Luns. 16.12.2019
El tiempo

O Volei Dumbría segue arrasando na SuperLiga2 e será o anfitrión da Copa Príncipe

O Volei Dumbría segue arrasando na SuperLiga2 e será o anfitrión da Copa Príncipe

Está colocando, pasiño a pasiño, a Dumbría e á Costa da Morte, no cumio do Volei Dumbría. O cadro costeiro volvía vencer 0-3 ante o Extremadura Grupo Laura Otero, e segue líder invicto en la Superliga 2, facendo soñar a toda a bisbarra con meter un equipo na máxima categoría estatal dun deporte de primeiro nivel.

A solidez do conxunto coruñés desarboló en todas as facetas aos locais con 17 puntos directos e 8 bloqueos.

Pero as boas novas exténdense ao institucional, pois o pavillón do Conco acaba de ser elixida sede da Copa Príncipe de Volei, que se desputará os días 11 e 12 de xaneiro de 2020.

Un torneo nacional que enfronta os dous primeiros clasificados na primeira volta dos grupos A e B da Superliga 2. A día de hoxe, e a falta de desputarse aínda 3 partidos, os clasificados serían, provisionalmente, Volei Dumbria Oficial e Boiro Voleibol (grupo A) e Club Voleibol Barcelona CVB Barça e Club Voleibol Sant Pere i Sant Pau - Primer equipo (grupo B).

Unha demostración da confianza que a Real Federación Española de Voleibol, coma a Federación Galega de Voleibol teñen xa no club e no concello dumbriés, como non podía ser doutro xeito despois da boa acollida da fase final de ascenso á Superliga 1, desputada o pasado mes de abril en Dumbría.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios