1000 quilos de longueirón na fin de semana fisterrá
09:00 06/08/11
Xa vimos todas as festas da fin de semana pero aínda non deramos conta da Festa do Longueirón de Fisterra. Trátase da vixésima edición do evento, que se celebrará na praia da Ribeira.
Programa
A degustación comezará ás 19:00h de hoxe sábado. O longueirón elaborarase de varios xeitos: á prancha, en croquetas, en empanadas, en salpicón, en tortilla, en paella ou incluso en fideuá. Os prezos irán dende os catro ata os sete euros por ración.
A festa contará coa animación do grupo de danza Nosa Señora do Carmen e o grupo de gaitas Catalmimbre. Á noite desenvolverase unha verbena co grupo Luz de Luna e os Fisterra House Mafia’s
Xa o domingo, a degustación iniciarase a mediodía. Haberá música de charanga, inchables e xogos para os máis pequenos. Pola noite, unha verbena co grupo Glamour pechará a festa.
Novas relacionadas
- Fin de semana de festas si ou si.
- Festas para non dar feito en O Ézaro, Vimianzo, Camelle, Buño e San Mamede.
- Corcubión agarda polo Porco Celta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).