A Muller toma o mando na Costa

11:00 08/03/11


Camariñas
A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade está organizando, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, unhas “Xornadas de Experiencias de Mulleres Emprendedoras” que se levarán a cabo en Camariñas os vindeiros días 8 e 9 de abril. Con elas o que pretenden é a divulgación e intercambio de experiencias para a promoción económica de Camariñas. Todas as persoas que teñan interese en asistir e participar poderán facelo de maneira gratuita, inscribíndose previamente. En breve poderán facer a inscripción a través do blog da asociación mullerespolaigualdade.blogspot.com ou do número de teléfono 981 736 404.Concello de Ponteceso
Este martes 8 de marzo na Praza do Relleno (de 11:00 a 13:00 h) terá lugar un acto significativo de recollida de pegadas de mans a favor dos dereitos da muller traballadora. Deixa a túa pegada “polos dereitos da muller traballadora”.PSOE pontecesán

Galiza Nova elixe á súa Muller
A militancia feminina de Galiza Nova elixiu o pasado venres por unanimidade a Zaira Trillo Nemiña como nova responsábel comarcal de Mulleres de Galiza Nova. Esta moza de Fisterra de 22 anos compaxina a súa implicación no nacionalismo na vila da fin do camiño cas súas labores como nai traballadora. A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte sairá á rúa para difundir o seu posicionamento a respecto desta situación, baixo o lema "As mozas galegas, o motor do país: que non nos paren!".Teatro en Vimianzo
O Concello de Vimianzo ten programada unha obra de teatro para o vindeiro domingo 13 de marzo no auditorio da Casa da Cultura as 20.00 h. A obra que vai ser presentada polo grupo Mariclown, titulada “A vida de Rosa, Día tras Día", a historia de todas as Rosas, ou cando menos de dúas Rosas que somos todas as demáis. Trátase dun "espectáculo creado por mulleres que queremos rir de nós mesmas"…Novas relacionadas
- A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- 4 imaxes que loitan contra a violencia de xénero dende Camariñas.
- As mulleres alzan a voz en Camariñas.
- A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).