A Costa recibe axudas para a mellora de 7 infraestruturas turísticas
Ata o 18 de outubro está aberto o prazo para unha nova orde para que os concellos de menos de 10.000 habitantes soliciten de novo subvencións para mellora, creación ou rehabilitación de recursos ou infraestruturas turísticas. Foron 7 os concellos costeiros (Carballo, Cee, Dumbría, A Laracha, Ponteceso, Vimianzo e Zas) que van recibir esta pequena axuda, comom lembrou onte o delegado do goberno Gonzalo Trenor na súa visita ao Ézaro.
Acompañado polo alcalde, lembrou a axuda de 30.000 € para a creación da pasarela de acceso á fervenza (um o proxecto que custou 650.000€).
A través desta liña a Xunta financiará o 100% das actuacións dirixidas ao embelecemento de accesos aos recursos turísticos, instalación ou mellora da iluminación ornamental; creación ou acondicionamento de miradoiros paisaxísticos, sendeiros ou rutas ou a adecuación dos espazos para o estacionamento de vehículos; eliminación de barreiras arquitectónicas ou sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna, entre outras accións.
Na comarca foron estes os investimentos:
CONCELLO |
OBXECTO |
IMPORTE |
CARBALLO |
Proxecto mesa panorámica accesible no mirador de Vilela |
4.679,68 € |
CEE |
Subministro mobiliario urbano camiño de Santiago-Casco urbano de Cee: cubrecontedores |
11.364,93 € |
CERCEDA |
Dotación de accesibilidade e mellora da iluminación ornamental do xardín botánico |
30.000,00 € |
DUMBRÍA |
Reparación da pasarela de acceso á fervenza do Ézaro |
30.000,00 € |
LARACHA |
Rehabilitación e accesibilidade do entorno turístico de Gabenlle |
28.010,85 € |
PONTECESO |
Aparcadoiro de autocaravanas en Corme |
30.000,00 € |
VIMIANZO |
Creación dunha ruta de sendeirismo pola paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba |
8.448,58 € |
ZAS |
Creación, sinalización e homologación da ruta da auga de Zas |
19.903,00 € |
TOTAL |
8 AXUDAS |
162.407,04 € |