A A.VV. Costa da Morte piden a transferencia da xestión do Faro Fisterra ao Concello


Non para José Fernando Carrillo de levar peticións ao Concello en nome da Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra. Unha gran demostración de responsabilidade cidadá, e do poder do pobo para cambiar as nosas vilas. Nesta semana a entidade vén de presentar nada menos que 6 escritos con diferentes peticións, entre as que destacamos a solicitude de que a Autoridade Portuaria da Coruña autorice a transferencia ao Concello da xestión das instalacións en desuso para o Servizo de Sinais Marítimas no Faro Fisterra, para que poidan poñerse ao servizo dos cidadáns en materia cultural e turística.
Lembran a importancia de que o “edificio emblemático e buque insignia do turismo da Costa da Morte” poida execer labores de oficina de turismo en datas como a Semana Santa. A entidade lamenta que as instalacións lle foron concecidas á Asociación Neria (“entidade pantasma practicamente desaparecida”) mediante un convenio hai só tres anos, e a entidade incumpre as cláusulas mantendo pechado o edificio.
Outras peticións
Piden que se repoña a infraestructura viaria do Paseo da Ribeira e cálea Lago Pais con empedres e losas de pedra.
Piden tamén que se instalen na Praza da Constitución algúns módulos de parque infantil para goce dos nenos e as súas familias.
Piden que se tomen as medidas oportunas para terminar e poñer en servizo o novo Cemiterio Municipal de Fisterra, proxectado polo arquitecto César Portela.
Piden que se coloquen bancos na praza de Francisco Esmorís que son un complemento importante e básico desta infraestructura urbana ao servizo dos veciños.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).