A Operación Orquesta por Concellos (II): Fisterra
Xa repasamos as dilixencias do auto da Operación Orpquesta relativas ao Concello de Mazaricos. Hoxe imos co de Fisterra, onde o BNG esixía esta semana a demisión dos imputados por "hixiene democrática". Un Concello de Fisterra inmerso na mesma trama de suposta adxudicación ilegal de obras, pero que tamén se ve implicado nun asunto de tráfico de influencias para coa Consellería de Traballo, por uns correos nos que lle piden á mesma Beatriz Mato que "enchufe" no Xeriátrico de Vimianzo a un familiar.
Imos por partes. O auto trata de demostrar a influencia dos empresarios de turno, neste caso tamén os Ogando sobre autoridades e funcionarios do Concello para conseguir obras públicas, "amañando de forma consciente e ilícita procedementos negociados sen publicidade". Obras coma o do Campo de Fútbol de Ara Solis, o saneamento de Sardiñeiro, pavimentación de rúas… foron adxudicadas irregularmente, sen procementos con publidade, sempre ás mesmas empresas.
Entra aquí a disxuntiva de que "un Concello ten que ter as obras de man, e as empresas coas que traballa normalmente son as que mellor pode controlar", que nos teñen contado os representantes. Pero isto non implica que as licitacións teñan que seguir os cauces legais obrigatorios. O "hoxe por ti, mañá por min" non pode impoñerse como destaca o auto.
Comilonas e sobres
O auto fala da organización de comilonas en coñecidos restaurantes fisterráns aos que os concelleiros de turno de varios concellos acoden invitados pola empresa. Pero tamén fala de comisións.
O auto entende a través das escoitas telefónicas, que puido haber un pago de 10.000€, en suposto agradecemento pola adxudicación das obras do campo de fútbol, que ascenderon a 340.000€. Un procedemento habitual en todos os concellos implicados, no que trala adxudicación chega o sobre. Neste caso, as escoitas sinalan a un Concelleiro, Ramón Redonda, comentándolle a Ogando que "o que ten man aí é o Secretario (…) e se lle pagan tamén podería axudar na consecución da obra".
O auto resume as irregularidades na contratación tanto por parte do arquitecto municipal na valoración dos proxectos, coma do Secretario, do que se comproba a súa "reiterada deixadez, así como unha continua vulneración da lexislaciónde Contratación Pública". Así mesmo, as escoitas telefónicas apuntan como os empresarios se louban de "ter tocado ao xefe", en alusión ao alcalde Traba.
Enchufes
Noutro punto, pero tamén relacionado co Concello fisterrán, o auto analiza uns correos do alcalde á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Traba pídelle que interceda na contratación de persoal para o xeriátrico de Vimianzo, deixando claros varios nomes afins, entre eles algún familiar da empresa Ogando. - "Agora podémoslle mandar un mensajillo a Bea de que foi a entrevista, de que lle bote unha man…"; - "Dille que ha de ter un bo regalillo…", comentan o teniente alcalde e un tal Manuel nunha das escoitas do auto.
Esta parte do auto aínda está por estudiar en peza separada.
Imputados no Concello de Fisterra
- José Manuel Traba, alcalde: por suposto Delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- Santiago Insua, teniente alcalde: por suposto Delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- Manuel Carro López, arquitecto técnico: , por suposto Delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación, suborno e por negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos.
- Ramón Redonda, concelleiro, por suposto Delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- José Ramón Lema Fuentes, Secretario, por suposto Delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
Máis información
Artigos relacionados
- Verdades de Louzán: 1001/2009.
Novas da Operación Orquesta
- 22-04-13: O BNG comeza por Fisterra a esixencia de dimisión dos imputados na Operación Orquesta.
- 15-04-13: Os trending topics da Operación Orquesta.
- 10-04-13: A operación queda sen director de Orquesta.
- O último impulso á Casa da Cultura de Cee?.
- Ramón Vigo (II): “O sumario da Operación Orquesta é infumable”.
- 23-05-12: A Operación Orquesta volve subir ao escenario.
- 29-09-11: Un novo alcalde imputado na Operación Orquesta.
- 31-08-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- 21-07-11: Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- 05-07-11: A Operación Orquesta continúa en marcha.
- 13-05-11: Repaso ao Sumario da OO (VI): Quen alimenta a Caixa B?.
- 04-05-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (V): De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal.
- 25-04-11: Unha de candidatos en proceso xudicial.
- 19-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (IV): De verbena no Parlamento.
- 15-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (III): 3 novos imputados.
- 14-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (II): Aumentan os salpicados.
- 13-04-11: Vigo asegura que a trama débese a que se negou a encabezar as listas do PP e do PSOE de Cee.
- 12-04-11: Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta.
- 06-04-11: Levantado o segredo de sumario da Operación Orquesta.
- 01-04-11: Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura.
- 29-03-11: A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-01-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).