén que está cumprindo coas normas, pero “a simple vista costa crer que mantén o caudal ecolóxico”, explicando fontes cercanas á fervenza.

Novas relacionadas

outras novas sobre a Fervenza

Comentarios