Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira

Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira
Parque_eolico

Parece que o monte da Costa da Morte non ten fin. Ou alomenos parece que así o entenden dende as administracións, pois o caso da proliferación de viraventos é un asunto de extrema gravidade. Os Parques Eólicos non respectan nin as zonas protexidas, e xa apenas quedan miradoiros onde os muíños de vento non sexan protagonistas das vistas. I é que falamos de aereoxeneradores de 119 metros de altura e aspas de 54 metros de envergadura. Como para non velos…

Vimos de coñecer varios novos proxectos en marcha, que afectan as comarcas de Bergantiños e Soneira.

Comezamos este tráxico repaso po un novo proxecto que se porá en marcha en 2015, da man do holding de empresas de Villar Mir. Un proxecto aprobado pola Xunta en 2002, e levantará 18 aereoxeneradores entre os termos municipais de Vimianzo (14) e Zas (4 na zona de Pedra Miñón), facendo un total de 59,4 megavatios de potencia. Un proxecto que estaba prantexado inicialmente para o concello de Dumbría, un dos máis invadidos de toda Galicia.

Tamén Grupo Villar Mir (do que forma parte Ferroatlántica) ten en trámite outro parque eólico de 16 viraventos entre Coristanco (14) e Carballo (2), que se chama Monte Alegre, cunha potencia semellante ao soneirá.

Dous proxectos, que ten en conta as liñas de evacuación e trasformadores, afecta tamén aos concellos de Santa Comba e Dumbría, ademais dos 4 mencionados.

Uns proxectos que, segundo La Opinión, lle reportará a Villar un beneficio de 17 millóns de euros en 2015… Pero por certo, este proxecto a nós non nos servirá para ter a enerxía máis barata, verdade?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios