A formación TIC arrasa tamén en Fisterra


A formación TIC está sendo moi demandada ultimamente como comprobamos tamén cos cursos Galinus Forma e o Curso de Galego nas NNTT que QPC imparte estas semanas en Muxía.
E outro dos lugares onde o movemento está sendo tremendo é na Aula CeMit de Fisterra. De feito a dinamizadora Alicia López xa ten preparados novos cursos. “Community manager”, “Produción audiovisual” ou “Creación de contidos Multimedia e Web 2.0” son algunhas das acitividades que se ofertarán nos vindeiros meses.
Despois de dúas semanas de descanso, a aula Cemit de Fisterra retomou a pasada semana a actividade co curso “Streaming de audio e vídeo”, microactividade que presentaba as diferentes tecnoloxías para a xeración de contidos para streaming, e as ferramentas necesarias para crear este contido, así como servidores de vídeo e audio streaming, ofertado todo elo a través do sistema de videoconferencia e simultaneamente con outras 10 aulas da xeografía galega.
Novos cursos

Nas vindeiras datas terán lugar as actividades seguintes:
- Do 24 ao 27 de setembro (10 – 14h). “Community manager” (uso das redes sociais para xestionar comunidades).
- Do 1 ao 23 de outubro (16 – 20h). “Produción audiovisual” (edición de audio e vídeo).
- Do 19 de novembro ao 4 de decembro (16 – 20h), “Creación de contidos Multimedia e Web 2.0”.
Máis información e inscrición
Se estás interesado nalgunha das actividades, infórmate sobre as prazas libres a través do correo electrónico cemit.fisterra@xunta.es ou no teléfono 673 081 740.
Novas relacionadas
- QPC imparte en Muxía o seu primeiro curso de galego nas Novas Tecnoloxías.
- Marcos García: “O curso de Google Adwords con GalinusForma complementa perfectamente a miña formación”.
- Fisterra segue formándose nas TIC.
Fonte
- Nota de prensa da Aula CeMit de Fisterra.