O Tribunal Supremo ratifica a suspensión cautelar do Parque eólico Paxareiras II
Foi en 2022 cando a Asociación Petón do Lobo denunciaba a falta de transparencia na tramitación por parte da Xunta do parque eólico Paxareiras II, sito en Dumbría. Un proxecto promovido pola Asociación Eólica de Galicia e Av Paxareiras S.L.U. contra o que o Tribunal de Xustiza de Galicia emitía unha resolución o 8 de febreiro de 2023 na que suspende cautelarmente as autorizacións administrativas previas e de construción do proxecto.
As promotoras presentaran un recurso de casación pero hoxe se coñece que o Tribunal Supremo decreta a inadmisión a trámite do recurso e mesmo impón o pagamento das custas procesuais ás recorrentes.
O altro Tribunal considera que o recurso carece de “fundamentación” nin “argumentación” suficiente para admitilo a trámite, polo que a paralización segue vixente.