Denuncian a falta de transparencia da Xunta co Documento Ambiental da LAT do P.E. Paxareiras II
- “A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica”, denuncia Petón do Lobo
Denuncia a Asociación Petón do Lobo que “a Xunta de Galicia esqueceu permitir o acceso ao documento ambiental do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II. Un proxecto que afecta ao concello de Dumbría, e que está en proceso exposición pública ata o 17 de xaneiro (expediente IN408A 2020/179).
A pesar do que pon no anuncio, a entidade denuncia que non está exposto o Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021), e “a seis días hábiles de que remate o prazo para a presentación de alegacións, a cidadanía e as persoas afectadas non puideron acceder a un dos documentos máis importantes do proxecto”
Diversas queixas e reclamacións presentadas ante o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, reclaman o reinicio do cómputo dos prazos para presentar as alegacións “a un proxecto denso e de difícil comprensión”.
Non é un caso illado”, aseguran dende a entidade. “Hai determinados proxectos que parece que lle custa á Administración que a cidadanía acceda á documentación. Así sucedeu cos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco da promotora Aerogeneración Galicia, S.L.”, por exemplo.
“A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica”, denuncian.
“A información administrativa é un imperativo do principio de publicidade e transparencia nunha sociedade democrática”, lembran.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS
- O Consello da Cultura Galega tamén solicita a revisión do Plan Sectorial Eólico cun informe
- 14-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.