As imprudencias no mar páganse
10:03 13/12/10
Hoxe, ollando esta foto de Xusto Gómez, colaborador desta casa na cara máis íntima do naufraxio, recapacitamos e facemos un balance dos accidentes na mar que tiveron lugar este 2010.
Malia que algún non se poida considerar concretamente como unha imprudencia, como o ocorrido en Cee o pasado novembro, ou a morte en verán dun home por infarto na Praia Langosteira, moitos son froito da confianza de pescadores ou de visitantes que, ás veces, non reparan na forza e na falsedade do mar. Moitos son os que foron sorprendidos polas olas en pleno temporal.
4 mortos en só 2 meses
Neste segundo treito de ano, e concretamente nos meses de agosto e setembro, ata 4 mortos cobrouse o mar da Costa da Morte. Un pescador en Baldaio, un home na praia de Nemiña, un italiano nos cantís de Fisterra, o mesmo que lle ocorría unha semana antes a un catalán, e un un submarinista que perdía a vida na Praia de Barda, en Corme. Estes foron os sucesos que salpicaron a actualidade marítima nestes meses e que afondan máis na perigosidade das nosas augas. Con todo, eses mesmos días puidemos ver escenas como as que se vivían en Mar de Fóra. En pleno temporal os turistas desafiaban a forza do mentres os operarios de seguridade recuperaban o corpo dun home morto… Ou esas carreiras ao carón do cadaleito que tamén quitan o hipo... Continúa o perigo na mar Entrementres, dende os barcos de baixura seguen a protestar que ata que se poña en vigor o novo e polémico seguro privado, os mariñeiros de aquí e dacolá seguen indo ao mar sen cobertura ningunha.Accidentes no 2010
- 24-11-10: Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo.
- 19-11-10: Atopado o corpo o pescador desaparecido en Baldaio o día do temporal.
- 09-11-10: Un home desaparece na ría de Baldaio cando ía pescar en pleno temporal.
- 15-09-10: Morre un home na praia de Nemiña.
- 08-09-10: Apararece un cadáver en Fisterra que pode ser o do "italiano".
- 05-09-10: Unha nova morte nos cantís de Fisterra.
- 22-08-10: Un morto e un desaparecido nas praias da Costa esta fin de semana.
- 09-08-10: Morre un home na Praia Langosteira.
Máis novas
- Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal.
- Artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa.
- A cara máis íntima do naufraxio de Xusto Gómez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Foto de Xusto Gómez en Fisterra.