Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Gran papel dos piragüistas dumbrieses en Pontevedra

Gran papel dos piragüistas dumbrieses en Pontevedra

Os palistas do CDM Piragüismo Dumbría realizaron un excelente papel na primeira proba da Copa Galega de Slalom disputada en Pontevedra. O río Lerez amosou a súa mellor cara despois das abundantes chuvias caídas durante o fin de semana, dando lugar a un perrido técnico e duro que fixo estragos entre os participantes.

Mesmo así, Andrea Pérez, na categoría xuvenil femenina estivo no seu mellor nivel e se impuxo con solvencia. A grata sorpresa a deu Aaron Rei Núñez, que remataba as premilimares nun explendido e sorprendente 1º posto. Na ronda final sufriu pero mesmo así logrou un explendido 3º posto.
Por outro lado o canoista cadete Marco Antonio Oreiro fixo unha explendida primeira manga que o aupaba a segúnda posicion provisional, pero na final caíu dos postos de podium.

Do resto da expedición dumbriesa o máis destacable foi a vitoria de Iago Canosa dentro do apartado dos Infantís en seguimento pola federación, con Javier Trigo na quinta posición.

Vindeira cita

A vindeira proba da Copa Galega de Slalom será en Padrón dentro de tres semanas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios