Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría di ata logo ao ascenso e o XSC aférrase á categoría

Preferente: O Dumbría di ata logo ao ascenso e o XSC aférrase á categoría
Xornada importante esta a 35º na Preferente para os nosos. Se o Soneira se daba un gusto, algo tarde pero gusto ao fin ao cabo cunha vitoria tranquila, Dumbría e XSC tiveron choques claves. Os dumbrieses caían en Viveiro nun partido que deixou posiblemente os mellores 45 minutos da temporada dos de Canosa, que se viu perxudicado pola polémica. Deixan así, coa derrota, escapar ao Silva na 4ª praza a 4 puntos. Está complicada a Promoción con 4 puntos de vantaxe cando quedan 3 partidos, pero ollo que na penúltima xornada hai un Silva-Dumbría que pode aínda pode abrir posibilidades. O Viveiro mantén un pulso interesante o Bergantiños pola segunda praza de ascenso directo, unha vez que o Ribadeo xa é equipo da 3ª División. Mentres, o XSC ve a salvación “complicada pero factible” tralo empate en Chantada. Aínda non cantos postos de arrastres vai haber porque na 3ª poden descender 3 ou 4 para a Preferente Norte, e precisamente o cadro xalleiro ocupa agora a 4ª praza de posibles arrastres. Escapou o Riveira a 3 puntos, pero deixou ao Val 3 por debaixo.

Viveiro - Dumbría (2-1)

  • DUMBRÍA: Julián, Rivi, Oscarín, José, Aarón Fdez., Iago, Adrián Makaay (Luisito, min.70), Jota, Doro, Dani Casal (Pablo Muíño, min.65) e Adrián Nieto.
  • Goles: 0-1, min.36: Adrián Nieto; 1-1, min.40: de penalti; 2-1, min.52.
Acabou a loita pola Promoción de Ascenso para o Dumbría, e acabou cun partido polémico. En fronte un Viveiro que ten practicamente a 3ª praza asegurada, pero un campo, Cantalarana, moi complicado, e ante o que o colexiado se cadra se amilanou un pouco. Exemplo, o discutido penalti que puña as táboas no marcador ao fío do descanso, que metía aos locais dentro do partido, tralo gol de Adrián Nieto á media hora. E iso que foi unha das mellores primeiras metades do equipo esta temporada. O equipo de Canosa levou o peso do partido, tocou, combinou e chegou a facer dano, pero sen acerota cara gol. Comezaba a segunda metade co gol local, e o Dumbría tiña que remar, pero demasiado costa arriba se lle puxera o partido e non foron quen os de Canosa de darlle a volta ao marcador, quedando agora a 4 puntos do Silva a falta de 3 partidos, iso si, cun Silva-Dumbría na penúltima xornada.

Chantada - Xallas StComba (1-1)

  • XSC: Diego, Alberto, Cristian, Héctor, Rubio, Jonathan, Toño, Darío (Marcos, min.70), Richi, Jesús e Arnejo.
  • Goles: 1-0, min.45: de penalti; 1-1, min.67: Arnejo de penalti.
Partido tenso o xogado en Chantada cun cadro de Rubén Coméndez que non arriscou. A primeira metade foi de tanteo e ningún quería levar o peso. Apenas houbo ocasións, pero a fortuna aliouse do lado local e xa case co tempo cumplido un penalti daba vantaxe ao cadro lucense. Non se veu abaixo co gol psicolóxico o equipo verde e laranxa, e foise arriba na segunda metade. Chegou o premio

Soneira - Lemos (3-0)

  • SONEIRA: Víctor, Brais, Fran, Mayor, Figueroa, Richi, De la Sierra, Basti (Leo, min.80), Javi e Baba.
  • Goles: 1-0, min.3: Fran de Urroa; 2-0, min.50: Basti de penalti; 3-0, min.83: Javi.
Por fin, e a pesar de que non vale para nada, unha tarde tranquial no municipal. O Soneira venceu con claridade a un dos que loitan por evitar a permanencia. Os nervoz atenazaron aos visitantes e o Soneira aproveitou a inercia dun partido que se lle puña de cara aos 3 minutos, cando o capitán abría o marcador. Clave foi o segundo gol, de Basti dende os 11 metros ao comezo da segunda metade, cando o Lemos intentaba apretar tras unha primeira metade cómoda para os de José Ángel.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios