Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Denuncian que Xeal reduce o caudal ecolóxico do río Xallas con permiso da Xunta

Fervenza do Ezaro onte
Así estaba onte a Fervenza do Ézaro
Denuncian que Xeal reduce o caudal ecolóxico do río Xallas con permiso da Xunta

Semella que estes días o caudal da fervenza do Ézaro vai algo máis baixo do habitual dende que en abril de 2011 Augas de Galicia obrigase á empresa a manter un caudal ecolóxico de polo menos 3,434 m³ a raíz dunha denuncia de AEMS Ríos con Vida. Segundo a ADECOM, débese a que “a Xunta autorizou á empresa Xeal a reducir o caudal ecolóxico que libera o encoro de Santa Uxía que explota para a produción hidroeléctrica”.

Para a ADECOM “a empresa e a Xunta poderían estar a incumprir o mandato xudicial”, lamentando que “en lugar de garantir a legalidade e a conservación do medio natural, esixindo a liberación do caudal ecolóxico estabelecido, unha década despois decide permitir á empresa liberar un volume de auga proporcional ao da entrada de auga no encoro, podendo varialo cada mes”.<>/p>

ADECOM sospeita que “detrás deste cambio de criterio tan arbitrario hai unha nova concesión do goberno galego ao sector eléctrico privado, que ao parecer agora conta con carta branca da Administración”.

Comentarios