Quinto falecemento na Costa da Morte polo coronavirus

Este luns comezaba a semana con outra mala novo no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Rexistrábase o quinto facelcido da comarca, un home octoxenario natural do Concello de Dumbría, que levaba 3 días hospitalizado. Quedan pois 8 hospitalizados no centro sanitario costeiro.
Ademais o pasado domingo rexistrábase no Hospital Materno da Coruña, a cuarta morte polo coronavirus da Costa da Morte. Neste caso era unha muller de 37 anos, de Carballo, que estaba embarazada.
Despois do fisterrán falecido o pasado día 25, o covid19 xa levou a vida doutros dous octoxenarios (un carballés e un de Vimianzo).
A día de hoxe o Hospital de Cee mantén 9 ingresados en planta. Ademais da campaña de frotis a domicilio, o HVdX ten aberto de 10:00 a 13:00, o covidauto, o sistema de probas sen baixarse do vehículo.
Todas as novas do Coronavirus
- 25-03-2020: Primeiro falecido por coronavirus na Costa da Morte
- 23-03-2020: Polo menos, 20 positivos: O coronavirus tamén é cousa nosa.
- 21-03-2020: O alcalde de Santa Comba confirma varios positivos por coronavirus.
- 19-03-2020: Confírmanse tres positivos por coronavirus en Carballo.
- 14-03-2020: Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte.
Novas do coronavirus
- Juan. J. Gestal, epidemiólogo muradán: “Temos que prepararnos para un maior tempo de confinamento”.
- Cando a vida chega ao seu fin en tempos de Coronavirus.
- Juanma Trillo, do 061: "Penso que co paso dos días a xente foi tomando conciencia da gravidade do problema"
- Balance positivo nesta primeira semana de confinamento
- Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia”.
- O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio.