Venres. 19.04.2024
El tiempo

Piden a Feijoo que evite a “excluisión financieira” no rural

Gonzalo Caballero 130921 01
Piden a Feijoo que evite a “excluisión financieira” no rural

Coincidindo co xesto do Concello de Vimianzo de quitar os cartos de Abanca, o PSOE a nivel autonómico fixo tamén declaracións sobre o peche paulatino das sucursais de Abanca no rural. Gonzalo Caballero pediu a Feijoo que evite a “excluisión financieira” nos concellos pequenos.

Foi nun encontro concon 14 representantes municipais socialistas (entre o que estaban José Manuel Pequeño e Mónica Rodríguez) para crear “unha carta de servizos básicos” cos dereitos no rural.

Ridícula parece a decisión da Xunta de subvencionar aos bancos para a instalación de caixeiros nos concello onde pecha sucursais, sobre o que subliñou que “é un avance poñer un caixeiro nunha localidade que non tiña sucursal bancaria”, pero recordou que a propia Fegamp “está pedindo que a Xunta garanta servizos análogos aos que había nos concellos”. "Alí onde hai oficina bancaria o obxectivo é mantela", recalcou.

Caballero pediu ademais a Feijoo que “deixe de botar balóns fóra”, que faga realidade esa “aposta polo rural” que tanto anuncia o goberno galego garantindo a “discriminación positiva” dos pequenos concellos, sinaladamente aqueles que só contan cunha sucursal bancaria.

Puxo voz ao que pasa na Costa da Morte Mónica Rodríguez, poñendo o acento na dificultade da poboación maior para adaptarse á banca electrónica, sinaladamente en concellos onde o despregue da conexión dixital “non está ao 100%”.
Ademais, criticou as restricións horarias na atención bancaria, hábil tan só “para os poucos privilexiados que poden achegarse á oficina de 9 a 11”.
Pola súa parte, Pequeño considerou “o colmo” que no seu concello pechase unha sucursal e que esta situación é a consecuencia “de facer desaparecer” as antiguas caixas galegas para “convertelas nun banco”, afastándose así das necesidades os galegos e galegas.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios