Dumbría coida o Camiño
Hoxe temos que dar os parabéns ao Concello de Dumbría. E o facemos tras ver de primeira man todos os avances en materia peregrina que veñen de realizar nos últimos tempos. Xa o din todos os que chegan andando ata Fisterra e Muxía: "Nótase cando entras e cando saes no Concello de Dumbría", i é que detalles tan simples como unha parte da estrada pintada de verde para os camiñantes, son fundamentais.
O Concello dumbriés parece ser o único da zona que se decata do tesouro que significa o Camiño. Pero un tesouro que precisa ser coidado, tanto para o benestar do peregrino como para a súa explotación. Porque se un peregrino é ben tratado, e ten onde gastar os cartos, gastaraos de seguro.
Olveiroa é un dos mellores exemplos para ver como o Camiño é un tesouro. A recuperación que se está a facefr no lugar dá conta do potencial do mesmo.
Novas sendas peatonais
Cóntannos dende o Concello como están sendo as obras das novas sendas peatonais. Unhas obras que ollo, non implican máis que unha boa pintada na estrada, algo ao que todos os concellos con tramos de Camiño deberían estar obrigados.
"Acábanse de construir uns 2 km e medio de sendas peatonais que discorren paralelas ó trazado da carretera, para que os peregrinos non teñan problema co tráfico. Estas van desde Ponte Olveira (entrada do Camiño no concello de Dumbría) ata Olveiroa e outra dende a fábrica de Ferroatlántica ata enlazar co camiño de monte que vai ó Marco do Couto", apunta Ana Casais.
Pero a idea é separar completamente o camiño da estrada. "Para que todo o tramo de Camiño quede libre de carretera en todo o territorio municipal, falta aínda un tramo por construir. Trátase dun tramo xusto ó pasar Hospital. Precisamente, un dos máis perigosos para a seguridade vial, xa que o trazado da carretera ten orientación leste-oeste, o que dificulta a visión dos conductores no amencer e no solpor".
Esta forma de explicarnos dá a entender o coidado do Concello para con este asunto. Con todo, parece que "a Deputación xa ten feito o proxecto para levar a cabo esta mellora, pero debe faltar que sexa aprobado un orzamento", explican.
Máis prazas nos albergues
Outra demostración é ver que os albergues seguen crecendo. Tanto o Albergue Olveiroa, con 34 prazas (unha para minusválidos) como o novo do Conco (24 prazas e 2 minusválidos) están abertos todo o ano.
E as cifras non minten: No de Olveira durmiron nestes 10 primeiros meses do ano 6.232 persoas; mentres no do Conco o fixeron 638.
Falta promoción aínda no do Conco, e o Concello xa está mans á obra e vai facer pronto unha "campaña" para dalo a coñecer ó longo do Camiño. Pero é que as últimas ampliacións do primixenio, e o encanto da vila de Olveira fanno o preferido dos camiñantes. Así
Novas relacionadas
- Unha documental “holística” sobre a Costa da Morte.
- Os veciños de Zas completa de novo o Camiño.
- Sae á rúa a guía da Ruta Costa da Morte.
- Sentindo o Camiño.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A AGACS defende o Camiño.
- O Albergue dos 100.000 peregrinos.
Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII: Lendas, tradicións, soños... emocións (I).
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (II). O Apóstolo e as cidades "asolagadas ou alagadas.
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
Máis novas
- A Cámara de Comercio da Coruña apoia a creación do Consorcio de Turismo.
- Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
- Un setembro a medias no sector hostaleiro da Costa da Morte.
- Unha Goleta bretona na augas do noso Finisterre.
- A impresión dun turista na Costa da Morte.
- Sae á rúa a guía da Ruta Costa da Morte.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).