Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”

“O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”
O Coto de pesca sen morte do Rio Xallas entre os mellores de Europa O Couto de pesca sen morte do Río Xallas está entre os mellores de Europa

Así o recoñecía o mesmo Presidente da Federación Galega de Pesca, José Manuel Rey, a pasada semana en Dumbría, durante a presentación da completísima oferta cultural e deportiva do Concello para os vindeiros 5 meses. Unha oferta que convirte os eventos deportivos de altísimo nivel en verdadeiras citas creadoras de riqueza para a comarca.

Unha desas probas será o Campionato de Mundo de Pesca, que situarán os ríos Xallas e Anllóns (e aos Concellos de Dumbría, Coristanco e Santa Comba) en verdadeiras referencias a nivel mundial. Do 8 ao 13 de agosto os mellores pescadores de mosca sen morte do mundo estarán na Costa da Morte. E por se fose pouco, tamén teremos un Campionato de España.

Rey valoraba o espazo natural do río Xallas, destacándoo como "un dos mellores cotos de pesca de Europa". "Só hai que ver a lista de espera do torneo que organiza a xente de Salmo, con campións internacionais desexando vir aquí, o que demostra a calidade do escenario".

O Presidente da Federacion Galega de Pesca Jose Manuel Rey Alvela entre Pablo Canosa e Pequeno O Presidente da Federación Galega de Pesca, Jose Manuel Rey Alvela, entre Pablo Canosa e José Manuel Pequeno

7 localizacións

O Campionato ten 7 localizacións, e os participantes (veñen 5 integrantes de 15 países coas súas familias) pernoctarán en Santiago, os xuíces (cada participante leva un xuíz) si que dumirán na zona onde se compite.

“Galicia é un país de pesca”

As cifras demostran que a pesca non é un deporte minoritario en Galicia, recorda o presidente da federación. Se ben só hai 4.000 fichas federativas, hai máis de 200.000 fichas administrativas, que representan o censo real de afeccionados e practicantes á pesca deportiva.

En todo caso, Rey lembraba que "se ben hai zonas que viven da pesca, e non só en EEUU senón tamén por exemplo en Castela León. aquí deberíamos aproveitar este recurso moito mellor. É certo que a Lei de Pesca, de 1992, non axuda moito, pero tamén é culpa nosa, das administracións, dos Concellos, as tendas deportivas, os establecimentos hostaleiros… Ogallá moitos concellos como Dumbría se implicasen nesta clase de eventos", sinalaba Rey.

"Turismo de calidade"

Outro dos asuntos que destacou o alcalde destes eventos de pesca, é que atraen un turismo de alto nivel económico.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios