Venres. 17.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte abre por Semana Santa

A Costa da Morte abre por Semana Santa

A Fervenza do Ézaro liberada, o Dolmen de Dombate abre, o Cristo de Fisterra resucita e ponse a facer arte cas mans, e mesmo sae en crucero e visita a Lonxa; o San Marcos sae de verbena, as palilleiras fan repicar o encaixe, os congros secan en Muxía; Ponteceso a todo trapo; en Malpica cocen barro e bailan a ritmo de rock; o Castelo de Vimianzo segue vivo; o Museo do Mar de Laxe abre as súas portas; Muros disfruta de exposicions e Feira ecoloxica...

As propostas de cara a esta Semana Santa na Costa da Morte son incontables. As que non están preparadas para as visitas son as praias da zona, que están tan cheas de plásticos e madeiras que parece que estamos no mellor tempo para ir ás crebas.

Podedes ir botando un ollo en Axenda Costa da Morte. Mentres facemos un pequeno repaso:

Festas do Santo Cristo de Fisterra

Unha das citas máis importantes da Costa da Morte é a Semana Santa de Fisterra. A Festa do Santo Cristo, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e un reclamo que traspasa froteiras, e son 5 días de festa rachada. Hai actividades para nenos, medianos e maiores ademais, con tintes lúdicos e relixioso.

As festas, que inclúen procesións e grandes verbenas, veranse complementadas por varias posibilidades. Por unha banda disfrutaremos da I Xornada de Artesáns no Faro Fisterra. O horario de apertura será de 11:00 a 20:00h e estará aberta os días 21, 22, 23, 24 e 25 de Abril de 2011.

Ademais, os vistantes a Fisterra poderán facer unha visita turística á Lonxa de Fisterra e ao Castelo de San Carlos así como saír a disfrutar do Solpor con Cruceros Fisterra.

Fervenza do Ézaro

Resucitou a Fervenza do Ézaro e a poderemos disfrutar para sempre, tanto de día como de noite. Gracias a que a Ferroatlántica seguirá mantendo o alumeado nocturno da fervenza do río Xallas, durante este sábado de Semana Santa e todos os sábados do verán.
Así, seguirán mantendo o aceso nocturno durante os días e horas programados (sábado Semana Santa e sábados do verán de 22h30 a 23h30).

Feira do Encaixe

Completa a oferta encaixeira para estes 20, 21, 22, 23 e 24 de abril. 5 días nos que haberá demostracións en vivo de encaixeiras pequenas e maiores, stands de venta directa, 4 desfiles de moda diarios, visitas guiadas… Unha morea de cousas para seguir mantendo unha tradición secular, xa convertida en todo un motor económico.

Festas de San Xurxo

Camariñas compaxina artesanía, moda e verbena.

Festa do Congro en Muxía

Este venres 22 de abril, cando se celebre a 15ª Festa do Congro en plena Semana Santa. Ademais tamén se poderá visitar a mostra “A autonomía galega nas caricaturas de Siro”, na Casa das Beiras de Muxía, ata o 24 de abril, en horario de 16 a 20 horas, de luns a sábado.

Pulpo e feira en Ponteceso

Ademais da chegada da Panorama para este venres 22 de abril a Ponteceso, a vila de Pondal acolle a Feira do Pulpo, e a 1ª Feira ecolóxica.

Dolmen de Dombate e Castro Borneiro

Durante a Semana Santa, haberá visitas guiadas todos os días en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 horas, nas que monitores especializados explicarán aos visitantes a importancia do megalistismo na Costa da Morte e as singularidades do dolmen de Dombate.
Os teléfonos de atención a visitantes do Dolmen de Domabte son o 678 471 134 e 678 471 135.

A visita pode completarse achegándose ao Castro Borneiro, que recentemente estreou a súa catalogación como Ben de Interese Cultural.

Castelo de Vimianzo e Batáns do Mosquetín

Tamén haberá visitas guiadas durante a Semana Santa aos Batáns de Mosquetín, en Vimianzo (de 11 a 14 horas e de 15.30 a 19.00 horas); ao Museo de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo (de 10.30 a 14 e de 16 a 20.30 horas); ao ecomuseo do Forno do Forte en Buño, Malpica (de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas); é ás Torres do Allo de Zas (de 10 a 21 horas).

Museo do Mar de Laxe

Abre por primeira vez as súas portas o Museo do Mar de Laxe. O museo estará aberto de xoves a domingo en horario de 11.00 a 14.00h e de 17.00h a 20.00h.

Barro e Rock en Malpica

Se o Ecoforno do Bolo do Pote acenderase xoves e venres santo, Malpica será invadida polo rock da man da Tralla.

Variedades en Muros

Ademais de que estarán en marcha o servizo de Xuvebús entre Louro e Esteiro, a vila de Muros acollerá varias actividades, entre as que cómpre destacar unha Feira Ecolóxica para o sábado 23, e unha exposición pictórica.

Festas de San Marcos de Corcubión

Domingo e luns, 24 e 25 de abril, temos as Festas de San Marcos de Corcubión. E coma sempre chegan ben devotas con boas procesións. Ademais o domingo haberá sesión vermú co grupo Tekila, que repetirá pola noite ao Orquesta Miramar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios