O Anllóns e o Xallas volveron comprobar a supremacía do clube de Pesca Salmo
O equipo do Club Salmo da Coruña gañou a liga de Clubs Salmónidos Mosca que se desenvolveu esta fin de semana nos Coutos de Verdes (río Anllóns) e Santa Comba (río Xallas) e serán os representantes galegos no Campionato de España da especialidade que se fará en Huesca do 4 ao 7 de outubro.
Non deixan cabida para o resto, e se hai un par de semanas disfrutabamos co poderío de David Arcay, hoxe comprobamos de novo que os coruñeses copan case que os 10 primeiros postos da Liga Provincial. De feito, para atopar un costeiro temos que baixar ata o 9º está, con Carlos Gesto García (de Santa Comba) que ademais participa na selección española e foi campión de España, ou ata o 11º, onde atopamos ao dumbriés. Carlos Vietes González.
Iso si, o que podemos ter claro é que "Galicia é punteira nisto da Pesca de Salmónidos Mosca", como nos conta dende a Federación Manuel Mouzo, que recoñece que a única Sociedade costeira que compite a nivel autonómico e a Sociedade de Pesca Deportiva Neria.
Clasificacións
Os compoñentes do equipo gañador do Club Salmo son: Juan José Verde Vázquez, José Antonio Ferreiro Rodríguez, Juan carlos Suárez Pazos e Carlos García Pernas.
O 2º clasificado foi a Sociedade de Caza e Pesca de Xubia, composta polos deportistas Rafael Bellas Bermúdez, Alberto Mera Torrente, Vicente Pico Anidos (recente campión de España) e Guillermo Torrente Barros.
3ª foi a Sociedade de Pesca Río Mandeo con José Luís Delgado Seoane, Diego Rodríguez Ramos, Alejandro Villanueva Fariñas e José Touceda Faraldo.
Tamén participaron A Venatoria As Pontes 4º, A Venatoria de Lugo 5º, Asociación de Pescadores da Ulloa 6º, Sociedade de Pesca con Mosca Trutta 7º, Club de Pesca W. La Torre 8º, Sociedade de Pesca Deportiva Santa Comba Xallas 9º, A.P.D. Librea 10º, Sociedade de Pesca Deportiva Neria 11º, Asociación Deportiva de Pesca Fluvial 12º, Sociedade de Pesca de Valdeorras 13º.
Novas relacionadas
- O Couto de Verdes do río Anllóns acolle unha nova exhibición do coruñés David Arcay.
- A Xunta inviste a multa de Ferroatlántica en recuperar o couto de pesca do río Xallas.
- A Costa da Morte xa está no circuito de pesca de salmónidos.
- O nordés aumentou a dificultade no Campionato de Pesca da Langosteira.
- Dumbría e Baio acolleron sendas citas de pesca.
- Pola mellora dos ríos de salmón.
Fonte
- Información da Federación Galega de Pesca, da man do seu secretario Manuel Mouzo.