A ATG publica unha Antoloxía de Poesía Anglosaxoa sobre Fisterra
14:43 20/02/13
Descubrimos hoxe a través da Asociación de Tradutores Galegos, previo paso polo gran comunicador Carlos Neira, esta Breve Antoloxía de Poesía Anglosaxoa sobre Fisterra. De Wall Whitman a Sylvia Plath.
Unha antoloxía que traduce á nosa lingua Yolanda López López, e que recolle poemas escritos por autores anglosaxóns dos séculos XIX e XX. Poetas como Henry Wadsworth Longfellow, Thomas Kinsella, John Reibetanz, os propios Wall Whitman e Sylvia Plath, ou o mesmo Robert Lima, de quen deixamos constancia aquí, recollendo un dos poemas que Yolanda traduce para a ATG.
A FIN DA TERRA, Robert Lima (1935)
Un pode sentir o arrecendo do mar
Vivindo
Sentir o mundo por debaixo do pés
Morrendo
O espertar do océano
Corroendo a terra por dentro
Nun final sen respiro.
Máis información
- Descargar a BREVE ANTOLOXÍA DE POESÍA ANGLOSAXOA SOBRE FISTERRA. DE WALT WHITMAN A SYLVIA PLATH. Versión galega de Yolanda López López [pdf].
- Outros artigos dos Tradutores Galegos.
Novas relacionadas
- Miro Villar leva os seus haikus bretóns aos premios Ánxel Casal.
- Recuperando a antoloxía poética do Monte Pindo co crowdfunding.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- Miro Villar e Modesto Fraga presentan a primeira antoloxía poética da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).