Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Collendo posicións

Preferente: Collendo posicións

Terceira xornada na Preferente - Senra Sport, e os nosos xa se van situando. Xa na 4ª posición métese o Dumbría de Lobelos e Leis (Canosa tiña voda e non puido acodir), tras sacar unha apurada vitoria en casa ante un temido, o Atl. Arteixo. O que non puido sumar os 3 puntos foi o XSC ante a visita do Val, pero os de Coméndez quedan na metade da táboa con 4 puntos.

Senra Sport patrocina a Preferente

Dumbría - Arteixo (1-0)

Adrian Makaay marcou o segundo para o Dumbria
  • DUMBRÍA: Iván, Tantán (Jose, min.80), Bran, Iago, Kevin, Aarón, Adrián Mackaay (David Carreira, min.85), Cote, Adrián Nieto (Luisito, min.65), Rivi e Diego Cespón (Jesús, min.77).
  • Gol: 1-0, min.5: Adrián Makaay a pase de Rivi.

Sufríu o Dumbría para acadar a segunda vitoria da temporada e seguir mantendo a imbatibilidade do Conco. O choque arrincou co gol de Adrián Makaay, que parece en forma neste comezo de campaña con este o seu segundo tanto.

O Arteixo do vimiancés Miguel comezou a combinar e manter o balón pero Iván apenas tivo que intervir na meta local. Tivo que poñerse o mono de traballo o Dumbría na segunda, ante un Arteixo que o intentaba por abaixo pero tamén por arriba. Iván apareceu de novo para salvar 3 bos puntos.

Xallas StComba - O Val (0-0)

  • XSC: Julián, Rubén Forján, Darío (Cristian, min.82), Aarón, Alberto, Jota, Doro, César (Kevin, min.76), Marcos (Pablo Muíño, min.60), David Baña (Choco, min.65) e Arnejo.

Bo partido dos de Coméndez que non puideron pechalo cos 3 puntos, pero demostrou ser superior ao rival. Así e todo non chegaron a ter ggrandes ocasións nunha sosa primeira metade. O cadro local levou a iniciativa durante os 90 minutos.

Foi na segunda cando chegaron as mellores ocasións, pero os remates de Arnejo, Doro ,marcos, Rubén Forján ou Pablo Muíño non tiveron premio.

Arriscaba máis e máis o cadro xalleiro na procura dos 3 puntos, pero Doro e Arnejo non acertaron.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios