Solpor abrirá unha oficina en Santiago sobre o Camiño a Fisterra-Muxía


Segue traballando a Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago SOLPOR para espallar o Camiño de Fisterra-Muxía por toda península. Esta semana, os membros da Asociación celebraban unha asemblea extraordinaria de socios no centro de interpretación do Camiño de Hospital (Dumbría), na que se informou de varios puntos.
O máis destacado do que deu conta o equipo directivo foi a intención de abrir ó público un punto de información do Camiño de Fisterra-Muxía en Compostela. Despois de estudiar varias opcións, o presidente do colectivo, o investigador do Camiño Antón Pombo, explicou que a proposta “máis interesante parécenos a dun local na Rúa Nova, propiedade dunha asociación do Camiño de EE.UU.”. O local está atendido por voluntarios que falan inglés e que están moi sensibilizados ca prolongación xacobea a Fisterra e Muxía.
Convenio con Turismo Coruña
Na asemblea informouse tamén da intención de asinar un convenio con Turismo de A Coruña, por medio dos cales, sendas oficinas ofrecerían información das empresas e do Camiño que promove Solpor, e a cambio nos establecementos daríase tamén información da oferta da cidade. A intención pasa por facer o mesmo con Turismo de Santiago.
Solpor asinará tamén próximamente un convenio coa Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, por medio do cal se levará a cabo un repintado con flechas amarelas do Camiño de Fisterra-Muxía. Ademais o Xacobeo ten presupostada e aprobada a reposición de marcos de pedra e cunchas de cerámica na prolongación xacobea.
A directiva de Solpor está a negociar igualmente varias propostas con distribuidoras comerciais para conquerir os mellores precios para produtos consumibles nos establecementos asociados, ademais de prestación de servicios.
O directorio, pola península
Ademais, informaron da distribución do directorio-guía de establecimentos presentado pola entidade recentemente en Fitur, unha publicación, en todo caso, de baixa calidade. Uns 20,000 exemplares desta publicación será repartida nos principias puntos da Ruta Xacobea de Galicia, Asturias, Castilla y León e Norte de Portugal, ademais das principias oficinas de turismo de Galicia. A propia Xunta Directiva encargarase de dita distribución, organizando para elo varios equipos de traballo.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR.
- O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- Nava Castro revisa as obras no Camiño.
- A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT.
- A Xunta comprométese a promocionar o Camiño de Fisterra-Muxía no exterior.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT.
Fonte
- Nota de prensa de Solpor.