Martes. 14.05.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría volve da Copa Galega con 4 medallas e terceiros por equipos

O Piragüismo Dumbría volve da Copa Galega con 4 medallas e terceiros por equipos
Aaron Martinez do Piraguismo Dumbria en Mondariz

Nun día primaveral ("por fin", valoran dende o equipo dumbriés) Mondariz acollía agora a Copa Galega de Slalom que no seu momento fora aprazada dada a coincidencia de datas coa Copa do Segre. E a Mondariz foron varios membros do Piragüismo Dumbría, para colleitar unha gran actuación que ratifica o bo comezo de ano e a esperanza de que esta sexa unha gran tempada.

O río presentaba un nivel moi semellante ó da semana anterior na copa de España, un puntiño máis alto se acaso, ideal para a disputa da competición, e hai que recoñecer que os palistas do CDM Piragüismo Dumbría estiveron á altura: Boa navegación e moitísimas menos penalizacións que a pasada semán no mesmo río pero na Copa de España.

A primeira en competir foi Laura Antelo no K1 femenino xuvenil. Fixo unha manga moi relaxada de preliminares co único obxectivo de pasar o corte e meterse na final. Se a pasada semana non foi quen de facelo na Copa de España, esta vez si que puido. Non lle gustou moito o seu posto, pero na final se desquitou rebaixando o seu tempo en 22 segundos e recuperando varias posicións rematando .

Logo viña o turno das canoas, e no C1 xuvenil había participación do CDM Piragüismo Dumbría. Marco Oreiro e Iago Canosa estiveron sempre nas posicións de podium, pero con unha diferencia na actitude competitiva: Iago competía para ver o percorrido e ver que pescaba. Marco o facía con máis sensación de ter que demostrar algo. O final gañou Iago por delante de Andrés Saco do Quixos, con Marco no 3 posto a pesar de que os tempos de Iago eran os peores dos tres, e o de Marco era o mellor. A diferencia? Que Iago non penalizou facendo a súa manga nun cero, e Marco curiosamente tocou en catro remontes, tanto de esquerdas coma de dereitas (3, 8, 12 e 15), o que supuxeron 8 segundos de penalización que o relegaron o terceiro posto a pesar de ter o mellor tempo.

Iago Canosa do Piraguismo Dumbria en Mondariz

Arrancaba a última parte da competición cos Kaiaks, e con Aarón no 2º posto despois das preliminares. A maneira de navegar de Aarón evolucionou muito nos últimos tempos, sendo máis sobria, menos espectacular pero bastante máis efectiva o trazar bastante mellor. Ademáis conseguiu facer a competición con menos penalizacións que se lle recorda, logrando un merecido terceiro posto que o levaba despois de varias competicións a volver a subir ó podium e a confirmar o seu bo desempeño da pasada semana na Copa de España.

Aaron Martinez no podio de Mondariz

No K1 xuvenil Marco Oreiro viña coa intención de desquitarse despois do seu disgusto na final do C1 xuvenil, na que a pesar do terceiro posto, non quedou moi feliz. Traballou moi ben e competiu realmente con rabia, e iso se convertiu nunha manga moi boa na que rozou o podium. Un 4º posto rozando o podium.

Finalmente se disputaba o K1 Cadete onde o favoríto era Iago Canosa. Esta é a súa proba, e despois de conseguir a medalla de bronce na Copa de España disputada aqui a pasada semán viña coa tranquilidade de saber que se o facía igual de ben, o posto máis alto no podium era seu. Ademais viña coa lección aprendida na final de canoa de que si se ia polo sitio e non se tocaba nas portas para evitar penalizacións o tempo sae. Dito e feito, fixo unha manga limpa, sen pasarse de voltas, e coa seriedade esixida a quen ten a presion de ser o favoríto. Polo seu lado Javier Trigo firmou un 6º posto sin ningúnha penalización, nunha categoría onde o nivel dos seus rivais é altísimo.

Ademais o CDM Piragüismo Dumbría acudía a Mondariz con Kiara Martinez Trigo competindo de abridora, realizando duas mangas preciosas, con moi bo ritmo e trazada o que a levaron a uns tempos que a terían metido na final xuvenil do K1 femenino.

Bo papel por equipos

Finalmente e grazas ó bó desempeño de todos os palistas do clube sin excepción, o CDM Piragüismo Dumbría subíu o podium nesta competición da Copa Galega de Slalom obtendo o 3º posto, por detras do CDM Teixugos e dos locais do Clube Tea de Mondariz Balneario.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios