A Praza da Constitución de Fisterra convertiuse nun cámping

09:50 11/07/11
- Fotos de Xusto Gómez.
Varios meses despois do tradicional concurso de entroido na vila do cristo, a praza da Constitucion de Fisterra volveu ter actividade. E contou coa visita de máis de 200 persoas coa actuación da obra "Oh, que bonito é Panamá!", que ofreceu a compañía Panamesiana Teatro. Unha obra no marco das Tardes de Teatro de Rúa que ofrece o Concello de Fisterra.
A actuación foi moi concorrida. Os máis cativos e maiores riron durante máis dunha hora coa historia divertida do Oso pequeno e o tigre. O lugar converteuse nun verdadeiro campin cunha fermosa caravana ue servía de escenario da obra. Os pequenos quedaron desexando pegarse un baño no medio da súa propia praza.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gómez.